Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento de letrado.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña núm. 88, do 12 de maio de 2021, e no BOE núm. 124, do 25 de maio de 2021, convocouse o concurso específico para a provisión dun posto de letrado/a na Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.

Mediante a Resolución da Concellería delegada de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, do 13 de decembro de 2021, noméase a Iñaki Bilbao Castro para o posto de letrado na Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, subgrupo A1, co carácter de funcionario de carreira, que deberá tomar posesión de conformidade co establecido na base oitava das específicas da convocatoria e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

P.D. (Decreto de alcaldía do 17.6.2019)
Marta Abal Rodríguez
Concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local