Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3226

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 7 de xaneiro de 2022 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2022 (código de procedemento ED305F).

As diversas leis educativas veñen sinalando a importancia do dominio dunha segunda, ou mesmo, dunha terceira lingua estranxeira na educación como consecuencia do proceso de globalización que vivimos. A Unión Europea fixa o fomento do plurilingüismo como un obxectivo irrenunciable para a construción dun proxecto europeo.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, Consellería) vén convocando, nos últimos anos, actividades formativas para o profesorado, tanto dentro do Estado español como no estranxeiro, co obxecto de fomentar a actualización metodolóxica e a mellora do seu nivel de competencia en comunicación lingüística en linguas estranxeiras a través do contacto directo con persoas dos países de fala inglesa, francesa, alemá e portuguesa.

Esta consellería, consciente da importancia da aprendizaxe destas linguas para os cidadáns e cidadás da nosa comunicade autónoma e da preocupación que, neste sentido, se manifesta desde todos os ámbitos sociais promove e convoca diversos plans e actuacións. Todas estas accións requiren para a súa óptima implantación dun profesorado actualizado e cun nivel de competencia comunicativa, polo que tamén se deseñaron os cursos de actualización lingüística e comunicativa para o profesorado que se desenvolven nas escolas oficiais de idiomas de Galicia e as probas de acreditación de nivel segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (en diante, MCERL) organizada pola Rede de formación do profesorado.

Do mesmo xeito, véñense levando a cabo diferentes actividades formativas no marco do fomento das competencias profesionais docentes, como son o Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) e a modalidade 6 das licenzas por formación.

A estratexia Edulingüe 2030, continuadora do Plan de potenciación das linguas estranxeiras do ano 2010 e da Estratexia Edulingüe 2020 promove a mobilidade internacional para favorecer a internacionalización do sistema educativo.

Con esta convocatoria trátase de mellorar a competencia idiomática do profesorado e acadar a certificación desta mellora, así como afondar na didáctica do ensino de idiomas estranxeiros. Con este fin, ofértanse itinerarios intensivos que revitalicen e potencien contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, que promovan o avance na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior e se teña a ocasión de aplicar no propio contexto todo o adquirido, fomentando o carácter cooperativo entre as persoas participantes.

Por todo o exposto, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é a convocatoria de prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Para a identificación desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro, co código de procedemento ED305F.

Artigo 2. Modalidade das prazas convocadas

As modalidades en que se convocan prazas para o profesorado son as seguintes:

1. Modalidade 1: integración. Itinerario formativo en tres fases.

Antes do inicio da actividade da fase B desta modalidade, o profesorado seleccionado que vaia participar nela deberá enviar ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal un plan de difusión onde se describan as accións que se compromete a realizar no seu centro de destino para dar visibilidade á experiencia formativa que vaia desenvolver e que deberá ser aprobado previamente.

a) Fase A (25 horas): curso de formación dunha semana de duración (7 días) en inglés, francés ou portugués na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá lugar no primeiro trimestre do curso 2022/23.

O profesorado que teña acreditado un nivel C2 na lingua obxecto de estudo do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, non realizará esta fase.

b) Fase B (100 horas): programa de inmersión total en inglés, francés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal.

O profesorado seleccionado integrarase en centros escolares e estará acompañado no horario lectivo do centro por un/unha docente da súa mesma área ou materia durante catro semanas, no primeiro trimestre do curso 2022/23. No caso do profesorado de formación profesional, o profesorado estará acompañado por un/unha docente dos mesmos módulos cando sexa posible ou por un/unha docente dun módulo afín.

As fases A e B realizaranse de forma consecutiva no tempo durante o primeiro trimestre do curso 2022/23 para garantir a substitución nos centros educativos durante as 5 semanas da duración destas fases.

c) Fase C (25 horas): difusión da experiencia adquirida.

Nesta fase o profesorado deberá realizar:

Memoria do desenvolvemento do plan de difusión aprobado antes da realización da fase B, na cal se deberá acreditar adecuadamente todo o plan desenvolvido segundo as orientacións do anexo VI.

Proposta didáctica na lingua obxecto de estudo que demostre a transferencia á aula dos coñecementos e metodoloxía adquiridos na integración, segundo as orientacións do anexo VI.

Estes documentos, memoria e proposta didáctica enviaranse de acordo co procedemento que se estableza por esta consellería antes do 14 de febreiro de 2023 e a equivalencia en horas de formación desta fase será de 25 horas de formación.

2. Modalidade 2: curso no estranxeiro. Itinerario formativo en dúas fases.

a) Fase de formación (50 horas): curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (Canadá, Reino Unido/Irlanda, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverán no mes de xullo de 2022.

b) Fase de elaboración de materiais (25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información na lingua obxecto de estudo segundo as orientacións do anexo VII.

Esta proposta entregarase antes do 14 de febreiro de 2023 de acordo co procedemento que se estableza por esta consellería e a equivalencia en horas de formación desta fase será de 25 horas de formación.

3. Será necesario que a persoa participante acade unha avaliación positiva en cada unha das fases do itinerario formativo para poder realizar a fase seguinte e, de ser o caso, para obter a certificación.

Artigo 3. Certificación

A Consellería expedirá as seguintes certificacións, segundo as modalidades:

1. Modalidade 1: rematadas as tres fases, a Consellería emitirá tres certificados de formación do profesorado ás persoas participantes no programa: un certificado de 25 horas pola fase A, un certificado de 100 horas pola fase B e un certificado de 25 horas pola fase C. En ningún caso se certificará a actividade de maneira parcial nin de xeito anticipado. Só recibirá a certificación de todas as partes o profesorado que remate todo o itinerario formativo, despois da entrega dos materiais elaborados na última fase, sempre que obteñan unha avaliación positiva nas tres fases.

2. Modalidade 2: rematadas as dúas fases, a Consellería emitirá dous certificados de formación do profesorado ás persoas participantes no programa: un certificado de 50 horas pola fase de formación e un certificado de 25 horas pola fase de elaboración de materiais. En ningún caso se certificará a actividade de maneira parcial nin de xeito anticipado. Só recibirá a certificación de todas as partes o profesorado que remate todo o itinerario formativo, despois da entrega dos materiais elaborados na última fase, sempre que obteñan unha avaliación positiva nas dúas fases.

Artigo 4. Proba de acreditación do nivel lingüístico

1. As persoas participantes en cada unha das modalidades deberán realizar unha proba ao finalizar a actividade da fase B no caso da modalidade 1 e da fase de formación no caso da modalidade 2, pola que se poida acreditar, como mínimo, un nivel superior do MCERL ao acreditado no momento de presentación da solicitude de participación na presente convocatoria. No caso de que a través desta proba se acredite un nivel lingüístico superior ao que se tiña acreditado no momento de presentación da solicitude, procederase á actualización de oficio desta circunstancia no expediente de datos persoais da persoa participante. A non realización da dita proba por causa non xustificada e acreditada ante a presidencia da Comisión será causa de exclusión nas tres próximas convocatorias de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).

2. Para os efectos desta convocatoria enténdese que os/as catedráticos/as e profesores/as de ensino secundario e os/as catedráticos/as e profesores/as das escolas oficiais de idiomas que teñan a especialidade nunha lingua estranxeira, teñen acreditado o nivel C2 na lingua estranxeira en que teñan a especialidade, e os/as mestres/as que teñan a especialidade nunha lingua estranxeira teñen acreditado o nivel B2 nesa lingua.

3. O profesorado participante nesta convocatoria que teña acreditado un nivel C2 do MCERL na lingua obxecto de estudo, non deberá realizar a proba descrita anteriormente.

