Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 4193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2022 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482C).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

BONOV-009/2019

***6591**

Resolución de perda do dereito á subvención

BONOV-061/2019

***7274**

Resolución de concesión da solicitude de segunda prórroga da subvención

BONOV-106/2020

****2982*

Resolución de aceptación da renuncia á solicitude de subvención

BONAL-019/2021

***5805**

Informe solicitado sobre os pagamentos realizados en 2021

BONAL-036/2021

****3989*

Resolución de desistencia tácita da solicitude de subvención

BONAL-062/2021

***4340**

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONAL-078/2021

****2619*

Resolución de desistencia tácita da solicitude de subvención

BONAL-088/2021

***2683**

Requirimento de emenda da solicitude de subvención