Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2022 Páx. 4216

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D).

A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. O canon, na súa calidade de prestación patrimonial de dereito público de natureza extrafiscal e real, ten como obxectivo contribuír a regular na nosa comunidade autónoma o ambiente na súa consideración de ben protexido.

Establece o artigo 9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que os ingresos derivados do canon, deducidos os custos de xestión, se destinarán á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial, das cales serán principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Establece tamén que será beneficiario o conxunto da sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Tales ingresos xestiónanse a través do Fondo de Compensación Ambiental, creado polo artigo 23 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Segundo este precepto legal, o Fondo financiarase cos ingresos obtidos do canon eólico e ten como obxectivo a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Ao Fondo de Compensación Ambiental seranlle de aplicación as disposicións previstas no capítulo II da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e as ordes que, para a súa regulación, dite a consellería con competencias en materia de réxime local. Particularmente, o artigo 25 desta mesma lei establece que, para determinar as actuacións ás cales se destinará, se observará o disposto na orde de regulación do Fondo de Compensación Ambiental.

No tocante ao destino do Fondo, logo da modificación da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida a través da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais para 2013 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), incorporáronse diferentes aspectos relativos ao financiamento dos gastos de persoal, en concreto a posibilidade de imputar os gastos correspondentes a persoal propio da corporación local, tanto os derivados dos custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural como a aplicación dos custos de persoal propio que intervén na execución dos proxectos de investimento que subvencione o Fondo de Compensación Ambiental. Así mesmo, mediante a mesma modificación, cuantifícase por lei a porcentaxe mínima do Fondo destinada a aquelas entidades cuxo termo municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión.

A presente orde incorpora un catálogo de actuacións subvencionables orientadas ao fin sinalado pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, e ao cumprimento dos obxectivos marcados pola Unión Europea, é dicir, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, o impulso e incremento da participación de enerxía procedente de fontes renovables e a mellora e o incremento da eficiencia enerxética. A través do desenvolvemento de proxectos para a optimización enerxética dos edificios, instalacións e vehículos das entidades locais e para a implantación de tecnoloxías máis eficientes e respectuosas co ambiente e de menor consumo enerxético pode conseguirse unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera e, asemade, unha redución da factura enerxética das entidades locais. A isto engádese o efecto exemplarizante dos proxectos co fin de concienciar a veciñanza da repercusión sobre o ambiente das medidas de eficiencia enerxética e impulso da sustentabilidade ambiental no sector público local, ao cal poden contribuír as campañas divulgativas municipais para a sensibilización sobre a importancia das medidas de protección ambiental e de eficiencia enerxética, financiables por primeira vez ao abeiro desta orde. Finalmente, considerando as recomendacións da Unión Europea e da Organización Mundial da Saúde, inclúense no catálogo de actuacións subvencionables aquelas obras en edificios municipais que fomenten a redución ou mitiguen os riscos derivados da exposición ao gas radon.

A crise sanitaria que estamos a vivir e as súas inevitables consecuencias económicas afectan tamén as facendas locais, singularmente as dos pequenos concellos, que se encontran con importantes dificultades para atender a prestación dos servizos públicos. Neste contexto, cómpre consolidar medidas que impulsen e promovan unha xestión eficaz e eficiente e permiten rendibilizar os recursos das administracións, das cales veñen sendo boa mostra as fórmulas de xestión compartida na prestación dos servizos públicos, de tal xeito que os resultados positivos dunha posta en común dos recursos permitan continuar prestando uns servizos públicos de calidade sen alterar a estabilidade da situación económica municipal. Xa que logo, cómpre manter os incentivos á cooperación puntual entre os concellos e aos procesos de fusión municipal, voluntariamente concertados, como medidas de colaboración e reorganización que fagan posible o aforro de custos e, asemade, a eficacia na xestión. Considerando que tanto o artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, como o artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, permiten que os municipios presten os seus servizos independentemente ou asociados, nestas bases reguladoras posibilítase que os concellos presenten solicitudes de subvención na modalidade de xestión compartida con outros concellos a través de agrupacións ou asociacións de concellos, tanto na liña en concorrencia competitiva como en concorrencia non competitiva.

Neste sentido, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de febreiro de 2013, adoptou o acordo de aprobar os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

En cumprimento do devandito acordo, a liña en concorrencia competitiva incorpora criterios para primar as solicitudes presentadas conxuntamente por mancomunidades de concellos, consorcios locais e agrupacións ou asociacións de concellos fronte ás presentadas individualmente.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden a elaboración, proposta e execución da política do Goberno en materia de Administración local, que lle atribúe, entre outras, as competencias en materia de asistencia á Administración local, de conformidade co previsto no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, en relación co Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente teña atribuídas.

Pola súa vez, o artigo 22 do antedito decreto determina que a Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias atribuídas á Xunta de Galicia en materia de Administración local e a este centro directivo correspóndelle, en particular, o fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións a elas destinadas.

Esta convocatoria tramítase como anticipada de gasto, de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2022, aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 18 de outubro de 2021, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Por medio desta orde regúlanse os criterios de repartición e establécense as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D).

Artigo 2. Distribución do Fondo de Compensación Ambiental

1. A asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2022 prevista no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 establécese en 11.303.401,00 de euros. Este importe distribúese do seguinte xeito:

a) Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínase un total de 7.715.174,00 €, coa seguinte distribución:

Descrición

05.23.141A.461.0

05.23.141A.761.0

Totais por liña

Liña en concorrencia non competitiva

3.003.798,00

3.003.798,00

6.007.596,00

Liña en concorrencia competitiva

778.789,00

928.789,00

1.707.578,00

Totais por aplicación orzamentaria

3.782.587,00

3.932.587,00

7.715.174,00

b) Existe a posibilidade de ampliación de crédito, de se producir un incremento da recadación efectiva do canon eólico, por incorporacións de saldos de crédito do orzamento 2021 ou en calquera dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

c) Ao abeiro do previsto no artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco, destínanse 3.588.227,00 €, coa seguinte distribución:

Centro xestor

Aplicación orzamentaria

Importe

Descrición

Dirección Xeral de Administración Local

05.23.141A.461.1

488.250,00

Outras actuacións Fondo de Compensación Ambiental

05.23.141A.461.1

541.750,00

Fondo de Compensación Ambiental (outras actuacións específicas)

05.23.141A.761.1

600.000,00

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

05.25.212A.442.16

440.015,00

Consorcios comarcais contra incendios

05.25.212A.442.17

1.518.212,00

Consorcios provinciais contra incendios

Total

3.588.227,00

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2022.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, o crédito previsto no número 1 deste artigo e no artigo 13 da orde e, xa que logo, a concesión das subvencións quedan sometidos á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio 2022 para financiar as obrigas derivadas da convocatoria.

Artigo 3. Liñas de subvención, beneficiarios individuais e de xestión compartida e exclusións

1. Esta orde reguladora da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental inclúe, segundo o principio de economía procedemental, dúas liñas de subvención coa mesma causa e finalidade, isto é, o cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental:

a) Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva, destinada a aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde, que formulen:

1. Petición de maneira individual.

2. Petición de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos nos termos do artigo 9.

b) Convocatoria de subvencións de natureza competitiva, destinada:

1. Aos concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

2. Aos concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

3. Ás mancomunidades de concellos de Galicia.

4. Aos consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local imputaranse os gastos correspondentes ao persoal utilizado.

b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, imputaranse os gastos correspondentes ao persoal utilizado.

d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:

a) Os contratos de subministración para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para realizar o proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE), son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda, de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e mais á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

4. Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Campañas divulgativas, plans e proxectos ambientais:

1. Campañas de sensibilización sobre boas prácticas ambientais.

2. Campañas de divulgación de medidas de aforro e eficiencia enerxética no ámbito doméstico e comercial.

3. Guías de boas prácticas sobre a implantación de pautas e accións para o aforro e a eficiencia no uso da enerxía.

4. Edición de material divulgativo e recursos didácticos sobre valores ambientais ou espazos naturais.

5. Auditorías enerxéticas en edificios e dependencias das entidades locais.

6. Certificación enerxética de edificios municipais.

7. Plans para a implantación de estratexias enerxéticas municipais.

b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos.

c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e utilización de enerxías renovables:

1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio: illamento en cubertas e fachadas, ventás e acristalamentos con boas características térmicas.

2. Mellora da iluminación interior: instalación de sistemas de regulación e control da iluminación; lámpadas, luminarias e equipamentos auxiliares de maior eficiencia enerxética.

3. Climatización interior: instalación de sistemas centralizados de calefacción, sistemas de regulación de temperatura interior, illamento dos circuítos de distribución.

4. Instalación de caldeiras de biomasa e paneis solares térmicos.

5. Sistemas de aforro de auga: mecanismos de dobre descarga en sanitarios, billas monomando con limitador de caudal, perlizadores e aireadores.

6. Instalación de ascensores eficientes.

d) Adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética: equipamentos de climatización, ofimáticos, iluminación interior.

e) Adquisición de vehículos:

1. Vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco: vehículos eléctricos, híbridos enchufables e non enchufables, gas natural ou GLP.

2. Vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

3. Vehículos para a recollida e traslado de residuos.

f) Edificios e infraestruturas destinados á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais:

1. Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.

2. Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais.

g) Actuacións nos núcleos rurais para unha mellor integración paisaxística no contorno natural:

1. Soterramento dos tendidos aéreos de cables.

2. Construción de pavimentos exteriores a base de materiais ambientalmente sustentables: lousa, pedra ou madeira.

h) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental:

1. Equipamento para a recollida da fracción resto dos residuos domésticos.

2. Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e de abastecemento de augas.

3. Maquinaria e equipamento para a protección do ambiente e do espazo natural.

4. Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

5. Obras en edificios municipais para fomentar a redución ou mitigar os riscos derivados da exposición ao gas radon.

i) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres, incluídos sonómetros, e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

5. Sen prexuízo de calquera outra actuación que non se considere subvencionable como consecuencia do previsto nesta orde ou na normativa xeral de subvencións, en ningún caso serán subvencionables:

– Os puntos limpos móbiles.

– A construción de áreas de compostaxe comunitaria.

– Contedores para a recollida separada da fracción orgánica.

– Sistemas para a implantación de recollida separada de aceites e téxtiles.

– Instalacións de reciclaxe e de preparación para a reutilización de residuos téxtiles.

– Construción de instalacións de puntos limpos.

Artigo 5. Contratación de persoal e imputación de custos

1. Considéranse subvencionables os custos de persoal sempre que estean vinculados á execución das actuacións subvencionadas.

2. Os custos de persoal comprenden tanto o persoal propio da entidade local como o persoal contratado especificamente para a execución das actuacións subvencionadas:

a) Nas subvencións para gastos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, poderanse imputar os gastos correspondentes ao persoal utilizado:

1. Persoal propio da entidade local.

2. Persoal contratado especificamente para os servizos de que se trate.

b) Nas subvencións para investimentos, poderanse imputar os custos de persoal utilizado para a execución das actuacións subvencionadas:

1. Persoal propio da entidade local.

2. Persoal contratado especificamente para a execución da actuación subvencionada.

3. Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atende aos criterios determinados nos números 1 e 2 anteriores, entre outros, a contratación de persoal para realizar algunha das seguintes actividades ou servizos:

a) Técnicos de ambiente e/ou urbanismo.

b) Vixilantes ambientais.

c) Auxiliares de policía local contratados para a tempada de verán, sempre que desenvolvan tarefas vinculadas ao ambiente, como controis de contaminación acústica.

d) Servizos de xestión da auga, protección e mantemento de espazos naturais.

Artigo 6. Custos de funcionamento dos servizos municipais, mancomunados ou consorciados dedicados á protección do ambiente e do espazo natural

1. Para os efectos desta orde, considéranse custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural aqueles gastos imputables aos capítulos 1 e 2 do orzamento de gastos da entidade local en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de actuacións acordes coa presente orde de convocatoria, sempre que se acredite, mediante certificación emitida pola secretaría da entidade local solicitante, a vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais, mancomunados ou consorciados que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

2. Serán subvencionables os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural que se efectuasen con anterioridade á publicación destas bases reguladoras, sempre que se trate de gastos correspondentes ao exercicio orzamentario 2022, sen prexuízo do deber do cumprimento de todas as obrigas e os trámites recollidos na orde e demais lexislación vixente, sobre todo a data límite de xustificación que se especifica no artigo 30 destas bases reguladoras.

Artigo 7. Investimentos subvencionables

1. Para os efectos desta orde, considéranse investimentos aqueles gastos imputables ao capítulo 6 do orzamento de gastos da entidade local en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de actuacións acordes coa presente orde de convocatoria.

2. Serán subvencionables aqueles investimentos que se inicien con posterioridade á publicación destas bases reguladoras, sen prexuízo do deber do cumprimento de todas as obrigas e trámites recollidos na orde e demais lexislación vixente, sobre todo a data límite de xustificación que se especifica no artigo 30 destas bases reguladoras.

Artigo 8. Requisitos de admisión e remisión da conta xeral ao Consello de Contas

1. Para poderen ser beneficiarios destas subvencións, os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia deben cumprir o requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2020 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupamentos de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.

A acreditación deste requisito realizarase no prazo e na forma establecidos nos artigos 19 ou 20, segundo o caso.

2. Dentro da liña en concorrencia competitiva, cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que unha delas sexa individual e a outra sexa unha solicitude conxunta, de agrupacións ou asociacións de concellos. En todo caso, ambas as dúas solicitudes deberán ser para actuacións diferentes.

As mancomunidades e consorcios locais só poderán presentar unha solicitude.

3. Na liña en concorrencia non competitiva, cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes sempre e cando unha delas sexa mediante a súa participación nunha solicitude conxunta.

4. Con carácter xeral, cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación. Malia o anterior, nas solicitudes para investimentos presentadas por mancomunidades de concellos, consorcios locais e por agrupacións ou asociacións de concellos cada proxecto deberá corresponderse cunha única actuación e constituirá causa expresa de inadmisión a presentación de solicitudes para realizar un proxecto de investimento que inclúa máis dunha actuación.

Para os efectos desta orde, considerarase proxecto aquela actuación ou conxunto de actuacións, susceptibles de definición individualizada, para as cales se solicita subvención.

Cada actuación virá definida no documento que corresponda segundo a súa tipoloxía, consonte o establecido nos artigos 19 e 20:

a) Gastos de funcionamento ou equipamento: memoria detallada e valorada.

b) Obras: proxecto/s ou anteproxecto/s.

O orzamento total da solicitude, e xa que logo do proxecto, é o resultado da suma dos orzamentos parciais das actuacións que o integran.

5. Non se admitirán aquelas solicitudes cuxos orzamentos superen os importes e/ou as porcentaxes máximas establecidas no artigo 14 para a liña non competitiva e no artigo 15 para a liña competitiva.

6. Nas subvencións para gastos de funcionamento, os servizos para os cales se solicite subvención deberán ter asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural e a vinculación do gasto cos referidos servizos acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello no modelo do anexo VI ou do anexo VII, segundo proceda.

7. Nas subvencións para obras, a entidade solicitante terá a plena dispoñibilidade sobre os terreos e predios sobre os cales se pretenden realizar as actuacións. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a certificación emitida pola secretaría da entidade local solicitante no modelo do anexo VI ou pola secretaría do concello representante, no modelo do anexo VII, segundo corresponda.

Para os efectos desta orde, entenderase que existe plena dispoñibilidade cando as actuacións para as cales se solicita subvención non están pendentes de ningunha autorización ou licenza urbanística ou sectorial tanto municipal como por parte doutros organismos ou administracións públicas en materia de dominio público hidráulico, patrimonio cultural ou estradas, entre outras, ben por dispor dela ou por non ser preceptiva.

8. A solicitude de subvención deberá ir acompañada do acordo do concello, da mancomunidade, do consorcio ou dos concellos participantes nunha agrupación ou asociación de concellos, segundo o caso, polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos, ou para os gastos de funcionamento que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nelas. Este acordo deberá estar adoptado antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello, mancomunidade ou consorcio solicitante, no modelo do anexo VI, ou pola secretaría do concello representante da agrupación ou asociación, no modelo do anexo VII, segundo corresponda.

9. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste artigo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.

Artigo 9. Concellos agrupados ou asociados para solicitudes de xestión compartida, mancomunidades e consorcios

1. Dentro da liña en concorrencia competitiva, nos termos descritos na presente orde, os concellos poderán presentar solicitudes conxuntas de subvención que se desenvolvan ou se vaian desenvolver mediante fórmulas de xestión compartida, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o desenvolvemento de novos proxectos.

2. Segundo se establece no artigo 8.2, na liña en concorrencia competitiva, a inclusión dun concello nunha solicitude de xestión compartida dunha asociación ou agrupación de concellos exclúe a posibilidade de participar con outros concellos noutra solicitude conxunta e só é compatible coa presentación dunha solicitude individual de concellos.

3. Na liña en concorrencia non competitiva, todos os concellos consignados no anexo V poderán formular solicitudes conxuntas de subvención con concellos que reúnan estes mesmos requisitos. Para tal fin, deberán subscribir a correspondente solicitude conxunta, nos termos descritos na presente orde, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o desenvolvemento de novos proxectos.

O importe destinado á xestión compartida de servizos computarase para os efectos de determinar o límite máximo do 50 % que cada concello pode solicitar de gasto corrente.

4. No caso de solicitudes de concellos asociados ou agrupados para a realización dun proxecto común, os concellos integrantes nomearán un/unha alcalde/sa como representante único, que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e que será quen reciba e xustifique a subvención.

Artigo 10. Requisitos de participación nunha solicitude individual ou nunha solicitude de mancomunidades ou de consorcios

1. Na liña en concorrencia competitiva observaranse os seguintes requisitos de participación:

a) A solicitude poderá ser individual de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais, ou conxunta mediante a participación dos concellos en solicitudes conxuntas de agrupacións ou asociacións de concellos.

b) Cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes. Unha delas deberá ser, en todo caso, unha solicitude individual e a outra será unha solicitude conxunta dunha asociación ou agrupación de concellos. En todo caso, ambas as dúas solicitudes deberán ser para actuacións diferentes.

c) Cada solicitude individual poderá incluír máis dunha actuación. No suposto de solicitudes para investimentos presentadas por mancomunidades de concellos, consorcios locais e por agrupacións ou asociacións de concellos, cada proxecto deberá corresponderse cunha única actuación.

d) Os orzamentos máximos do proxecto ou actuacións solicitadas serán os establecidos no artigo 15.

e) A presentación dunha solicitude individual dun concello será compatible coa presentación dunha solicitude por parte da mancomunidade ou consorcio de que o concello forme parte ou coa participación do concello nunha solicitude conxunta de asociacións ou agrupacións de concellos.

2. Na liña en concorrencia non competitiva, os concellos poderán participar nunha solicitude individual e nunha solicitude conxunta. Os importes de ambas as dúas subvencións, individual e conxunta, non poderán superar a suma das cantidades consignadas no anexo V para os concellos partícipes.

3. Cando o órgano tramitador observe que un concello participa en máis dunha solicitude individual de concellos e/ou en máis dunha solicitude conxunta de agrupacións ou asociacións de concellos, porallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo.

De non se ter recibido comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

Artigo 11. Inadmisión de proxectos conxuntos, de mancomunidades ou de consorcios que non acrediten xestión compartida

Sen prexuízo doutros supostos en que proceda a inadmisión da solicitude, para as solicitudes formuladas por agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades e consorcios locais establécese expresamente a inadmisión daquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para o cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Por tanto, deberá quedar acreditado que a obra se executa ou o servizo se presta de forma conxunta, mancomunada ou consorciada e non supón, en ningún caso, unha actuación illada ou independente.

Artigo 12. Convenios reguladores da agrupación ou asociación de concellos e prazo de remisión

1. Aqueles concellos que desexen formular unha solicitude conxunta deberán regular a agrupación ou asociación mediante un convenio de colaboración.

2. O convenio de colaboración terá o seguinte contido orientativo:

a) Data e parte expositiva.

b) Concellos que subscriben o convenio e capacidade xurídica con que actúa cada unha das partes.

c) Obxecto.

d) Designación do concello representante.

e) Ámbito territorial.

f) Obxectivos da colaboración e actuacións que se acorden desenvolver para o seu cumprimento.

g) Xestión compartida do servizo.

h) Medios persoais e materiais, de ser o caso.

i) Causas de resolución.

j) Prazo de vixencia do convenio.

k) Natureza do convenio.

3. En todo caso, o convenio de colaboración que regule a agrupación ou asociación de concellos deberá recoller o seguinte contido obrigatorio:

a) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación ou asociación.

b) Importes e porcentaxes de financiamento do proxecto que achegará cada un dos concellos participantes. En ningún caso a participación de cada un dos concellos poderá ser inferior ao 25 % do orzamento total do proxecto. En agrupacións ou asociacións de catro ou máis concellos, as porcentaxes de participación deberán ser a partes iguais.

c) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

d) O compromiso de non disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O convenio de colaboración subscrito entre as partes deberá achegarse no prazo máximo dun mes contado desde a notificación da resolución de concesión da subvención, aínda que se poderá presentar coa solicitude de subvención.

5. No caso de presentar o convenio asinado xunto coa solicitude, xa non será exixible presentalo unha vez notificada a concesión da subvención.

Artigo 13. Distribución orzamentaria do crédito destinado ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva

1. A axuda económica que se conceda será en función das solicitudes presentadas en cada unha das liñas de subvención e segundo a seguinte distribución orzamentaria inicial:

a) Para a liña de subvencións en concorrencia non competitiva, isto é, destinada aos concellos de forma individual ou conxunta, segundo o establecido nesta orde, cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e igualmente aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, destinarase un total de 6.007.596,00 €, con cargo ás aplicacións 05.23.141A.761.0 e 05.23.141A.461.0, conforme os seguintes criterios e para actuacións segundo o exposto nesta orde:

1. Os concellos que teñan instalados aeroxeradores dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 4.956.604,80 euros segundo o anexo V, repartidos de xeito proporcional con base no número de aeroxeradores.

2. Os concellos afectados por instalacións de conexión ou vías de evacuación dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 1.050.991,20 euros segundo a repartición do anexo V. Os importes individuais determínanse de xeito proporcional ao número de metros de instalación de conexión e vías de evacuación, establecendo un importe mínimo de 2.000,00 euros.

b) Para a liña de subvencións en concorrencia competitiva, isto é, destinada a todos os concellos de Galicia, de forma individual, agrupados ou asociados, ás mancomunidades de concellos e aos consorcios locais, destinarase un total de 1.707.578,00 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0, consonte a distribución inicial indicada no artigo 2 desta orde, sen prexuízo do previsto na alínea 1.b) dese mesmo artigo.

2. Considerando que, segundo a regulación contida na Lei 8/2009, do 22 de decembro, resultan elixibles tanto os gastos de investimento como os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, cómpre situar créditos no capítulo IV e no capítulo VII.

No entanto, non é posible coñecer de antemán os importes totais que se van conceder con cargo a cada capítulo e, por outra banda, os expedientes na liña non competitiva resólvense segundo se completan, o que impide esperar por unha única resolución.

Polo tanto, as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo. A súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde, que deberán recoller os importes parciais das subvencións concedidas, clasificados de acordo co orzamento achegado por cada entidade como parte do proxecto que fundamenta a resolución de concesión.

O previsto neste punto requirirá, de ser o caso, a tramitación previa das preceptivas transferencias de crédito de acordo coa regulación prevista na normativa vixente para estas modificacións orzamentarias.

3. No suposto de que algún concello dos relacionados no anexo V non presente a solicitude de subvención, non cumpra os requisitos da convocatoria ou sexa declarado desistido da súa solicitude, a cantidade que teña asignada poderá incrementar o importe total da liña de subvención competitiva.

Non obstante, tamén se poderá dedicar a cubrir outras necesidades dos concellos relacionadas coa finalidade do Fondo de Compensación Ambiental.

Artigo 14. Orzamento máximo, importes máximos subvencionables e límite de subvención para gastos de funcionamento na liña en concorrencia non competitiva

1. Na liña de subvención de natureza non competitiva non se sinala un límite para o orzamento total das actuacións, pero a cantidade orzada para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, non poderá superar o 50 % do orzamento total.

2. A cantidade máxima da subvención a tanto global por concello segundo esta orde será a suma das cantidades establecidas no anexo V. En ningún caso o importe da subvención poderá superar o orzamento total das actuacións para as cales o concello solicita subvención.

3. O importe da subvención para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, non poderá ser superior ao 50 % da suma das cantidades consignadas para cada concello no anexo V desta orde, incluído, de ser o caso, o importe destinado á xestión compartida nos termos do artigo 9.3.

4. Nas solicitudes conxuntas, o importe da subvención non superará a suma dos importes consignados no anexo V para cada un dos concellos asociados ou agrupados nesa mesma solicitude.

5. Os concellos que presenten solicitude individual e solicitude conxunta, cando consignen nas respectivas solicitudes os importes das subvencións solicitadas, deberán ter en conta que a suma dos importes das subvencións concedidas a cada concello para unha solicitude individual e para unha solicitude conxunta en ningún caso superará a suma das cantidades consignadas para ese concello no anexo V.

Artigo 15. Orzamento máximo, importes máximos subvencionables e límite da subvención para gastos de funcionamento na liña en concorrencia competitiva

1. Na liña en concorrencia competitiva os orzamentos máximos das actuacións para as cales se solicita subvención e os límites de gastos de funcionamento serán os seguintes:

a) Solicitude individual de concellos: o orzamento total das actuacións para as cales soliciten subvención non poderá ser superior a 40.000,00 euros, sen que os gastos de funcionamento poidan representar máis do 50 % do orzamento total.

b) Solicitudes individuais presentadas por mancomunidades, consorcios ou por concellos resultantes dunha fusión municipal ou en proceso de fusión, e solicitudes conxuntas de agrupacións ou asociacións de concellos: o orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención conxunta non será superior a 60.000,00 euros, sen que os gastos de funcionamento poidan representar máis do 50 % do orzamento total.

2. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o orzamento total non poderá ser superior a:

a) 20.000,00 euros nas solicitudes individuais de concellos.

b) 30.000,00 euros nas solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos, e por concellos resultantes dunha fusión municipal ou en proceso de fusión.

3. Para aqueles proxectos subvencionados consonte a liña de subvención de natureza competitiva, as porcentaxes e importes de subvención establécense segundo a modalidade de solicitude:

a) Solicitude individual dun concello: a porcentaxe máxima de subvención será do 80 % do orzamento presentado, co límite de 32.000,00 euros por solicitude. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o importe máximo da subvención será de 16.000,00 euros.

b) Solicitudes de mancomunidades, consorcios locais, concellos resultantes dunha fusión municipal ou en proceso de fusión, ou de concellos asociados ou agrupados: a porcentaxe máxima de subvención será do 80 % do orzamento presentado, co límite de 48.000,00 euros. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o importe máximo da subvención será de 24.000,00 euros.

Artigo 16. Obriga de execución e xustificación da subvención segundo o orzamento presentado

As entidades beneficiarias das subvencións están obrigadas a executar o proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamenta a resolución de concesión, de conformidade co especificado nas memorias e/ou proxectos presentados e nos orzamentos que os integran, que terán o nivel de detalle suficiente, sen prexuízo da modificación das características do proxecto subvencionado que o órgano competente poida autorizar consonte as prescricións da normativa de aplicación.

Artigo 17. Achega de financiamento propio nas actividades subvencionadas

1. De conformidade co previsto no artigo 21.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a subvención de natureza non competitiva fíxase como un importe certo e sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total, polo que se entenderá que queda por conta do beneficiario a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada.

No caso de que a execución do proxecto subvencionado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, o pagamento da subvención realizarase de acordo co custo real do proxecto executado e xustificado, ata o límite do importe concedido.

2. Na liña en concorrencia competitiva, o orzamento do proxecto servirá de referencia para a determinación do importe da subvención, que se calculará como unha porcentaxe sobre o custo das actuacións subvencionadas.

Nesta liña, no caso de que a execución do proxecto subvencionado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, o pagamento da subvención realizarase de acordo co custo real do proxecto executado e xustificado sobre o cal se aplicará a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión, ata o límite do importe concedido.

3. En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supor unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 18. Forma e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal:

a) Anexo I: subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos (PR483A).

b) Anexo II: subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos agrupados ou asociados (PR483B).

c) Anexo III: subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais (concellos, mancomunidades ou consorcios) (PR483C).

d) Anexo IV: subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados ou agrupados (PR483D).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 30/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Artigo 19. Documentación complementaria á solicitude individual de concellos, mancomunidades ou consorcios (PR483A e PR483C)

1. As entidades locais interesadas (concellos individualmente, mancomunidades ou consorcios) deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local solicitante, incluída no anexo I ou III desta orde, segundo proceda, en que se faga constar:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que a entidade local non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade local está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.

3. Os datos de estimación directa e indirecta do número de empregos creados ou mantidos coas actuacións solicitadas, con especificación do número de contratos e da duración de cada un.

4. Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria na cal se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se presentan son certos.

b) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade local solicitante no modelo do anexo VI, na cal se faga constar:

1. O acordo do órgano competente da entidade local polo cal se solicita a subvención para os gastos de funcionamento, obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

O acordo estará referido a todas as actuacións que integran o proxecto, polo que deberá consignarse a denominación e orzamento de cada unha, así como o orzamento total.

O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. A remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020, a que fai referencia o artigo 8.1 desta orde. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo cal se consignará a data de remisión ao Consello de Contas, e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

c) Memoria xustificativa: en todos os casos, incluirase unha memoria das actuacións para as cales solicitan subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, que conterá a xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

Nas solicitudes presentadas ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo o criterio establecido no artigo 24.3, para o cal conterá as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención.

Para a valoración da solicitude segundo os criterios establecidos no artigo 24.1.e), nas solicitudes presentadas por mancomunidades de concellos ou consorcios locais esta memoria xustificativa incluirá unha memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

2. Ademais da documentación xeral indicada no número 1 deste artigo, as entidades locais solicitantes deberán achegar a seguinte documentación específica, segundo proceda:

a) Solicitudes para gastos de funcionamento. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, a entidade local solicitante deberá xuntar:

1. Unha memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

2. Certificación á cal se refire o artigo 6, emitida pola secretaría da entidade solicitante no modelo do anexo VI, asinada electronicamente, relativa á vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións de protección do ambiente e do espazo natural.

b) Solicitudes para obras: nas solicitudes para obras deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade local, no modelo do anexo VI, referida á plena dispoñibilidade da entidade solicitante sobre os terreos e predios onde se pretenden realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que a entidade, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, ten a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. O/os proxecto/s ou anteproxecto/s da/das obra/s que se vaian realizar co seguinte contido mínimo:

a. Memoria explicativa.

b. Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

c) Solicitudes para equipamento: nas solicitudes para equipamento deberá achegarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 20. Documentación complementaria á solicitude conxunta de concellos, asociados ou agrupados (PR483B e PR483D)

1. Os concellos que presenten solicitude conxunta segundo o establecido no artigo 9 desta orde deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Declaración responsable asinada electronicamente polo/a alcalde/sa representante da asociación ou agrupación de concellos incluída no anexo II ou IV desta orde, segundo proceda, na cal se faga constar, con base nas declaracións responsables emitidas polos/as alcaldes/sas de cada un dos concellos asociados ou agrupados participantes na solicitude:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas soliciten e/ou obteñan doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que ningún dos concellos integrantes da asociación ou agrupación está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que os concellos están ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.

3. Os datos de estimación directa e indirecta do número de empregos creados ou mantidos coas actuacións solicitadas, con especificación do número de contratos e da duración de cada un.

4. Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se achegan son certos.

As declaracións orixinais emitidas polos concellos integrantes da asociación ou agrupación deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

b) Certificación emitida pola persoa secretaria do concello representante no modelo do anexo VII e asinada electronicamente, na cal se faga constar, segundo os acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polas persoas secretarias dos concellos participantes na solicitude:

1. Que acordan solicitar subvención para os gastos de funcionamento, obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

O acordo estará referido a todas as actuacións que integran o proxecto, polo que deberá consignarse a denominación e orzamento de cada unha, así como o orzamento total.

O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación ou asociación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a, perceptor/a e xustificador/a da axuda.

3. O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

4. Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2020, segundo exixe o artigo 8.1. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números 1, 2, 3 e 4 anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude conxunta.

Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da asociación ou agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas secretarias destes concellos, entre as cales estará, en todo caso, a certificación de plena dispoñibilidade dos terreos emitida pola persoa secretaria do concello en que se van executar as obras, deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

c) Memoria xustificativa: a entidade solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa das actuacións para as cales solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou alcaldesa representante, co seguinte contido:

1. Xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

2. Memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

Na liña en concorrencia competitiva, esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo os criterios establecidos no artigo 24.3, para o cal conterá as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención.

2. Ademais da documentación xeral indicada no número 1 deste artigo, as agrupacións ou asociacións de concellos solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica, segundo proceda:

a) Solicitudes para gastos de funcionamento. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, a entidade solicitante deberá xuntar:

1. Unha memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa representante, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

2. Certificación a que se refire o artigo 6, emitida e asinada electronicamente pola secretaría do concello representante da entidade solicitante no modelo do anexo VII, relativa á vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións de protección do ambiente e do espazo natural.

b) Solicitudes para obras. Nas solicitudes para obras deberá presentarse a seguinte documentación:

1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello representante, no modelo do anexo VII, referida á plena dispoñibilidade da entidade solicitante sobre os terreos e predios onde a agrupación/asociación de concellos pretende realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que todos os concellos en que se vaian realizar as actuacións, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, teñen a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios. O incumprimento destes requisitos, aínda que afecte unha soa das entidades participantes, constituirá causa de inadmisión da solicitude da agrupación de concellos.

2. O proxecto ou anteproxecto da obra que se vaia realizar, co seguinte contido mínimo:

a. Memoria explicativa.

b. Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

c) Solicitudes para equipamento. Nas solicitudes para equipamento deberá presentarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa representante da entidade solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

4. Xunto coa solicitude de subvención poderá presentarse o convenio de colaboración subscrito entre as partes, cos requisitos e contido obrigatorio establecidos no artigo 12. De optar por presentalo xunto coa solicitude, xa non será preceptivo achegalo no prazo determinado no artigo 12.4.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 21. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 22. Defectos na solicitude e outra documentación

1. A Dirección Xeral de Administración Local, que será o órgano competente para a instrución do procedemento, poderá solicitar calquera documentación que considere necesaria para a correcta verificación da solicitude.

2. O defecto nas solicitudes seralles notificado ás entidades interesadas pola Dirección Xeral de Administración Local e, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo máximo e improrrogable de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación de que, de non o faceren así, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución que se deberá ditar nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 23. Instrución e resolución

1. Cada liña de subvención das establecidas nesta orde poderá ser instruída, tramitada e resolta en pezas separadas.

2. Na liña en concorrencia competitiva, unha vez recibidas e tramitadas as solicitudes de subvención e a súa documentación, as solicitudes que reúnan os requisitos exixibles serán analizadas por unha comisión de valoración presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e da cal formarán parte as persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia. Actuará como secretario ou secretaria a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais ou unha persoa funcionaria da dita dirección xeral con nivel mínimo de xefatura de servizo.

Realizada a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 24, da cal quedará constancia mediante acta motivada, a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local elevará proposta á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quen resolverá.

3. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e xa que para a liña de subvención en concorrencia non competitiva non se aplica valoración ningunha ao ter preasignada unha cantidade máxima de subvención segundo a relación do anexo V, conforme as entidades solicitantes presenten a documentación de forma completa e correcta e se verifique esta máis o cumprimento dos demais requisitos para a concesión, a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local poderá elevarlle sucesivas propostas parciais de concesión á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quen resolverá.

4. O prazo para resolver e notificar os procedementos de subvención iniciados en virtude desta orde será de catro meses contados desde o día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O vencemento do prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima os interesados para entenderen desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Contra esta resolución as entidades interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

5. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións o texto da convocatoria e a información requirida por esta.

Artigo 24. Criterios de avaliación e repartición

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades ao abeiro da liña de subvencións en concorrencia competitiva ponderaranse os seguintes aspectos ata un máximo de 100 puntos, de acordo coas puntuacións parciais que para cada un se indican:

1. Co fin de fomentar a realización de proxectos conxuntos, incentivaranse as solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos para a realización dun proxecto común, para o cal se reservan ata 30 puntos da puntuación total. Para a valoración deste criterio teranse en conta:

a) Pola presentación dunha solicitude conxunta asígnanse: 10 puntos.

b) O número de concellos participantes no proxecto para o cal se solicita subvención: ata 3 puntos.

c) O número de servizos que se van prestar de forma compartida: ata 3 puntos.

d) A repercusión do proxecto medida con respecto ao orzamento total dos concellos participantes: ata 4 puntos.

e) Valoración dunha memoria de aforro de custos respecto da execución das actuacións subvencionadas de xeito individual: ata 10 puntos.

2. En caso de presentar solicitude unha entidade resultante dunha fusión municipal ou en proceso de fusión, outorgaránselle os 30 puntos previstos na alínea 1 pola simple presentación da solicitude.

3. Valoraranse as necesidades das actuacións solicitadas, de acordo co exposto na memoria xustificativa indicada nos artigos 19.1.c) e 20.1.c): ata 20 puntos.

4. Priorizaranse os proxectos subvencionables de acordo coas seguintes categorías, atribuíndolle unha puntuación máxima de 10 puntos:

a) Vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco: 10 puntos.

b) Proxectos de eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables na luz pública, nas instalacións e edificios municipais e os equipamentos de alta eficiencia enerxética: 8 puntos.

c) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental e para o control ambiental, incluída a contratación de persoal e a adquisición de vehículos e maquinaria para a protección ambiental: 6 puntos.

d) Edificios, infraestruturas e equipamentos destinados á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e as intervencións nos núcleos para a integración no contorno natural: 4 puntos.

e) Campañas divulgativas, plans e proxectos ambientais: 2 puntos.

5. Por outra banda, co obxecto de potenciar un reequilibrio territorial, considerarase a circunstancia de avellentamento poboacional, tendo en conta a poboación de 65 ou máis anos en relación co total da poboación do concello ou concellos, que se puntuará ata 15 puntos.

6. Maior ratio de investimento por habitante realizado en materia ambiental pola/s entidade/s durante os últimos cinco anos e certificado polo interventor de cada entidade participante na solicitude: ata 5 puntos. Para estes efectos, deberá presentarse certificado do interventor do investimento medio por habitante en materia ambiental nos últimos cinco anos mediante a fórmula:

Investimento total en ambiente últimos 5 anos/poboación da entidade.

7. Afección territorial do proxecto solicitado que contribúe á conservación e coñecemento dos recursos naturais e ambientais para o benestar dos cidadáns: ata 10 puntos. Neste criterio valorarase a existencia de espazos da Rede Natura que afecten o 50 % ou máis do territorio do concello ou concellos integrados no proxecto para o cal se solicita subvención.

8. Por acreditar unha boa xestión: ata 7,5 puntos. A valoración deste criterio realizarase de acordo cun informe emitido pola intervención da entidade solicitante (concello, mancomunidade ou consorcio, segundo proceda) no cal se fagan constar os seguintes datos:

a) Que a entidade local rendeu as contas do exercicio 2020 dentro do prazo legalmente establecido: 2 puntos.

b) Que a entidade local cumpriu coa estabilidade orzamentaria no exercicio 2020: 2,5 puntos.

c) Que a entidade local aprobou no prazo legalmente establecido o orzamento para o exercicio 2020 e non tivo prorrogado o do exercicio anterior: 3 puntos.

No caso das asociacións ou agrupacións de concellos, as puntuacións asignaranse de acordo cos certificados emitidos polas respectivas intervencións municipais e só se puntuarán aqueles datos acreditados por todos os concellos que integran a solicitude.

9. De conformidade co establecido no artigo 20.2.l) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por utilización da lingua galega na realización das actividades para as cales se solicita axuda, acreditada mediante compromiso expreso do concello presentado xunto coa solicitude: 2,5 puntos.

Para a asignación de puntuacións naqueles criterios que incorporan referencias a datos de poboación, utilizaranse as cifras oficiais publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

Artigo 25. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpren a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 26. Aceptación da subvención e remisión do convenio de colaboración

1. A entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela, ou ben comunicar a renuncia á subvención concedida. Neste último caso, para as subvencións concedidas a agrupacións ou asociacións de concellos, o escrito de renuncia deberá vir subscrito pola persoa representante de cada un dos concellos.

Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a subvención.

2. De non telo achegado xunto coa solicitude, as agrupacións ou asociacións de concellos deberán remitir, no prazo dun mes contado desde a notificación de concesión, o convenio de colaboración subscrito entre as partes, cos requisitos e contido obrigatorio establecidos no artigo 12.

3. A aceptación da subvención implica, en todo caso, o compromiso de execución completa do proxecto que fundamentou a resolución de concesión e de destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foi concedida.

4. A Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

Artigo 27. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Xustificar ante o órgano concedente, nos prazos e na forma establecidos nestas bases reguladoras e demais normativa de aplicación, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar todas as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16 destas bases reguladoras.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das entidades locais. Serán os concellos contratantes os responsables directos das consecuencias que dos incumprimentos poidan derivar.

5. Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.

b) Incumprimento da obriga de xustificar os pagamentos derivados da execución do proxecto subvencionado, nos termos establecidos no artigo 35 desta orde.

c) En todo caso, será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.

d) Incumprimento da normativa vixente en materia de contratación do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das entidades locais.

e) Incumprimento da obriga de destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, durante un período mínimo de cinco anos. O incumprimento da obriga de destino referida producirase, en todo caso, co alleamento ou gravame dos bens e estes quedarán afectos ao pagamento do reintegro, calquera que for o seu posuidor.

f) Incumprimento da obriga de dar a adecuada publicidade do cofinanciamento das actuacións nos termos establecidos nestas bases reguladoras, en especial as fixadas no artigo 29, de conformidade co artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

g) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.

Nas solicitudes agrupadas ou asociadas responderán do reintegro todos os concellos de forma solidaria.

6. Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concede esta subvención durante un período mínimo de cinco anos e reintegrar as cantidades percibidas no caso de incumprimento desta obriga. A axuda só será definitiva se non sofre antes de transcorridos cinco anos do seu remate unha modificación importante que afecte a natureza do investimento ou o seu réxime de propiedade.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

8. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

9. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

10. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as obrigas de publicidade dos proxectos subvencionados establecidas nestas bases reguladoras, en especial as fixadas no artigo 29.

11. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e prestar colaboración e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 28. Contratación

1. As entidades beneficiarias poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións que integran o proxecto subvencionado e que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación das obras, subministracións ou servizos será realizada polas entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, especificamente a que rexe as contratacións das entidades locais, e serán as entidades locais contratantes as responsables directas das consecuencias que dos incumprimentos poidan derivar.

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para o contrato menor na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, as entidades beneficiarias deberán acreditar, xunto coa documentación xustificativa da subvención, a publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da dita lei.

Tamén deberán achegar a resolución de adxudicación da obra e/ou equipamento na cal se xustifique que a elección entre as ofertas presentadas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

Artigo 29. Publicidade dos proxectos subvencionados

1. No caso de obras por importe superior a 20.000,00 €, a entidade beneficiaria deberá dar publicidade da actuación mediante a colocación dun cartel anunciador en que conste expresamente o financiamento da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, segundo o modelo do anexo X e de acordo coa imaxe corporativa oficial da Xunta de Galicia.

Se a subvención comprende varios proxectos de obra, a obriga de publicidade entenderase referida a cada un dos proxectos que supere o importe indicado.

Ademais do anterior, as entidades locais que reciban subvención para un proxecto que inclúa actuacións en varios lugares deberán colocar, en todos os lugares en que as actuacións se desenvolvan, os respectivos carteis informativos durante a execución, segundo o modelo que se incorpora como anexo X a esta orde.

2. No suposto da adquisición de vehículos, a entidade beneficiaria deberá incluír na rotulación daqueles o logotipo da Xunta de Galicia, de acordo coa imaxe corporativa oficial, e o lema «Fondo de Compensación Ambiental», e fará constar expresamente o financiamento da Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, sen prexuízo de que o beneficiario incorpore o seu propio escudo e a indicación do servizo ao cal estará afectado o dito vehículo. Para isto, seguirase o modelo establecido no anexo XI.

3. Sen prexuízo do previsto no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o incumprimento da obriga da entidade beneficiaria da subvención de dar a adecuada publicidade do financiamento con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental das actuacións, naqueles supostos en que sexa exixible, será causa de perda do dereito ao cobramento da subvención. Se é o caso, será tamén causa de reintegro das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que correspondan, de acordo co establecido no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 33.d) da citada norma, e seguirase o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 30. Xustificación das subvencións

1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a conta xustificativa ata o 31 de outubro de 2022.

2. No suposto de solicitudes conxuntas de concellos agrupados ou asociados, será o concello representante e perceptor da subvención o que deba presentar a xustificación.

3. Cando deban xustificarse gastos de investimento e de custos de funcionamento dos servizos dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, a conta xustificativa realizarase de forma separada, e deberán presentar unha conta para os gastos de investimento e outra para xustificar os gastos de funcionamento.

4. Para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar no prazo establecido no número 1 deste artigo a conta xustificativa integrada pola documentación que se establece nos artigos seguintes.

Artigo 31. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar investimentos

1. A conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar investimentos, que deberán achegar as entidades beneficiarias das subvencións no prazo indicado no artigo 30, é a seguinte:

a) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante da entidade beneficiaria (concello, mancomunidade, consorcio, agrupación ou asociación de concellos), segundo o modelo do anexo IX desta orde, en que se faga constar:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que a/as entidade/s beneficiaria/s non está/n incursa/s en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria/s dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 31.7 e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que as entidades locais beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedoras por resolución de procedemento de reintegro.

Nas contas xustificativas de agrupacións ou asociacións de concellos, a declaración da entidade representante entenderase feita de acordo coas emitidas respectivamente polo alcalde ou alcaldesa de cada un dos concellos participantes.

b) Certificación emitida e asinada electronicamente no modelo do anexo VIII pola persoa secretaria do concello beneficiario ou do concello representante, no caso de agrupacións ou asociacións de concellos, relativa:

1. Á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, na cal se faga constar de forma detallada:

– O cumprimento da finalidade da subvención.

– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga por parte do órgano competente.

2. Que os gastos de persoal incorporados na relación anterior foron aplicados á execución do proxecto subvencionado dentro do prazo de execución e xustificación establecido no artigo 30 da orde (deberán precisarse co grao de detalle recollido no mesmo anexo VIII).

3. Que, segundo informe da intervención municipal, se tomou razón na contabilidade do gasto correspondente á execución do proxecto subvencionado.

4. Que, segundo informe da persoa secretaria do concello, a contratación das obras, equipamentos ou servizos se realizou consonte a normativa de contratación do sector público.

5. Nos supostos en que sexa exixible, consonte o artigo 28 desas bases reguladoras, a entidade beneficiaria deberá presentar:

a) Documento acreditativo da publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

b) Copia da resolución de adxudicación da obra ou equipamento onde quede acreditado que a elección entre as ofertas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

c) En cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 29 desta orde, deberán achegar ademais:

1. En obras por importe superior a 20.000,00 euros, achegaranse fotografías, en soporte dixital, do lugar ou lugares onde efectuasen as actuacións, tomadas antes, durante e con posterioridade á súa realización. A presentación das fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o momento da execución a que correspondan e deberá apreciarse a colocación do cartel ou carteis no lugar ou lugares das obras e a súa adecuación ao modelo do anexo X desta orde.

2. No caso de subvencións para vehículos, achegaranse fotografías en soporte dixital do vehículo nas cales se aprecie a rotulación coa publicidade do cofinanciamento das actuacións con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, segundo o modelo do anexo XI desta orde.

d) A adquisición de bens de segunda man será subvencionable sempre que se achegue a seguinte documentación xustificativa:

1. Unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e que non foron obxecto de ningunha outra subvención.

2. Certificación de taxador independente que acredite que o prezo do ben non é superior ao valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera documentación necesaria para a correcta verificación da subvención.

3. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 32. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural

1. A conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar os custos de funcionamento dos servizos de protección do ambiente e do espazo natural, que deberán achegar as entidades beneficiarias das subvencións no prazo indicado no artigo 30, estará integrada polos seguintes documentos:

a) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante da entidade beneficiaria (concello, mancomunidade, consorcio, agrupación ou asociación de concellos), segundo o modelo do anexo IX desta orde, en que se faga constar:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que a entidade ou entidades beneficiarias non están incursas en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 31.7 e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que as entidades locais beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedoras por resolución de procedemento de reintegro.

Nas contas xustificativas de agrupacións ou asociacións de concellos, a declaración da entidade representante entenderase feita de acordo coas emitidas respectivamente polo alcalde ou alcaldesa de cada un dos concellos participantes.

b) Certificación emitida e asinada electronicamente no modelo do anexo VIII pola persoa secretaria do concello beneficiario ou do concello representante, no caso de agrupacións ou asociacións de concellos, relativa:

1. Á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, na cal se faga constar de forma detallada:

– O cumprimento da finalidade da subvención.

– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga por parte do órgano competente.

2. Que os gastos de persoal incorporados na relación anterior foron aplicados á execución do proxecto subvencionado dentro do prazo de execución e xustificación establecido no artigo 33 da orde (deberán precisarse co grao de detalle recollido no mesmo anexo VIII).

3. Que, segundo informe da intervención municipal, se tomou razón na contabilidade do gasto correspondente á execución do proxecto subvencionado.

4. Que, segundo informe da persoa secretaria do concello, a contratación das obras, equipamentos ou servizos se realizou consonte a normativa de contratación do sector público.

5. Nos supostos en que sexa exixible, consonte o artigo 28 desas bases reguladoras, a entidade beneficiaria deberá presentar:

a) Documento acreditativo da publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

b) Copia da resolución de adxudicación da obra ou equipamento, onde quede acreditado que a elección entre as ofertas se realizou con base en criterios de adxudicación fundados na mellor relación calidade-prezo ou, nos supostos permitidos pola lei, nun único criterio de adxudicación relacionado cos custos.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera documentación necesaria para a correcta verificación da subvención.

3. A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto nos artigos 45.2 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 33. Libramento das subvencións

1. A Dirección Xeral de Administración Local, de atopar conforme a xustificación presentada, proporá o libramento dos fondos na contía que corresponda, sempre que a entidade beneficiaria cumpra a obriga de realizar, dentro do prazo establecido nestas bases reguladoras, o proxecto completo que fundamentou a concesión e de xustificar a súa execución nos prazos e na forma establecidos nestas bases reguladoras.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da xustificación.

3. No caso de subvencións superiores a 60.000,00 €, con carácter previo á proposta de pagamento, realizarase a comprobación material do investimento, do cal quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada por unha persoa representante da Administración e pola persoa representante da entidade beneficiaria. A comprobación pode efectuala un representante distinto do concedente da subvención. Excepcionalmente, poderase substituír esta comprobación por unha xustificación documental que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

4. Para os efectos do previsto no artigo 30.2 da Lei de subvencións de Galicia, encoméndaselles ás delegacións territoriais da Xunta de Galicia a realización das comprobacións materiais que deriven desta orde.

Artigo 34. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. Sen prexuízo de calquera outra causa que derive da normativa aplicable á subvención, constitúen causas de perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención as seguintes:

a) Non presentar toda a documentación xustificativa no tempo e na forma exixibles consonte o establecido nesta orde ou a súa presentación insuficiente ou incompleta con respecto aos termos exixidos polos artigos 30 a 32 desta orde.

b) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención. Sen prexuízo doutros supostos, considéranse incumprimentos os seguintes:

1. Non executar, dentro do prazo establecido nestas bases reguladoras, o proxecto completo que fundamentou a resolución de concesión.

2. Incumprimento das obrigas de publicidade establecidas nesta orde, particularmente a obriga de colocar cartel de obra e/ou rotulación do vehículo, e non achegar as fotografías que acrediten o cumprimento destas obrigas cos requisitos establecidos para a súa presentación nos artigos 30 a 32.

3. Incumprimento da normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas na tramitación e contratación das obras, subministracións ou servizos que constitúen o obxecto da subvención.

4. Non presentar o convenio de colaboración exixido polo artigo 12 na forma e nos prazos establecidos nestas bases reguladoras.

5. Calquera outra causa que poña de manifesto que a entidade non reunía os requisitos para ser beneficiaria destas subvencións ou a alteración dos supostos que serviron de base para a avaliación das solicitudes.

2. A perda do dereito ao cobramento será total ou parcial, segundo afecte todas ou algunha das actuacións que integran o proxecto que fundamenta a resolución de concesión.

Artigo 35. Acreditación da efectividade dos pagamentos

1. De conformidade co artigo 3.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e para os efectos do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

2. Sen prexuízo do anterior, a entidade beneficiaria está obrigada a acreditar documentalmente, mediante xustificante de transferencia bancaria, a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes á execución das actuacións subvencionadas e relacionados na certificación de gastos presentada. Estes pagamentos deberán estar realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria da entidade beneficiaria de cada un dos aboamentos da subvención concedida.

Para o cómputo do prazo dos sesenta días naturais, a entidade beneficiaria presentará un certificado da intervención municipal en que se faga constar a data de ingreso na conta bancaria do concello do aboamento da subvención.

3. O xustificante da transferencia bancaria estará debidamente identificado e selado pola entidade bancaria, agás que o pagamento se realice mediante banca electrónica. Neste caso, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado electronicamente pola persoa representante da entidade beneficiaria das subvencións.

4. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da efectividade dos pagamentos realizados.

Artigo 36. Cantidades dispoñibles

As cantidades que resultaren sobrantes por causa de renuncia expresa, non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias, minoración por menor xustificación das cantidades inicialmente aprobadas, perda do dereito ao cobramento da subvención ou calquera outra causa aplicable poderán dedicarse a subvencionar aquelas entidades que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro da liña competitiva.

Non obstante, tamén se poderá dedicar a cubrir outras necesidades das entidades locais relacionadas coa finalidade do Fondo de Compensación Ambiental.

Artigo 37. Incumprimento das condicións impostas

1. Transcorrido o prazo establecido no artigo 30 sen ter presentado as correspondentes xustificacións, producirase a perda do dereito da entidade beneficiaria ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, e poderá esta vicepresidencia primeira e consellería utilizar este crédito en beneficio doutros posibles beneficiarios, sen prexuízo do previsto nos artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. O incumprimento da obriga de xustificación, en particular da obriga de acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos recollida no artigo 35 desta orde, dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro da subvención previsto no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 27 destas bases reguladoras, así como as establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en todo caso nos supostos establecidos no artigo 33 da dita lei, a entidade comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 38. Modificación

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As presentes bases habilitan para autorizar as modificacións das características dos proxectos subvencionados atendendo aos obxectivos e requisitos da orde e ao cumprimento da normativa de aplicación, en particular, ao establecido no artigo 7 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

A autorización para a modificación do proxecto acordarase por solicitude da entidade beneficiaria, mediante resolución do órgano competente para a concesión destas axudas, sempre que non se cause prexuízo a terceiro.

3. Malia o anterior e sen necesidade de instar procedemento de modificación de subvención, poderanse aceptar variacións nas partidas de gasto do proxecto subvencionado sempre que as variacións non superen en conxunto o 20 % do orzamento total, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e condicións que foron tidas en conta para a resolución de concesión.

Artigo 39. Alteración dos modelos normalizados

Non se aceptará ningún modelo normalizado que os concellos solicitantes ou beneficiarios deban presentar segundo as prescricións destas bases reguladoras que conteña emendas ou riscaduras.

Calquera observación ou aclaración que os interesados precisen realizarase nun documento á parte.

O incumprimento desta norma podería dar lugar á inadmisión da solicitude, á perda do dereito ao cobramento da subvención ou ao seu reintegro.

Artigo 40. Concorrencia de axudas e subvencións públicas

Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Porén, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 41. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 42. Información relativa á orde de convocatoria

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Administración Local, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (http://cpapx.xunta.gal) ou na páxina web www.eidolocal.gal

b) Nos teléfonos 881 99 72 58 (liña en concorrencia non competitiva) e 881 99 71 71 (liña en concorrencia competitiva).

c) No enderezo electrónico administracionlocal@xunta.gal

Disposición derradeira primeira

De conformidade co previsto no artigo 4 da Orde do 29 de decembro de 2017 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e noutros órganos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e entidades adscritas (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro), delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local a competencia para resolver os procedementos de subvención que se inicien en virtude desta orde.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Disposición derradeira cuarta

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Aplicacións orzamentarias: 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0

Crédito orzamentario: 6.007.596,00 €

Concello

Provincia

Número de aeroxeradores

Importe máximo de subvención por aeroxeradores

Lonxitude liñas

Importe máximo de subvención por liñas

Importe máximo de subvención total

Abadín

Lugo

200

246.720,00

19.743,00

24.287,10

271.007,10

Agolada

Pontevedra

11

13.569,60

100,00

2.000,00

15.569,60

Alfoz

Lugo

35

43.176,00

892,00

2.000,00

45.176,00

Antas de Ulla

Lugo

2

2.467,20

5.500,00

6.765,89

9.233,09

Aranga

A Coruña

15

18.504,00

14.623,00

17.988,67

36.492,67

Arbo

Pontevedra

23

28.372,80

2.736,00

3.365,72

31.738,52

Arteixo

A Coruña

2

2.467,20

1.711,00

2.104,81

4.572,01

Arzúa

A Coruña

0

0,00

1.568,00

2.000,00

2.000,00

Avión

Ourense

40,5

49.960,80

0,00

0,00

49.960,80

Baleira

Lugo

20,5

25.288,80

13.690,00

16.840,93

42.129,73

Baltar

Ourense

4

4.934,40

0,00

0,00

4.934,40

Bande

Ourense

4

4.934,40

0,00

0,00

4.934,40

Baralla

Lugo

1

1.233,60

0,00

0,00

1.233,60

Beariz

Ourense

0

0,00

10.903,00

13.412,46

13.412,46

Boborás

Ourense

0

0,00

7.183,00

8.836,26

8.836,26

Boimorto

A Coruña

5,5

6.784,80

0,00

0,00

6.784,80

Boiro

A Coruña

1

1.233,60

453,00

2.000,00

3.233,60

Cabana de Bergantiños

A Coruña

13

16.036,80

8.497,00

10.452,69

26.489,49

Caldas de Reis

Pontevedra

4

4.934,40

73,00

2.000,00

6.934,40

Camariñas

A Coruña

42

51.811,20

6.346,00

7.806,61

59.617,81

Cañiza, A

Pontevedra

62

76.483,20

2.534,00

3.117,23

79.600,43

Capela, A

A Coruña

11

13.569,60

0,00

0,00

13.569,60

Carballedo

Lugo

10

12.336,00

0,00

0,00

12.336,00

Carballiño, O

Ourense

0

0,00

4.968,00

6.111,45

6.111,45

Cariño

A Coruña

44

54.278,40

0,00

0,00

54.278,40

Carnota

A Coruña

49,5

61.063,20

0,00

0,00

61.063,20

Castro Caldelas

Ourense

4

4.934,40

0,00

0,00

4.934,40

Castro de Rei

Lugo

0

0,00

20.299,00

24.971,07

24.971,07

Castroverde

Lugo

37

45.643,20

8.582,00

10.557,26

56.200,46

Catoira

Pontevedra

10

12.336,00

0,00

0,00

12.336,00

Cedeira

A Coruña

70

86.352,00

309,00

2.000,00

88.352,00

Celanova

Ourense

0

0,00

4.000,00

4.920,65

4.920,65

Cerceda

A Coruña

2

2.467,20

1.373,00

2.000,00

4.467,20

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

21

25.905,60

0,00

0,00

25.905,60

Cervo

Lugo

16,5

20.354,40

2.009,00

2.471,40

22.825,80

Chandrexa de Queixa

Ourense

35

43.176,00

4.769,00

5.866,65

49.042,65

Chantada

Lugo

21

25.905,60

18.492,00

22.748,17

48.653,77

Coristanco

A Coruña

29

35.774,40

13.650,00

16.791,72

52.566,12

Covelo

Pontevedra

49

60.446,40

7.566,00

9.307,41

69.753,81

Cualedro

Ourense

44,5

54.895,20

6.162,00

7.580,26

62.475,46

Cuntis

Pontevedra

3

3.700,80

0,00

0,00

3.700,80

Curtis

A Coruña

0

0,00

27.716,00

34.095,19

34.095,19

Dodro

A Coruña

5

6.168,00

0,00

0,00

6.168,00

Dumbría

A Coruña

114

140.630,40

5.737,00

7.057,44

147.687,84

Estrada, A

Pontevedra

2

2.467,20

5.104,00

6.278,75

8.745,95

Fonsagrada, A

Lugo

70

86.352,00

6.229,00

7.662,68

94.014,68

Forcarei

Pontevedra

105,5

130.144,80

16.676,00

20.514,19

150.658,99

Fornelos de Montes

Pontevedra

5

6.168,00

0,00

0,00

6.168,00

Foz

Lugo

9

11.102,40

0,00

0,00

11.102,40

Friol

Lugo

33

40.708,80

7.926,00

9.750,27

50.459,07

Guitiriz

Lugo

39

48.110,40

20.812,00

25.602,14

73.712,54

Irixo, O

Ourense

37

45.643,20

1.963,00

2.414,81

48.058,01

Irixoa

A Coruña

15,5

19.120,80

99,00

2.000,00

21.120,80

Lalín

Pontevedra

80

98.688,00

6.217,00

7.647,92

106.335,92

Lama, A

Pontevedra

51,5

63.530,40

48,00

2.000,00

65.530,40

Láncara

Lugo

3

3.700,80

25,00

2.000,00

5.700,80

Laracha, A

A Coruña

1

1.233,60

1.126,00

2.000,00

3.233,60

Leiro

Ourense

0

0,00

1.355,00

2.000,00

2.000,00

Lourenzá

Lugo

0

0,00

2.313,00

2.845,37

2.845,37

Lousame

A Coruña

15

18.504,00

0,00

0,00

18.504,00

Malpica de Bergantiños

A Coruña

7

8.635,20

1.208,00

2.000,00

10.635,20

Mañón

A Coruña

71

87.585,60

2.548,00

3.134,45

90.720,05

Mazaricos

A Coruña

123,5

152.349,60

34.118,00

41.970,69

194.320,29

Meira

Lugo

30

37.008,00

7.807,00

9.603,88

46.611,88

Melide

A Coruña

19

23.438,40

0,00

0,00

23.438,40

Melón

Ourense

18

22.204,80

0,00

0,00

22.204,80

Mondoñedo

Lugo

42

51.811,20

19.015,00

23.391,54

75.202,74

Monfero

A Coruña

25

30.840,00

261,00

2.000,00

32.840,00

Montederramo

Ourense

36

44.409,60

0,00

0,00

44.409,60

Muras

Lugo

381

470.001,60

30.349,00

37.334,21

507.335,81

Muros

A Coruña

41

50.577,60

3.940,00

4.846,84

55.424,44

Muxía

A Coruña

34

41.942,40

12.700,00

15.623,07

57.565,47

Narón

A Coruña

6

7.401,60

0,00

0,00

7.401,60

Negreira

A Coruña

49

60.446,40

7.701,00

9.473,48

69.919,88

Neves, As

Pontevedra

23

28.372,80

3.375,00

4.151,80

32.524,60

Nogueira de Ramuín

Ourense

53

65.380,80

6.821,00

8.390,94

73.771,74

Ortigueira

A Coruña

114

140.630,40

17.977,00

22.114,63

162.745,03

Ourol

Lugo

161,5

199.226,40

29.354,50

36.110,81

235.337,21

Outes

A Coruña

30

37.008,00

0,00

0,00

37.008,00

Padrón

A Coruña

2

2.467,20

362,00

2.000,00

4.467,20

Palas de Rei

Lugo

25

30.840,00

2.280,00

2.804,77

33.644,77

Parada de Sil

Ourense

17

20.971,20

0,00

0,00

20.971,20

Paradela

Lugo

27

33.307,20

2.959,00

3.640,05

36.947,25

Páramo, O

Lugo

4

4.934,40

0,00

0,00

4.934,40

Pastoriza, A

Lugo

28

34.540,80

19.291,00

23.731,07

58.271,87

Piñor

Ourense

2

2.467,20

0,00

0,00

2.467,20

Pobra do Caramiñal, A

A Coruña

48

59.212,80

3.548,00

4.364,62

63.577,42

Pol

Lugo

11,5

14.186,40

7.740,00

9.521,46

23.707,86

Ponteceso

A Coruña

9

11.102,40

18.713,00

23.020,03

34.122,43

Pontenova, A

Lugo

12

14.803,20

2.143,00

2.636,24

17.439,44

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

139

171.470,40

56.039,00

68.937,09

240.407,49

Porto do Son

A Coruña

51

62.913,60

12.510,00

15.389,33

78.302,93

Rianxo

A Coruña

6

7.401,60

0,00

0,00

7.401,60

Ribeira

A Coruña

0

0,00

5.357,00

6.589,98

6.589,98

Ribeira de Piquín

Lugo

33

40.708,80

0,00

0,00

40.708,80

Riotorto

Lugo

11,5

14.186,40

7.788,00

9.580,51

23.766,91

Rodeiro

Pontevedra

36

44.409,60

4.800,00

5.904,78

50.314,38

Rois

A Coruña

14

17.270,40

5.236,00

6.441,13

23.711,53

San Sadurniño

A Coruña

26

32.073,60

139,00

2.000,00

34.073,60

Santa Comba

A Coruña

12

14.803,20

7.047,00

8.668,96

23.472,16

Sarria

Lugo

6

7.401,60

7.760,00

9.546,06

16.947,66

Saviñao, O

Lugo

0

0,00

12.397,00

15.250,33

15.250,33

Silleda

Pontevedra

12,5

15.420,00

10.802,00

13.288,22

28.708,22

Sobrado

A Coruña

13,5

16.653,60

12.377,00

15.225,72

31.879,32

Somozas, As

A Coruña

87

107.323,20

2.851,00

3.507,19

110.830,39

Toques

A Coruña

12

14.803,20

0,00

0,00

14.803,20

Tordoia

A Coruña

7

8.635,20

0,00

0,00

8.635,20

Touro

A Coruña

0

0,00

1.749,00

2.151,55

2.151,55

Trabada

Lugo

3,5

4.317,60

0,00

0,00

4.317,60

Triacastela

Lugo

2

2.467,20

2.736,00

3.365,72

5.832,92

Valadouro, O

Lugo

120

148.032,00

11.511,00

14.160,40

162.192,40

Valdoviño

A Coruña

19

23.438,40

0,00

0,00

23.438,40

Verea

Ourense

15

18.504,00

3.744,00

4.605,73

23.109,73

Vicedo, O

Lugo

88

108.556,80

8.120,00

9.988,92

118.545,72

Vila de Cruces

Pontevedra

8

9.868,80

26.363,00

32.430,78

42.299,58

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2

2.467,20

6.875,00

8.457,37

10.924,57

Vilalba

Lugo

129

159.134,40

27.808,00

34.208,36

193.342,76

Vilasantar

A Coruña

0

0,00

1.902,00

2.339,77

2.339,77

Vimianzo

A Coruña

74

91.286,40

32.510,00

39.992,59

131.278,99

Viveiro

Lugo

50

61.680,00

27.421,50

33.732,91

95.412,91

Xermade

Lugo

43,5

53.661,60

5.261,00

6.471,89

60.133,49

Xinzo de Limia

Ourense

0,5

616,80

308,00

2.000,00

2.616,80

Xove

Lugo

11

13.569,60

1.247,00

2.000,00

15.569,60

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

6

7.401,60

0,00

0,00

7.401,60

Zas

A Coruña

3

3.700,80

7.087,00

8.718,16

12.418,96

Totais

 

4.018,00

4.956.604,80

836.033,00

1.050.991,20

6.007.596,00

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file