4. O nivel lingüístico alegado para a participación na presente convocatoria deberá ser en todo caso o nivel máximo que a persoa solicitante teña acreditado no momento de presentación da solicitude. O incumprimento do establecido neste parágrafo poderá dar lugar, de acordo co previsto no artigo 74 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, á incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Actividades formativas, profesorado destinatario e requisitos

1. As persoas solicitantes deben ser funcionarios/as de carreira ou funcionarios/as en prácticas dos corpos docentes detallados neste artigo que estean a impartir docencia en centros educativos públicos de ensinanzas non universitarias. No caso dos funcionarios/as en prácticas, poderán participar nas actividades formativas sempre que estas se desenvolvan fóra do período efectivo de prácticas.

Cada docente realizará unha única solicitude con elección por orde de prioridade das actividades formativas en que desexe participar e a adxudicación será a unha das actividades, segundo a orde de prioridade marcada, e non quedará como suplente no resto de actividades solicitadas. No caso de que non se lle adxudique ningunha actividade, pasará a estar na listaxe de suplentes para todas as actividades solicitadas. Se se lle ofrece unha praza, ao producirse algunha renuncia, nalgunha das actividades solicitadas ten que aceptar esa praza ou renunciar a todas, sen posibilidade de optar a outra das actividades solicitadas en caso de que houbese unha renuncia posterior.

2. Na modalidade 1, de integración, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:

a) Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.

Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua estranxeira en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.

b) Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e escolas oficiais de idiomas (EEOOII).

Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario ou profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.

c) Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.

Profesorado de materias non lingüísticas impartidas en inglés (en diante, CLIL en inglés) dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

d) Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º da ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado do corpo de mestres, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

e) Actividade 5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII.

Profesorado especialista en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de escolas oficias de idiomas que imparta inglés nas escolas oficias de idiomas ou nas súas seccións.

f) Actividade 6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en inglés que imparte docencia directa na aula en formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto nas EEOOII; que estea a participar nos programas de plurilingüismo e/ou seccións bilingües e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

g) Actividade 7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en portugués, profesorado de lingua portuguesa e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

h) Actividade 8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII, e profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista de francés que imparta docencia en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou EEOOII, así como profesorado CLIL en francés que imparte docencia directa na aula en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en francés do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

3. Na modalidade 2, de curso no estranxeiro, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:

a) Actividade 9. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de infantil e primaria.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

b) Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de primaria.

Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua inglesa en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.

c) Actividade 11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII.

Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.

d) Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

e) Actividade 13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que imparte docencia directa na aula, en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto en EEOOII e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.

f) Actividade 14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en francés e CLIL en francés que imparte docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

g) Actividade 15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

h) Actividade 16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado especialista de alemán e CLIL en alemán que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua alemá do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua alemá do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

i) Actividade 17. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado que imparta docencia directa na aula en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

4. Todo o profesorado deberá asinar o anexo V, co visto e prace da dirección do centro educativo, comprometéndose a promover a creación ou o mantemento do programa de centros plurilingües ou seccións bilingües no seu centro de destino e a impartir a súa materia na lingua correspondente.

Artigo 6. Criterios de selección

1. Para a adxudicación das prazas ofertadas nas diferentes actividades formativas, terá preferencia o profesorado que cumpra as seguintes condicións de acordo co establecido a seguir:

Para as actividades 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 terá prioridade o profesorado que non participase nas convocatorias do PIALE 2019, 2018, 2017 en calquera das actividades de integración en Canadá, Portugal ou Francia.

1. Para as actividades 1, 2, 10 e 11:

1º. Non ter participado no PIALE 2019.

2º. Impartir a lingua obxecto de estudo.

3º. Ter maior puntuación no baremo.

4º. Outro profesorado de acordo coa maior puntuación no baremo.

2. Para as actividades 3, 4, 6, 9, 12, 13 e 17:

1º. Non ter participado no PIALE 2019.

2º. Non ser especialista na lingua obxecto de estudo.

3º. Ser profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

4º. Maior puntuación do baremo.

5º. Outro profesorado de acordo coa maior puntuación no baremo.

3. Para as actividades 7, 8, 14, 15, 16:

1º. Non ter participado no PIALE 2019.

2º. Impartir a lingua obxecto de estudo ou profesor/a CLIL na lingua obxecto de estudo.

3º. Ter B1 ou superior do MCERL na lingua obxecto de estudo.

4º. Maior puntuación do baremo.

5º. Outro profesorado de acordo coa maior puntuación no baremo.

4. Para a actividade 5:

1º. Non ter participado no PIALE 2019.

2º. Pertencer ao corpo de profesores ou catedráticos de escolas oficiais de idiomas.

3º. Pertencer ao corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario.

4º. Maior puntuación do baremo.

Artigo 7. Incompatibilidades

A adxudicación con carácter definitivo dunha das actividades é incompatible coa concesión de licenzas por formación para o curso 2022/23 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Artigo 8. Organización das actividades

1. A organización das actividades correspóndelle á Consellería, quen poderá concertar os servizos necesarios para o seu desenvolvemento.

2. O financiamento dos gastos descritos realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423B.640.2, dos orzamentos da Consellería para o ano 2022.

3. O importe total do programa ascende a 1.200.000 euros.

4. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, téndose acreditado ao expediente que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2022 que dea cobertura orzamentaria do dito gasto.

Artigo 9. Solicitude de participación e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de febreiro de 2022 ata o día 21 do mes de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

3. O modelo de solicitude (anexo I) inclúe unha declaración responsable pola que a persoa solicitante declara que o nivel de coñecemento de linguas estranxeiras do MCERL alegado na solicitude é o nivel máximo que ten acreditado á data de presentación da solicitude, de acordo co establecido na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG do 26 de abril) modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de julio).

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nos puntos que correspondan, no que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.

b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II.

Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 9 desta convocatoria.

c) Certificado, expedido polo secretario ou secretaria do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2021/22. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado.

d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/es solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.

e) Anexo V, compromiso de promoción de sección bilingüe e/ou programas de centros plurilingües, debidamente cuberto.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais universitarios.

d) Títulos oficiais non universitarios.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Procedemento para a adxudicación das prazas

1. A selección das persoas candidatas realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

a) Presidente/a: a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

b) Vogais: ata un máximo de catro vogais, con categoría de subdirector ou subdirectora xeral, xefe ou xefa de servizo ou membros da Inspección Educativa.

c) Unha persoa funcionaria da Consellería, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

d) Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un ou unha representante para asistir ás sesións da Comisión.

A Comisión poderá solicitar a incorporación de persoas asesoras especialistas, que se limitarán a prestar a súa colaboración.

A Comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 1 e 2 do baremo do anexo II. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

Esta comisión rexerase polo previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

2. A Comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo os criterios de selección establecidos no artigo 6. En caso de empate entre as persoas solicitantes, este dirimirase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2.2 do baremo.

c) Maior antigüidade no corpo.

d) De persistir o empate, aplicarase como criterio o resultado do sorteo previsto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Finalizada a preselección, a Comisión fará pública a resolución provisional, que se difundirá no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: www.edu.xunta.es/piale

Ao día seguinte desta publicación abrirase un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da Comisión. A renuncia á adxudicación dunha actividade, considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcara na súa solicitude.

Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a Comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da Consellería, que resolverá a relación final das persoas seleccionadas e das persoas suplentes ordenadas segundo os criterios de selección.

A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: www.edu.xunta.es/piale

No caso de renuncias das persoas seleccionadas, as prazas vacantes seranlles ofertadas ás persoas suplentes por chamamento directo, de acordo coa relación publicada.

4. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de cinco meses, desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

5. Contra a resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das actividades, por proposta motivada pola Comisión de Selección, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional poderá acordar a redistribución das prazas entre outras actividades.

Artigo 15. Renuncias, abandono e retirada de documentación

1. Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirá o abandono ou a renuncia á actividade concedida en casos de excepcional gravidade debidamente xustificada e libremente apreciada pola persoa que exerza a presidencia da Comisión de Selección.

2. Nos seguintes casos, a persoa interesada non poderá participar nas tres próximas convocatorias de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE):

a) Renuncia ou abandono dalgunha das fases do itinerario formativo ou non presentarse á proba de acreditación prevista no artigo 3, sen causa xustificada e aceptada pola persoa que exerza a presidencia da Comisión de Selección.

b) Avaliación negativa, de acordo co establecido no artigo 2, da fase C da modalidade 1 ou da fase de elaboración de materiais das modalidades 2 e 3.

3. Transcorridos tres meses desde a data de publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas, ou os seus representantes legais, disporán dun prazo de seis meses para poder retirar a documentación ante a persoa que preside a Comisión. Transcorrido o dito prazo, entenderase que renuncian á súa devolución.

Artigo 16. Comunicación

Toda a información con respecto á organización e ao desenvolvemento dos cursos, viaxes ao lugar de celebración e reunións informativas será anunciada no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/piale

Os requirimentos relativos á emenda de documentación realizaranse, de ser o caso, mediante o correo electrónico corporativo formaes@edu.xunta.gal

Artigo 17. Condicións económicas

Para as actividades realizadas fóra de Galicia a Consellería encargarase, a través das empresas adxudicatarias, do desprazamento, a docencia, actividades culturais, manutención e aloxamento. A Consellería determinará o medio de desprazamento, así como o tipo de aloxamento e manutención, que será comunicado ao profesorado seleccionado unha vez adxudicadas as empresas.

Artigo 18. Retribucións

Durante o tempo de duración das actividades de formación o profesorado seleccionado recibirá os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Competencias

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para adoptar todas as actuacións e medidas que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento do previsto nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Baremo

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos máximo

Documentos

1. Méritos docentes.

– Por cada ano de servizo como funcionario ou funcionaria.

0,5 puntos por ano completo

3 puntos

Copia certificacións acreditativas

2. Outros méritos.

2.1. Docencia en actividades de formación do profesorado, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,1 puntos por cada 10 horas de formación

1,5 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.2. Asistencia e/ou coordinación de actividades de formación do profesorado relacionadas con linguas estranxeiras, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,05 puntos por cada 10 horas de formación

3 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.3. Asistencia e/ou coordinación de actividades de formación do profesorado, organizadas, homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas.

0,05 puntos por cada 10 horas de formación

1,5 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.4. Participación en proxectos de anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria, e participación no plan experimental de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos institutos de educación secundaria establecidos pola Consellería. Participación no programa de seccións europeas, seccións bilingües ou nos programas de plurilingüismo da Consellería. Coordinador/a do programa de auxiliares de conversa.

0,25 puntos por certificado

4 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.5. Participación no programa de Inmersión Lingüística con alumnado de 6º de educación primaria e/ou 2º ESO, Ministerio de Educación. Participación na actividade English Week, acompañando o alumnado. Participación no programa EduExchanges, acompañando o alumnado.

0,25 puntos por actividade

2 puntos

Copia certificacións acreditativas

2.6. Non participar con anterioridade na convocatoria de estadías no estranxeiro ou na do programa PALE ou PIALE.

10 puntos

ANEXO III

Modelo de folla de autobaremación

(Relacionar e numerar na mesma orde que aparece no anexo II.
As copias de certificacións acreditativas presentaranse na mesma orde)

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos máximo

Documentos

1.

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

2.5.

2.6.

ANEXO IV

Relación de actividades

(*) O profesorado que teña acreditado un nivel C2 na lingua obxecto de estudio do Marco común europeo de referencia para as linguas, non realizará a fase A (curso de formación idioma) da modalidade 1.

