Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2022 Páx. 3902

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B).

O 26 de febreiro de 2021 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocáronse para o ano 2021. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar as medidas 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes) e 8.5 (investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais), que figuran no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión
(http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

Co xenérico nome de «enfermidade das bandas do piñeiro», «banda das acículas do piñeiro» ou «os vermellos criptogámicos» denomínase un conxunto de especies de fungos foliares que se converteron nunha das pragas reguladas non corentenarias de maior preocupación no sector forestal. Os danos son causados sobre o xénero Pinus, con grande virulencia sobre masas de piñeiro insigne (Pinus radiata) e, secundariamente, de piñeiro negral (Pinus nigra) e de piñeiro do país (Pinus pinaster). As enfermidades fúnxicas destes grupos producen o secado e a defoliación das partes inferior e media das árbores. Os síntomas iniciais aparecen durante o outono e inverno e consisten en manchas cloróticas nas acículas. Posteriormente, estas manchas quedan de cor vermella ou marrón, alternando con zonas verdes. Esta división en bandas vermellas e bandas marróns levou a designar de «banda vermella» a enfermidade producida polos fungos Dothistroma septosporum e Dothistroma pini e «banda marrón» a enfermidade producida polo fungo Lecanosticta acicola.

O ataque deste tipo de fungos é evidente nas masas de piñeiros da provincia de Lugo, xa que é esta provincia quen posúe unha maioría das masas de piñeiro insigne en Galicia. No entanto, a monitorización das situación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural obriga a ampliar as actuacións á provincia da Coruña, incluíndoas nunha orde de axudas específica, que, ante a situación de emerxencia declarada, deberá cubrir os tratamentos preventivos a levar a cabo antes do verán de 2022. Estas axudas teñan como finalidade aplicar as medidas 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes).

Así mesmo, desde a convocatoria da medida 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes) do ano 2018, incluíuse como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes xa que se considerou acreditado que poden ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, xa que, de acordo coa experiencia de anos anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na tramitación das axudas as persoas físicas son asesoradas na maioría dos casos por gabinetes técnicos, os cales cobren practicamente toda a solicitude de axuda (apoio técnico para elaborar a solicitude, memorias xustificativas das actuacións, etc.).

Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

Por todo o anterior, e polos bos resultados de xestión das convocatorias en materia forestal dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021, na tramitación destas axudas do ano 2022 a tramitación electrónica é obrigatoria tamén para as persoas físicas, e está supeditada aos límites establecidos no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e especificamente en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) nas provincias da Coruña e Lugo, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605B), e convocalas para o ano 2022.

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C(2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para as provincias da Coruña e Lugo, con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

f) Dos terreos dentro da Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se están afectados pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

2. No caso de montes propiedade do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que solicitasen o cambio de consorcio a convenio.

Artigo 3. Beneficiarias

1. Serán beneficiarias as persoas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as persoas titulares individuais, as agrupacións forestais de xestión conxunta, as fundacións, as asociacións e agrupacións de propietarios formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

5. As agrupacións forestais de xestión conxunta deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. As fundacións deben ter a inscrición definitiva no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo tamén, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude de axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 80 % e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento, segundo o caso, e tendo en conta o anexo XII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables.

Artigo 5. Actuacións obxecto de axuda

1. Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:

Tratamentos preventivos de danos producidos por enfermidades fúnxicas en masas estables de piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) de idade inferior a 25 anos e con defoliación inferior ao 75 %.

2. Non serán elixibles as actuacións que por disposicións legais sexan obrigatorias.

3. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Investimentos e superficies mínimas para solicitar axudas, e superficies excluídas

1. Investimento e superficie mínima:

a) Para todos os solicitantes, o investimento mínimo previsto por solicitude será de 1.000 euros.

b) A superficie mínima de actuación por solicitude será de 12 hectáreas.

2. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación as zonas de exclusión ou buffer cuxos límites se indican no anexo VIII.

b) Os encravados de extensión igual ou superior a 500 m2, pistas, estradas, etc.

c) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo provincial responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

d) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

e) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 7. Condicións técnicas xerais

1. No anexo VIII figuran as instrucións técnicas que deben cumprir as actuacións, incluído o número de tratamentos e os intervalos de aplicación, polas cales se solicita axuda.

2. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse, en todo caso, o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no seu artigo 117 e na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos seus artigos 3, 31 e 39, e no seu desenvolvemento. Ademais, as actuacións elixibles deberán ter compatibilidade co Plan de protección forestal englobado dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

3. Os terreos obxecto de solicitude de axuda, no intre da solicitude de axuda, deberán ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados ou adhesión aos modelos silvícolas PP1, PP2, PP3, PR1, PR2, PR3, PMR e PN1, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (procedemento MR627D).

4. En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, as operacións de investimento Feader irán precedidas dunha avaliación de impacto ambiental, conforme a lexislación vixente. Neste suposto, no caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural a recibir copia do informe para efectos de tramitación da solicitude, quedando exceptuadas da dita obriga as superficies que conten cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxa actuación estivese incluída no seu plan especial, toda vez que os ditos informes xa foron obtidos, polo que neste caso o solicitante deberá indicar, por escrito, esta circunstancia. Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa de axudas de Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se fose de aplicación.

5. O período para a aplicación dos tratamentos preventivos abrangue desde o 1 de abril ata o 29 de xullo (120 días), ambos incluídos, segundo o indicado no artigo 17, punto 1, da presente orde.

Artigo 8. Compromisos

1. Respecto do mantemento e conservación das masas sobre as cales se realizaron as actuacións:

a) O beneficiario da axuda comprométese a manter a masa, incluído o cartel identificativo, de ser o caso, conforme as condicións de aprobación da axuda e a conservalos durante un mínimo de cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Tamén se compromete, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

b) No caso de fundacións, asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario segundo a lexislación aplicable en cada caso.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de inadmitir a solicitude presentada por imposibilidade na aplicación das actuacións obxecto da presente orde.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas nesta orde.

5. No prazo dun ano desde o pagamento da axuda, as persoas beneficiarias deberán adaptar a situación do monte obxecto da axuda ás condicións establecidas nos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de aplicación e cumprir cos compromisos establecidos nos referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

6. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

7. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e, poderáselle solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito. Ademais, as empresas executoras deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e debidamente acreditadas para a aplicación de produtos fitosanitarios.

8. O beneficiario deberá comunicar cun mínimo de antelación de 5 días a data de aplicación das actuacións obxecto de axuda ao servizo provincial responsable dos recursos forestais.

Artigo 9. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución do crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, punto 1.a), segundo o tipo de beneficiario:

a.1. Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2. Fundacións, asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, agrupacións forestais de xestión conxunta e outras persoas xurídicas: 45 %.

a.3. CMVMC: 45 %.

b) Para entidades locais resérvase o 100 % da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, punto 1.b).

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación, tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

a) CMVMC con investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 10 puntos.

b) CMVMC con investimentos dun 50 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 20 puntos.

c) CMVMC con investimentos de máis do 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 30 puntos.

d) Posta en valor de CMVMC: 10 puntos.

e) Por cada membro de CMVMC, asociación ou agrupación de propietarios particulares, cooperativa agrícola, pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.

f) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

g) Agrupacións rexistradas de xestión conxunta: 50 puntos.

h) Monte con proxecto de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, ou que teñan solicitada a súa aprobación: 10 puntos.

i) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

j) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

k) CMVMC sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

l) Zonas desfavorecidas (establecidas na medida 13 do PDR): 10 puntos.

m) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

n) Tratamentos preventivos en masas de coníferas (rareos e/ou podas) realizados con axudas públicas anteriores: 1 punto por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

ñ) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 15 puntos.

o) Por cada parcela para a cal se solicitou axuda que estea dada de alta no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

p) Actuacións que se vaian realizar en montes nos que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 20 puntos.

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 20 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, segundo sexa o tipo de beneficiario, e na orde que se establece:

1º. Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

2º. Actuacións que se vaian realizar en montes nos cales existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

3º. Actuacións que se vaian realizar en montes inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, ou que fose solicitada a aprobación do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

4º. Maior superficie de actuación.

5º. Maior importe de subvención.

4. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de beneficiario e tipo de traballo na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 10. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Solicitude de tres ofertas de diferentes provedores. Nas ofertas presentadas debe constar coma mínimo: sinatura, NIF ou número do Resfor, nome e enderezo da empresa ofertante ou da persoa que asine; o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda; a data de expedición; os conceptos ofertados e o seu importe.

e) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados ou solicitada a súa aprobación.

f) Declaración responsable (anexo IV) e anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas, consonte o artigo 16.

No caso de que algúns documentos das letras d), e) e f) conteña faltas, precise completar algún dato ou algunha aclaración, requirirase para a súa emenda, non dando lugar a inadmisión da solicitude, sempre e cando os documentos fosen presentados coa solicitude.

3. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

4. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo: https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

5. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 11. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse sen a presentación da declaración responsable (anexo IV) e do anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas ás cales se refire o artigo 16 desta orde, e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1. No caso de que actúe por medio de representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación por un medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.

Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.

a.2. Acreditación da propiedade:

A propiedade acreditarase, no caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (Rsofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual, de pro indivisos, de pro indivisos legalmente constituídos, fundacións, asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a titularidade dos terreos, para tales efectos, considerarase como persoa titular aquela que conste en rexistros públicos que produzan presunción que só poida ser destruída xudicialmente ou, na súa falta, a quen apareza con tal carácter en rexistros fiscais, ou finalmente a quen o sexa pública e notoriamente, aínda que careza do oportuno título escrito.

No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas), mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro de Cooperativas de Galicia.

No caso de entidades locais, copia do documento que acredite a propiedade do terreo.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

a.3. As persoas solicitantes deberán presentar unha declaración responsable (anexo IV) e o anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas consonte o artigo 16.

a.4. En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, a solicitude de oferta a tres diferentes provedores. No caso de solicitar ofertas a un mínimo de tres provedores e que algún deles non conteste a dita solicitude, deberase presentar unha declaración responsable de non ter obtivo contestación á súa solicitude. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos no artigo 42 do Código de comercio. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e contar coa debida acreditación para a aplicación do produto fitosanitario. Por outra banda, non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas co dito beneficiario. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades.

a.5. Número de expediente dixital da adhesión aos modelos silvícolas (PP1, PP2, PP3, PR1, PR2, PR3 ou PN1), excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados ou en proceso de aprobación.

b) Documentación específica:

b.1. Para fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado por todos e cada un dos titulares obxecto de axuda.

b.2. Para os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo III, Acordo de compromisos e obrigas, por todos e cada un dos seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

c) Documentación complementaria:

c.1. No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2. No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.3. No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.4. No caso das entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou a comisión de goberno da solicitude de axuda.

c.5. No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), do pro indiviso legalmente constituído, de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

c.6. Autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, excepto no caso da entidades locais:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesión de subvencións e axudas da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, e VI e VII (se for o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos deberase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Tramitación

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a subdirección xeral e os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos provinciais responsables dos recursos forestais. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 10.2 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais examinarán as solicitudes presentadas e requiriranlles aos solicitantes que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non se fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, a persoa responsable da xefatura territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiralla á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a persoa titular da subdirección xeral de recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma lei.

9. As resolucións de subvención ditadas ao abeiro da correspondente orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no presente artigo.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

10. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no número 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45, punto 1, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

7. Na notificación de concesión da axuda informarase os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Artigo 16. Inspeccións previas

As inspeccións previas serán realizadas en gabinete por persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural sobre a seguinte documentación achegada polas persoas solicitantes:

1) Declaración responsable (anexo IV) da persoa solicitante que indique:

a) Que na data de presentación da declaración non se iniciaron os investimentos solicitados.

b) Que as actuacións solicitadas e as súas unidades orzadas son viables e cumpren coas condicións para a aprobación das axudas recollida nas bases da orde convocada.

c) Que as superficies, mediante relación de parcelas Sixpac, nas cales se realizarán as actuacións son as que figuran no anexo IV ou no soporte dixital en formato vectorial presentado na solicitude de axuda.

d) Que as fotografías achegadas amosan, na data de presentación da declaración, a situación e localización das superficies en que se realizarán as actuacións.

