Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2562

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de decembro de 2021 pola que se regula o medio de comprobación do valor dos bens inmobles, ditame de peritos da Administración, previsto no artigo 57.e) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 250, do 30 de decembro de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

No artigo 23.c), onde di: «inflación», debe dicir: «inflación/deflación».

No artigo 23.d), onde di: «Inverso do coeficiente de planta en garaxes (1/Cp), que ten en conta a diferenza de valor en cada planta onde se sitúe a praza de garaxe, segundo o disposto no artigo 15 desta orde», debe dicir: «Inverso do coeficiente de planta. Inclúe dous factores: 1) en garaxes (1/Cp), que ten en conta a diferenza de valor en cada planta onde se sitúe a praza de garaxe; 2) en vivendas (1/Cp) que ten en conta a diferenza de valor en cada planta por ausencia de ascensor, segundo o disposto no artigo 15 desta orde».

A alínea f) do artigo 23 debe ser a alínea h).

A alínea g) do artigo 23 debe ser a alínea i).

A redacción das alíneas f) e g) do artigo 23 queda como segue:

«f) Coeficiente por tipoloxía construtiva (Ct), homoxeneiza os valores de dúas comparables tendo en conta os seus diferentes tipos construtivos, á marxe da súa antigüidade física. Deberase xustificar a súa procedencia.

g) Coeficiente por estado de conservación (Ce), homoxeneiza os valores de dúas comparables tendo en conta os seus posibles distintos estados de conservación derivados do seu uso e mantemento, á marxe da súa antigüidade física. Deberase xustificar a súa procedencia».

No artigo 24, onde di: «...os coeficientes Ca, Cp, Cs e Cv que sexan de aplicación ao caso, e outros que se considere que poidan resultar necesarios, á vista da documentación que consta no expediente, para obter o valor real...», debe dicir: «...os coeficientes Ca, Cp, Cs, Ct, Ce e Cv que sexan de aplicación ao caso, e outros que se considere que poidan resultar necesarios, á vista da documentación que consta no expediente, para obter o valor de mercado...».