Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2597

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461A).

BDNS (Identif.): 605970.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo podar consultarse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS), http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index:

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos galegos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal, que contraten mulleres que sofren violencia de xénero para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

O número máximo de contratacións que se subvencionará por cada entidade solicitante establécese segundo a poboación do ámbito territorial da entidade de acordo co seguinte:

a) Ata 5.000 habitantes: 1 contratación.

b) Entre 5.001 e ata 20.000 habitantes: ata un máximo de 2 contratacións.

c) Entre 20.001 e ata 50.000 habitantes: ata un máximo de 4 contratacións.

d) Máis de 50.000 habitantes: ata un máximo de 6 contratacións.

Para estes efectos, teranse en conta as cifras oficiais de poboación na data do 1 de xaneiro de 2021.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a financiar a contratación por parte das entidades locais galegas de mulleres que sofren violencia de xénero.

A súa finalidade é contribuír a que as mulleres alcancen unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, e reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable.

A contía da subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461A).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total dun millón catrocentos vinte e catro mil dezaseis euros (1.424.016 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade