Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3436

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022 pola que se establece a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, con anterioridade á convocatoria dos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público e con validez para todas elas, a consellería competente en materia de función pública determinará, mediante un único sorteo público, celebrado logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia, a orde de actuación das persoas aspirantes en todas as probas selectivas de ingreso que se celebren durante o ano. O resultado deste sorteo deberá recollerse en cada convocatoria.

De conformidade co devandito artigo, co obxecto de determinar a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022, esta consellería

RESOLVE:

Realizar en acto público o sorteo referido no parágrafo anterior o día 26 de xaneiro de 2022, ás 10.00 horas, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública