Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira da Administración xeral, subgrupo C2.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 846, do 21.12.2021, unha vez rematado o proceso selectivo cuxa convocatoria e bases foron publicadas no BOP núm. 139, do 27.8.2020, no DOG núm. 195, do 25.9.2020 e no BOE núm. 257, do 28.9.2020, acordouse nomear a María José Sueiro Pose con DNI núm. ***0578** funcionaria de carreira do Concello de Ponteceso para o posto de auxiliar administrativa da Administración xeral, subgrupo C2, incluido na oferta de emprego deste concello para o exercicio 2020, consonte a proposta do tribunal do 2.12.2021.

De conformidade co establecido na base novena das que regularon o proceso selectivo, a candidata proposta deberá tomar posesión no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do nomeamento.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ponteceso, 21 de decembro de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde