Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2022 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Wight Steel, depositada na zona de varada do porto de Ares.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Rafael Malvido Díaz, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 3 de decembro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación Wight Steel, con folio 7ª-FE-4-83-07, depositada na zona de varada do porto de Ares, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada na zona de varada do porto de Ares en claro estado de abandono, sen actividade nin mantemento ningún por un período moi superior aos tres meses, o que representa na actualidade un perigo para os usuarios do porto, e sen aboar taxas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidencia de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei  6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselle ao interesado antes identificado un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírteselle que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o cal non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

De cara ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia