Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3504

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 23 de decembro de 2021, do Consello de Administración, polo que se publica o acordo sobre selección de persoal para a cobertura temporal de postos de traballo.

De conformidade co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 20.1.g) dos seus estatutos, o Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A. o 21 de marzo de 2019,

ACORDA:

Primeiro. Proceder á convocatoria dun procedemento para a elaboración de listas de substitucións para a cobertura con carácter temporal de determinados postos de traballo do cadro de persoal da empresa Xenética Fontao, S.A., mediante a apertura dun prazo para a inscrición nas citadas listas, publicidade, baremación das solicitudes, elaboración definitiva das listas e posterior chamamento de candidatos por orde de puntuación, de ser o caso.

Segundo. A apertura dun prazo para a inscrición nas seguintes listaxes:

• Oficiais de 2ª peóns.

Terceiro. Documentación que deben presentar os interesados

O proceso de cualificación dos candidatos axustarase ao disposto nas bases específicas que para a categoría profesional están publicadas no perfil do contratante da web de Xenética Fontao, S.A. https://www.xeneticafontao.com/perfil.php

Os candidatos deberán achegar a documentación que para a categoría profesional se recolle na epígrafe de documentación para presentar das correspondentes bases específicas.

Cuarto. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes dirixiranse ao director xerente de Xenética Fontao e a súa presentación poderase facer:

– Nas oficinas de rexistro de Xenética Fontao, sitas no lugar de Fontao-Esperante, 27210 Lugo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nas oficinas do organismo estatal de Correos, mediante correo certificado con xustificante de recepción (neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, deberán remitir vía fax ao número 982 28 46 26, a acreditación desa presentación, que comprende tanto o xustificante acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección).

O prazo de formulación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Proceso e Comisión de Selección

A baremación das solicitudes efectuarase, de acordo coas bases específicas correspondentes á categoría, por unha Comisión de Selección presidida polo director xerente de Xenética Fontao, S.A., polo director técnico do centro de inseminación artificial/xefe de área e polo xefe da explotación pecuaria de Xenética Fontao.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.