En cumprimento do indicado no apartado 2 do artigo 2 do Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o alcalde deste concello, por Resolución nº 427/2021, do 21 de decembro de 2021, aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2021, que comprende as prazas que a seguir se indican:
Persoal funcionario.
Denominación do posto |
Grupo/ subgrupo |
Escala |
Subescala |
Número de vacantes |
Traballador social |
A2 |
Administración especial |
Técnica |
1 |
Administrativo 1 |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
1 |
Auxiliar 2 |
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
1 |
Persoal laboral.
Denominación do posto |
Subgrupo de clasificación |
Categoría laboral |
Número de vacantes |
AEDL |
A2 |
Persoal laboral fixo |
1 |
Técnico turismo |
B |
Persoal laboral fixo descontinuo (6 meses/ano) |
1 |
Socorrista |
C1 |
Persoal laboral fixo descontinuo (3 meses/ano) |
1 |
Condutor |
Agrupacións profesionais |
Persoal laboral fixo |
1 |
Peón |
Agrupacións profesionais |
Persoal laboral fixo |
1 |
Establécese como prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos o 31 de decembro de 2022 e a súa resolución, antes do 31 de decembro de 2024.
Contra a presente resolución pódese interpor alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á escolla, o que corresponda ao domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata aquel ser resolto.
Monfero, 22 de decembro de 2021
Andrés Feal Varela
Alcalde