2) Anexo fotográfico: coas fotografías xeorreferenciadas que xustifiquen a non realización dos investimentos (un mínimo de dúas fotos e con extensión .jpg). Serán válidas as fotografías que teñan incluídas nos seus metadatos as coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) dos puntos onde se tomaron, de maneira que sexa posible a implantación destes sobre o terreo.

Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección previa implicará a denegación da axuda. Será remitida, só no caso de minoración ou denegación, desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais copia da inspección aos solicitantes das axudas.

De ser preciso, as persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural responsables das inspeccións previas poderán realizar a correspondente visita ao campo.

Artigo 17. Execución dos traballos

1. O período para a aplicación dos tratamentos preventivos abrangue desde o 1 de abril ata o 29 de xullo (120 días), ambos incluídos. Este período poderá variar en función da resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que autorice excepcionalmente, para o ano 2022, a comercialización e o uso en aplicación terrestre dos produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % [WG] p/p contra enfermidades criptogámicas defoliadoras en coníferas de montes, nas condicións e prazo que se indiquen na devandita resolución. En aplicación do artigo 53 do Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as directivas 79/117/CEE e 91/414/CEE do Consello, o devandito prazo de 120 días non pode ser prorrogado.

O prazo para xustificar as axudas concedidas nesta orde rematará o 31 de agosto de 2022.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dúas persoas funcionarias da consellería competente no medio rural, unha delas distinta das que realizaron a inspección previa.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

4. De acordo co artigo 63 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar, a satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible, ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

5. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de xustificación establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais proporán as ditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, quen elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola persoa titular da consellería responsable do medio rural para resolver.

6. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 18, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados, se a persoa beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

8. Ata dous meses antes da data de remate dos traballos, poderase solicitar unha modificación da resolución de aprobación para reducir a superficie e/ou traballos obxecto de axuda pola aparición de circunstancias técnicas non detectadas. A dita modificación, que poderá aprobarse logo de informe favorable do Servizo Provincial de Montes, non poderá superar en ningún caso a superficie de actuación inicialmente aprobada. Para tramitar a solicitude de modificación da resolución de aprobación deberá estar asinada polo beneficiario da axuda, explicar os motivos da dita solicitude e deberá entregar un ficheiro shapefile coa nova superficie proposta, que poderá incluír parcelas Sixpac novas. No caso de non contestación á solicitude de modificación entenderase aprobada.

Artigo 18. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 17.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á presentación da declaración responsable (anexo IV) e do anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas ás cales se refire o artigo 16 desta orde e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da presentación da declaración responsable (anexo IV) e do anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, e débese ter en conta tanto a porcentaxe de intensidade da axuda como o resto de conceptos non subvencionables, presentada de acordo coa letra f) do punto 3 deste artigo.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento que figura no anexo VI), achegarase a seguinte documentación:

a) Xustificantes de gasto (facturas) e pagamento. As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo X. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos coma na resolución de aprobación.

c) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión vixente.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo XII.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final da actuación (ingresos e gastos). E, no caso de non telos, declaración expresa do beneficiario de non telos.

d) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou relación de parcelas Sixpac coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo IX.

e) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

f) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo VII desta orde. No caso de que o cedente do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade no cal indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente a asinar a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

iii) Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de que se opoña á súa consulta ou non preste o consentimento expreso.

iiii) Copia do NIF da entidade cesionaria, só no caso de que non preste o consentimento expreso para a súa consulta.

Artigo 19. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro sinaladas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 60 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos, considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afectase gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afectase unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería competente no medio rural reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedan.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Os beneficiarios desta convocatoria de axudas que non executen as accións previstas, salvo renuncia do beneficiario por forza maior, quedarán excluídos das próximas dúas convocatorias de axuda.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e, igualmente, levará como consecuencia a perda do dereito ou o reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 20. Controis

1. A consellería competente no medio rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, comprométense a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a consellería competente no medio rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en relación coas subvencións e axudas concedidas, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e nº 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas nos regulamentos de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

4. A consellería competente no medio rural, ao abeiro do establecido nos anteriores regulamentos e demais normativa, realizará controis administrativos a todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude. Respecto dos controis sobre o terreo, realizaranse antes do pagamento final, e seleccionaranse sobre unha mostra que representará como mínimo o 5 % dos gastos, mencionados no artigo 46 do Regulamento de execución (UE) 809/2014, cofinanciados polo Feader e que se reclaman ao organismo pagador cada ano natural. Ademais, tamén se realizarán, se for o caso, controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 12, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lles sexa requirida, e sobre todo a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 21. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio 2022, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209, por un importe de 490.000 €.

b) 14.03.713B.760.0.2016 00209, por un importe de 10.000 €.

2. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido na letra a) do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 22. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade; no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014.

Artigo 23. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 24. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

4. As persoas beneficiarias deberán en todo momento cumprir co disposto no Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, e demais normativa aplicable na materia.

5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

6. No caso de entidades locais, estas deberán realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Artigo 25. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así, en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando ao menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo XI, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural.

c) No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo XI. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo XI, de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada. Os carteis, os paneis, as placas e os sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra axuda sobre a mesma superficie, coa excepción dos investimentos para incremento da capacidade de adaptación e valor ambiental dos ecosistemas forestais ou para restaurar o potencial forestal danado por pragas, enfermidades, desastres naturais, catástrofes ou sucesos derivados do cambio climático.

Disposición adicional segunda

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013, no Regulamento (UE) nº 2020/2220, no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2017, no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 18/2019, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control, https://www.fega.es/es/ayudas-directas-y-desarrollo-rural/control-de-medidas-desarrollo-rural/circulares-de-coordinacion-de-desarrollo-rural/node-50759#, e 33/2020, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_33-2020_PENALIZACIONES_NO_SIGC.pdf).

Disposición derradeira primeira

Facúltase a dirección xeral responsable da ordenación forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Instrucións técnicas nas actuacións polas que se solicita axuda e zonas de exclusión ou buffer

A título informativo, de cara a fixar con claridade os criterios de viabilidade das actuacións polas que se solicita e á hora de preparar as solicitudes de axuda e redactar os proxectos, teranse en conta os seguintes aspectos, que serán verificados na inspección previa a que se refire o artigo 16 da orde:

É de obrigado cumprimento o disposto no Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (BOE núm. 223, do 15 de setembro de 2012. Referencia: BOE-A-2012-11605).

Poderán executarse os tratamentos sinalados no artigo anterior coa condición de que se axusten aos requisitos establecidos na correspondente resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se autorice excepcionalmente a comercialización e o uso en aplicación terrestre dos produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % [WG] p/p contra enfermidades criptogámicas defoliadoras en coníferas de montes:

a) Produtos fitosanitarios e condicións de uso destes:

1º. Produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % (WG) P/P.

2º. Dose por aplicación: 0,1-0,2 % (1-1,6 kg Cu inorgánico/ha).

3º. Dúas aplicacións terrestres cun intervalo entre aplicacións terrestres de 14-21 días.

4º. Uso: tratamento funxicida contra fungos defoliadores que causan as bandas marróns e vermellas.

5º. O período hábil para a realización dos tratamentos finalizará o 29 de xullo de 2022.

b) Superficie que se vai tratar: unicamente se tratará en piñeirais de idade inferior a 25 anos e con defoliación inferior ao 75 %. A esa superficie réstanselle as zonas de exclusión ou buffer:

1º. 100 metros ao redor de todos os núcleos habitados e edificacións.

2º. 100 metros ao redor de todos os encoros, lagoas e zonas húmidas.

3º. 100 metros ao redor das captacións de auga, tanto subterráneas como superficiais.

4º. 100 metros ao redor das zonas clasificadas como de vulnerabilidade do acuífero, tipo alta e moi alta.

5º. 100 metros a cada lado ao redor de todos os cursos de auga permanente

Os tratamentos fitosanitarios realizaranse seguindo as disposicións do Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (aplicadores con cualificación e rexistrados no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores regulado no devandito real decreto), e noutra normativa aplicable na materia.

ANEXO IX

Instrucións de remisión da información das actuacións en soporte dixital e vectorial

1. Consonte o artigo 12.1.a.3) e o artigo 16, os solicitantes deberán achegar información das superficies, mediante relación de parcelas Sixpac, nas cales se realizarán as actuacións en soporte dixital en formato vectorial presentado na solicitude de axuda ou no anexo IV.

