Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3434

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fan públicas as cualificacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.3 da convocatoria. Segundo os criterios de corrección, valoración e superación publicados, o exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. As puntuacións acadadas constan no anexo I.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Terceiro. Segundo a base II.1.4 da convocatoria, están exentas de realizar o cuarto exercicio, de coñecemento de galego, as persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado acrediten que están en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Cuarto. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral de Función Pública do 19 de novembro de 2021 onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, o nivel mínimo de coñecemento da lingua galega. En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO I

Cualificacións da terceira proba do proceso selectivo. Estatísticos/as grupo A2

Apelidos e nome

Primeiro

Segundo

Terceiro

Final

López del Olmo, Beatriz

100

95,00

93,33

96,11

Piñeiro Peón, Marta

100

86,67

92,77

93,15

Guerra Fernández, Montserrat

90

93,33

91,67

91,67

Viqueira Miranda, María del Pilar

75

90,00

91,67

85,56

López Pereira, Raquel

97,5

50,00

60

69,17

Piñeiro Guillén, Paula

97,5

55,00

50

67,50

Soubrier Benavides, Jordán

75

66,67

56,67

66,12

Lado González, Ignacio

80

63,33

43,33

62,22

López Neira, Ángel

87,5

45,00

40

57,50

Ares Sánchez, María Ángeles

55

58,33

16,67

43,34