Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3424

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2021 de premios e axudas para a fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q) cuxo procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 14 de decembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproban a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e a relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 14 de decembro de 2021 ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios e axudas da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2021 e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 14 de decembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se coide oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes, deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, e entenderase que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como autorizar a edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios e axudas para a fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130 do 9 de xullo) establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Así mesmo, no seu artigo 31, define unha axuda de 75 euros para cada unha das persoas finalistas da especialidade de deseño de xoias.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A comisión de selección da especialidade de deseño de xoias asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas e premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron axuda ou premio.

Cuarto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde do 29 de xuño de 2021; DOG núm. 130, do 9.7.2021), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas finalistas

Especialidade de deseño de xoias

Programa Xuventude Crea 2021

Nº expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación

Importe axuda (€)

BS310Q 2021/057

Julián Rivas Pintos

***0571**

Eles

Eles

76

75,00

BS310Q 2021/056

Laura Formoso Caamaño

***5425**

A túa nova casa

A túa nova casa

70

75,00

BS310Q 2021/189

Inés Cortizas Vázquez

***5773**

Kukú

Kukú

64

75,00

BS310Q 2021/127

Adrián Bouzón Rial

***0049**

Balance

Balance

63

75,00

BS310Q 2021/184

Esperanza García Ponte

***9321**

Natureza animal

Natureza animal

59

75,00

BS310Q 2021/014

Leonel Betances

***6766**

Larimar

Lo opuesto de lo que realmente vemos

56

75,00

ANEXO II

Relación de persoas premiadas

Especialidade de deseño de xoias

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio (€)

1º premio

BS310Q 2021/057

Julián Rivas Pintos

***0571**

Eles

Eles

76

3.000,00

2º premio

BS310Q 2021/056

Laura Formoso Caamaño

***5425**

A túa nova casa

A túa nova casa

70

1.500,00

3º premio

BS310Q 2021/189

Inés Cortizas Vázquez

***5773**

Kukú

Kukú

64

1.000,00

ANEXO III

Relación de persoas participantes que non obtiveron axuda/premio

Especialidade de deseño de xoias

Programa Xuventude Crea 2021

Nº expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2021/008

María Fernández Vieira

***9378**

El peso de lo ligero

BS310Q 2021/013

Ana Cristina Feliz Feliz

***6527**

Tita

BS310Q 2021/015

Escarlen Mercedes Feliz Guevara

***6766**

Calen

BS310Q 2021/068

Henrique Pena Abuín

***0381**

Conde lucho

BS310Q 2021/070

Alajandra Ivette Campos Barrientos

***3725**

Visceral

BS310Q 2021/075

Hooman Taghavi

***3014**

Mosca

BS310Q 2021/082

Clara Garra Sabate

***5978**

Punch de verán

BS310Q 2021/100

Adriana Rodríguez López

***5351**

Terror nocturno

BS310Q 2021/112

María Alejandra Narváez García

***7909**

La hora del planeta

BS310Q 2021/118

Adrián Abal Martínez

***8520**

Enredos

BS310Q 2021/125

Chiara Palombo

***7903**

Bubbly

BS310Q 2021/141

Lucía Satta Freijedo

***2986**

Sãojoia

BS310Q 2021/149

Marcos López Rodríguez

***6288**

Fortes

BS310Q 2021/161

Uxía Millán Souto

***9557**

890 ºC

BS310Q 2021/171

Xermán Castro Alonso

***1536**

Demeigas

BS310Q 2021/200

Marta Collazo Gómez

***8173**

Colección colmea

BS310Q 2021/225

Rebeca García Martínez

***8784**

Alas del agua

BS310Q 2021/226

Diego Reis Nascimento Silva

***3671**

Narciso

BS310Q 2021/256

Noel Mora Guntín

***5961**

Qualia

BS310Q 2021/257

Gabriella Amador Flores

***5190**

Colección perspectivas

BS310Q 2021/314

Inés Jiménez Pedrás

***0436**

Ij

BS310Q 2021/328

Dámaso Chacón Golobardas

***6661**

Colección chester