2. E, co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar.

Arquivo tipo shapefile (a información subministrarase nun arquivo «zip» comprimido co conxunto dos arquivos que compoñen o dito formato, é dicir, polo menos o mínimo necesario para que poida abrirse cun GIS). É obrigatorio que o «zip» conteña o arquivo coa extensión «prj», que conteña a información do sistema de referencia, a cal se comprobará para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (tanto arquivos do shapefile como nome do arquivo de compresión). No caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante, sen letra, e o ano. Exemplo: 22150001_2021.zip/99999999_2021.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no documento descritivo: 2021...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1 para cada recinto do shape

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas. Exemplo: 22150001_2022 (co guión baixo)

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Exemplo: provincia A Coruña→15

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtida da sede electrónica do Catastro

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o Sixpac vixente, en maiúsculas (FO, PR, PA...)

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 40 caracteres

Código segundo o cadro adxunto.

No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos. No caso de existir o cartel identificativo, o seu código será o derradeiro.

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas)

Nos casos en que non exista valor para o campo porase «0» ou «---», sempre que o admita.

No caso de proxecto de ordenación autorizado e inscrito en Xorfor, deberán engadirse os seguintes campos:

– Campo [GeoUA] (formato Texto, 20)→Código resultante da concatenación dos campos [IDXF], código do instrumento de Xorfor co formato PO00000111X, [Cuartel], [UO] unidade de ordenación, e [UA] unidade de actuación; da capa do plan especial cargado en Xorfor.

– Campo [SupGeoUA] (formato numérico, 10,6)→Superficie da unidade de actuación da capa do plan especial cargado en Xorfor en hectáreas.

Codificación campo actuación:

Táboa nº 2: codificación do campo Act (actuación).

Código

Descrición actuación

Uds.

M00

Cartel identificativo

Número

MX1

Aplicación de óxido cuproso 75 % [WG] p/p

En hectáreas arredondadas a dous decimais

Exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod

Cod_exp

Prov

Conc

Agreg

Zona

Polig

Parc

Recin

Sup_tot

Uso

Sup_Act

Act

Mouteira

1

22150150/2022

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

0,36

MX1

1

2

22150150/2022

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

1,88

MX1

1

3

22150150/2022

15

15026

0

0

25

302

2

5,22

FO

2,08

MX1-M00

2

Nota: a información do campo «Sup_Act», resultante do cruzamento co Sixpac que debe facer o solicitante deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act» deberán poñerse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie incluída o «cartel», aínda que a súa unidade non sexa superficial.

A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma), cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo. No caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante e o nome (22150001_2022.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cod

Cod_Act

Uds.

Custo/ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

MX1

0,36

80,00

28,80

2

MX1

1,88

80,00

150,40

3

MX1

2,08

80,00

166,40

3

M00

1

255

255

Indíquese que:

– O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo XII da orde para cada tipo de actuación.

– O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

– As unidades superficiais figurarán en hectáreas arredondadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo shapefile presentado (o campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

– O resto de datos numéricos (importes) arredondarase tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

– A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa informático e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO X

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento
das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán en: facturas electrónicas ou copia das facturas orixinais nas cales se indicará se o importe se lle imputa total ou parcialmente á subvención. Neste ultimo caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

a) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Enderezo, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

–O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

–No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser unha copia que estará selada pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a copia da factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

ANEXO XI

Carteis e placas

missing image file

A marca principal ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

O título da obra que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título.

O resto de logos deberán situarse ao final do cartel cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra:

Cor fondo 1

RGB 0 123 196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Dimensións:

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operación de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abranguen unha grande área territorial, empregarase preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisibles a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO XII

Cadro de importes máximos subvencionables

Actuación

Investimento total (euros)

Importe máximo subvencionable (sen IVE)

Hectárea de aplicación de óxido cuproso 75 % [WG] p/p

80,00

64,00

Cartel identificativo (só exixible aos solicitantes que estean obrigados á súa colocación segundo o artigo 25)

255,00

204,00