Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2022 Páx. 2921

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2021.

A Alcaldía ditou a Resolución 2021-3034, con data do 16 de decembro, pola que aprobou a oferta de emprego público do Concello de Redondela, que dispoñía que se publique no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO). En cumprimento da citada resolución, publicouse a oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2021 no BOPPO núm. 246, do 22 de decembro do 2021, na cal as prazas que se ofertan son as seguintes:

– Quenda libre:

A) Persoal funcionario, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo/

subgrupo

1

Oficial de medio ambiente (enterrador/a)

Admón. especial

Servizos especiais

Persoal de oficios

Oficial

C2

2

Policía local

Básica

Servizos especiais

Policía local

Policía

C1

B) Persoal funcionario, a tempo parcial.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo/

subgrupo

1

Auxiliar de administración xeral

Admón. xeral

Auxiliar

-

-

C2

Praza reservada para persoas con diversidade funcional.

C) Persoal laboral fixo.

Prazas

Denominación

Categoría

Grupo/subgrupo

1

Operario/a de limpeza

Operario/a

Disposición adicional sexta

– Quenda promoción interna:

A) Persoal funcionario.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo/

subgrupo

1

Administrativo/a

Admón. xeral

Administrativa

-

-

C1

O prazo máximo para a execución dos correspondentes procesos selectivos será de 3 anos contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Recursos:

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interporse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso dese prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, entón as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedentes conforme a dereito.

Redondela, 22 de decembro de 2021

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa