Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3501

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público de 2021.

Con data do vinte e sete de decembro de dous mil vinte e un o alcalde ditou Decreto número 3382/2021, que acorda o seguinte:

«Vista a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2021 aprobado por Decreto da Alcaldía 1793/2021, do 22 de xullo (DOG nº 164, do 26 de agosto).

Advertido un erro no informe do negociado de Nóminas onde se describen as prazas vacantes, pois falta a descrición dunha vacante dun axente de Policía Local pola xubilación do titular na data do 1 de outubro de 2020.

Visto que, ao atoparnos dentro do exercicio 2021, se pode modificar a OEP 2021 para así poder cubrir todas as vacantes existentes no prazo improrrogable de tres anos contados desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Visto todo o anterior, e dentro das competencias que me corresponden ao abeiro do artigo 21 da Lei 7/1985.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2021, que pasa a conter os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira; escala de administración especial, subescala servicios especiais.

Grupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C1

Persoal funcionario

1

Policia Local

Oposición libre

Funcionarios de carreira; escala de administración xeral, subescala subalternos.

Grupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

E

Persoal funcionario

1

Ordenanza

Oposición libre

Persoal laboral:

Persoal laboral fixo; escala da administración especial, subescala de servizos especiais.

Grupo

Clasificación

Núm. vacantes

Denominación

Sistema de acceso

V

Persoal laboral fixo

1

Asistente domicilios (peón)

Oposición libre

Segundo. Publicar esta modificación da oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación, momento en que se debe acreditar a existencia de consignación orzamentaria adecuada e suficiente.

Cuarto. Dar conta deste decreto na vindeira Mesa Xeral de Negociación e no próximo Pleno que se celebre».

Noia, 28 de decembro de 2021

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde