A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
A Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 5 de agosto de 2021 (DOG núm. 162, do 24 de agosto) estableceu as bases reguladoras do procedemento TR303B polo que se subvencionan as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvencións, dos exercicios 2021 e 2022, para o financiamento e execución das accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
As subvencións teñen como finalidade o financiamento de programas de formación destinados prioritariamente á cualificación profesional, no ámbito sectorial da hostalaría e do turismo, das persoas traballadoras ocupadas, e estarán orientados á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas do sector que teñan os seus centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que achegasen, na data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como, de ser o caso, a acreditación do pagamento da correspondente taxa.
Mediante a propia Orde do 5 de agosto de 2021 realizouse, en réxime de concorrencia competitiva, a primeira convocatoria do Plan de formación no Xacobeo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O financiamento das axudas previstas efectuouse con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.05.323B.471.0 e 11.05.323B.481.0, código de proxecto 2013 00493.
Destinouse á primeira convocatoria un crédito por importe total de 4.000.000,00 €. A súa desagregación por aplicación e anualidade figura recollida na seguinte táboa:
Aplicación |
Proxecto |
Anualidade 2021 (€) |
Anualidade 2022 (€) |
Importe total (€) |
11.05.323B.471.0 |
2013 00493 |
1.500.000,00 |
1.500.000,00 |
3.000.000,00 |
11.05.323B.481.0 |
2013 00493 |
500.000,00 |
500.000,00 |
1.000.000,00 |
Total |
2.000.000,00 |
2.000.000,00 |
4.000.000,00 |
O artigo 43.2 da Orde do 5 de agosto de 2021 establece que os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego. Calquera modificación ou ampliación dos créditos dispoñibles estará condicionada ao cumprimento dos supostos e ás condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.
Mediante a Resolución do 24 de novembro de 2021 (DOG núm. 232, do 12 de decembro), da Dirección Xeral de Formación e Colocación, redistribuíronse os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022.
A seguintes táboas recollen o resultado da dita redistribución de créditos, sen variar o orzamento total, por anualidade e aplicación orzamentaria:
Anualidade 2021 |
|||
Aplicación orzamentaria |
Orzamento inicial (€) |
Modificacións (€) |
Orzamento final (€) |
11.05.323B.471.0 |
1.500.000,00 |
491.971,10 |
1.991.971,10 |
11.05.323B.481.0 |
500.000,00 |
-491.971,10 |
8.028,90 |
Total |
2.000.000,00 |
2.000.000,00 |
Anualidade 2022 |
|||
Aplicación orzamentaria |
Orzamento inicial (€) |
Modificacións (€) |
Orzamento final (€) |
11.05.323B.471.0 |
1.500.000,00 |
58.487,50 |
1.558.487,50 |
11.05.323B.481.0 |
500.000,00 |
-58.487,50 |
441.512,50 |
Total |
2.000.000,00 |
2.000.000,00 |
A relación de subvencións concedidas e entidades beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación
ANEXO
Expediente |
Entidade |
NIF |
Aplicación |
Importe |
TR303B-2021/000001-0 |
Consultores Basilio Ínsua Lado, S.L. |
B70253158 |
11.05.323B.471.0 |
77.161,50 € |
TR303B-2021/000013-0 |
Método Estudios Consultores, S.L. |
B27700475 |
11.05.323B.471.0 |
442.741,50 € |
TR303B-2021/000017-0 |
Consultora Monte Alto, S.L. |
B36857993 |
11.05.323B.471.0 |
474.898,50 € |
TR303B-2021/000025-0 |
Escuela profesional de hostelería de Baixo Miño |
B94147725 |
11.05.323B.471.0 |
153.472,50 € |
TR303B-2021/000031-0 |
Academia Postal 3 Vigo, S.L. |
B36795565 |
11.05.323B.471.0 |
165.991,05 € |
TR303B-2021/000032-0 |
G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L. |
B36993509 |
11.05.323B.471.0 |
169.303,95 € |
TR303B-2021/000034-0 |
Educatic Gap Pue |
B36897239 |
11.05.323B.471.0 |
83.871,00 € |
TR303B-2021/000035-0 |
Moba Skill Training, S.L. |
B32327934 |
11.05.323B.471.0 |
167.714,10 € |
TR303B-2021/000037-0 |
Formacomer Gadicom, S.L. |
B27879196 |
11.05.323B.471.0 |
80.514,00 € |
TR303B-2021/000042-0 |
Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) |
G36615219 |
11.05.323B.481.0 |
159.372,00 € |
TR303B-2021/000045-0 |
NRED soluciones formativas |
B27700012 |
11.05.323B.471.0 |
152.212,50 € |
TR303B-2021/000057-0 |
Ingeniería INSITU |
B27715309 |
11.05.323B.471.0 |
76.037,25 € |
TR303B-2021/000058-0 |
Estudios Rafer, S.L. |
B27239136 |
11.05.323B.471.0 |
177.277,50 € |
TR303B-2021/000060-0 |
Centro de Iniciativas Profesionales (CIP) |
B36757557 |
11.05.323B.471.0 |
159.886,50 € |
TR303B-2021/000061-0 |
Forga |
G36818367 |
11.05.323B.481.0 |
270.702,00 € |
TR303B-2021/000062-0 |
Adquiero Servicios Integrados, S.L. |
B27726397 |
11.05.323B.471.0 |
144.787,50 € |
TR303B-2021/000064-0 |
FEMXA formación, S.L. |
B36338051 |
11.05.323B.471.0 |
149.985,00 € |
TR303B-2021/000065-0 |
Centro de estudios Activa Formación, S.L. |
B36832723 |
11.05.323B.471.0 |
234.753,00 € |
TR303B-2021/000071-0 |
NORFormación, S.L. |
B36343218 |
11.05.323B.471.0 |
160.415,25 € |
TR303B-2021/000075-0 |
Acción laboral |
V09409749 |
11.05.323B.471.0 |
165.780,75 € |
TR303B-2021/000077-0 |
Gabinete de recolocación industrial, S.L. GRI |
B09390105 |
11.05.323B.471.0 |
160.665,75 € |
TR303B-2021/000083-0 |
Centro de orientación de estudios comerciales, S.L. |
B36043073 |
11.05.323B.471.0 |
152.989,50 € |