Actividade

Prazas

Fases

Duración

Lugar

Temporalización

Modalidade 1

1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria

15

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e EEOOII

15

A) Curso formación idioma

Non realizan

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

1º trimestre curso 2022/23

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato

25

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria


25

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII

5

A) Curso formación idioma

Non realizan

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

1º trimestre curso 2022/23

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial

5

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Canadá

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

20

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Portugal

C) Difusión: memoria e proposta didáctica

Antes do 14 de febreiro de 2023

8. Integración en lingua francesa para profesorado especialista de francés e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII

20

A) Curso formación idioma (*)

7 días

Galicia

1º trimestre curso 2022/23

B) Inmersión

4 semanas

Francia

C) Difusión

Antes do 14 de febreiro de 2023

Modalidade 2

9. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de infantil e primaria

20

Fase formación

3 semanas

Canadá

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

10. Inglés para profesorado especialista de primaria

20

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII

20

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

25

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Reino Unido/Irlanda

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Francia

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

15

Fase formación

2 semanas

Portugal

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

5

Fase formación

2 semanas

Alemaña

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

17. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

20

Fase formación

3 semanas

Canadá

Xullo/agosto 2022

Fase de elaboración de materiais

Antes do 14 de febreiro de 2023

missing image file

ANEXO VI

Indicacións para a elaboración da memoria de difusión e da proposta
didáctica (modalidade 1)

Memoria da difusión.

Estrutura.

1. Obxectivos e contidos da difusión.

Cada persoa debe indicar cales foron os obxectivos e contidos da difusión da experiencia. Os contidos deberían recoller cando menos:

• Aspectos destacables e transferibles da organización do sistema educativo canadense/francés/portugués.

• Aspectos destacables e transferibles da organización dos centros canadenses/franceses/portugueses.

• Aspectos metodolóxicos transferibles e destacables.

• Outros.

2. Lugares ou formatos da difusión.

Cando menos, débese indicar o centro educativo de destino de cada persoa participante. Deberá indicar se se trata dunha información que se facilitou de xeito colectivo para o profesorado ou individualizada segundo as súas experiencias e intereses, se se facilitou algunha información ao alumnado, ás familias... As modalidades de organización e transferencia desta información deben indicarse no seguinte punto (o punto 3).

Do mesmo xeito, débese indicar se se fixo algunha difusión da experiencia a través dos medios de comunicación local para dar a coñecer a experiencia do/da profesor/a e, por conseguinte, do centro, neste tipo de actividade.

Debe figurar, igualmente, calquera outro mecanismo de difusión que se empregase, noutros centros educativos do concello/comarca/provincia, a través dos centros de formación do profesorado, ou calquera outro que as persoas participantes considerasen adecuado para esta difusión.

3. Procedementos da difusión.

Deben indicarse os procedementos concretos con que se difundiu a actividade: charlas/ presentacións (tipo, duración, espazo de celebración, destinatarios, con que apoios visuais ou en papel...), información na páxina web do centro (características específicas), medios de comunicación (tipo de información, en que medios...), noutros centros ou no centro de formación do profesorado.

4. Programación e temporalización da difusión.

Deben figurar as datas e lugares (de seren espazos físicos) en que se desenvolveron as actividades de difusión.

5. Repercusión da difusión.

Unha valoración, cuantificable na medida do posible, da repercusión desta difusión (número do alumnado do centro, número de profesorado... que foron destinatarios da difusión).

Proposta didáctica (modalidade 1).

A memoria da difusión debe conter ademais unha proposta didáctica na lingua obxecto de estudo. Esta proposta debe incluír aspectos metodolóxicos adquiridos na actividade de integración.

Os puntos desta proposta deberán ser:

1. Título

Título descritivo.

2. Autor/a

Autor/a da proposta didáctica.

3. Correo electrónico do autor/a

Correo corporativo dos/das autores/as.

4. Xustificación

Descrición breve da proposta.

5. Nivel a que vai dirixida a proposta

Sinalar o nivel/niveis a que vai dirixida a proposta.

6. Áreas/materias/módulos que se traballan

a. Lingua estranxeira: inglés, francés ou portugués.
b. Outras áreas/materias/módulos.

7. Temporalización

Nº de sesións e desenvolvemento de cada unha delas, indicando o material empregado.

8. Recursos TIC utilizados

Listaxe de recursos TIC empregados, de ser o caso.

9. Competencias clave que se traballan

Sinalar e desenvolver as competencias clave.

10. Obxectivos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

11. Contidos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

12. Elementos transversais

Valores que se traballan na proposta.

13. Secuenciación

Indicar a distribución por sesións.

14. Atención á diversidade

Atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

15. Criterios e instrumentos de avaliación

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos.

(Deben concretarse criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables).

ANEXO VII

Proposta TIC (modalidade 2)

As exixencias mínimas segundo a ferramenta TIC escollida son as seguintes:

H-AUTOR

Deberá realizarse 1 proxecto en que se inclúan 6 contidos estáticos e 8 exercicios diferentes.

No caso de facer a tarefa en grupo deberá realizarse 1 proxecto con 4 contidos estáticos por persoa e 5 exercicios por persoa (neste caso poderá repetirse algún tipo de exercicio).

EDILIM

Deberá ter un mínimo de 10 páxinas con 5 tipos de páxina diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 8 páxinas por persoa.

Non se contabiliza a portada que será obrigatoria.

EXELEARNING

Deberá ter un mínimo de 6 páxinas con 8 idevices diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 4 páxinas por persoa.

ARDORA

Deberá ser un paquete de actividades cun mínimo de 10 actividades diferentes (se se realiza a tarefa de xeito individual).

No caso de facer a tarefa en grupo deberá ter un mínimo de 8 actividades por persoa.

MOODLE

Deberá ser na versión Moodle 2.6. Pode solicitarse un espazo na aula virtual do CAFI. Deberá conter páxinas de elaboración propia e non só ligazóns a webs ou a arquivos alleos. Tamén deberá conter tarefas.

Valorarase incluír contidos en formato libro ou en Exelearning subidos como paquete IMS.

CONSTRUCTOR, CUADERNIA...

De escoller calquera outra ferramenta indicaranse no seu momento os mínimos exixidos.

Calquera outra ferramenta que se utilice diferente das expostas deberá ser aprobada previamente pola Comisión de Selección.

Ademais achegarase a proposta didáctica que xustifique a elaboración dos materiais coa ferramenta TIC correspondente. Os puntos desta proposta deberán ser:

1. Título

Título descritivo.

2. Autor/a

Autor/a da proposta didáctica.

3. Correo electrónico do autor/a

Correo corporativo dos/das autores/as.

4. Xustificación

Descrición breve da proposta.

5. Nivel a que vai dirixida a proposta

Sinalar o nivel/niveis a que vai dirixida a proposta.

6. Áreas/materias/módulos que se traballan

a. Lingua estranxeira: inglés, francés ou portugués.
b. Outras áreas/materias/módulos.

7. Temporalización

Nº de sesións e desenvolvemento de cada unha delas, indicando o material empregado.

8. Recursos TIC utilizados

Listaxe de recursos TIC empregados, de ser o caso.

9. Competencias clave que se traballan

Sinalar e desenvolver as competencias clave.

10. Obxectivos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

11. Contidos

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos da área/materia/módulo.

12. Elementos transversais

Valores que se traballan na proposta.

13. Secuenciación

Indicar a distribución por sesións.

14. Atención á diversidade

Atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

15. Criterios e instrumentos de avaliación

a. Lingüísticos.

b. Non lingüísticos.

(Deben concretarse criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables).