Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de policía local (funcionario de carreira), por mobilidade, correspondente á oferta de emprego público do ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 251, do 30 de decembro de 2021, publicáronse a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión en propiedade, por mobilidade, dunha praza de policía local, funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala de Servizos Especiais, clase de policía local, categoría policía, denominación policía local, grupo C, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Mos, 12 de xaneiro de 2022

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa presidenta