Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Carmelo, Conchiña IV, Erundi VII, Jesusa II, Lixeira II, Meléndez IV, Pedemar II, Rons II, Sandi II e San Martín I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Carmelo, Conchiña IV, Erundi VII, Jesusa II, Lixeira II, Meléndez IV, Pedemar II, Rons II, Sandi II e San Martín I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 2 de decembro de 2021, Antón Fernández Lamela (***3550**), en representación de Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018), solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Carmelo, Conchiña IV, Erundi VII, Jesusa II, Lixeira II, Meléndez IV, Pedemar II, Rons II, Sandi II e San Martín I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Marcelino Acuña, S.A. (A36004364), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmelo.

Situación:

Cuadrícula nº: 22.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 25.10.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Conchiña IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 25.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.3.1994.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 76.

Polígono: H.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.7.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jesusa II.

Situación:

Cuadrícula nº: 182.

Polígono: E.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lixeira II.

Situación:

Cuadrícula nº: 2.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 19.6.1978.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Meléndez IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 141.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 12.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pedemar II.

Situación:

Cuadrícula nº: 61.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rons II.

Situación:

Cuadrícula nº: 80.

Polígono: G.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 13.3.1981.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sandi II.

Situación:

Cuadrícula nº: 66.

Polígono: H.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.4.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: San Martín I.

Situación:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018).

Nova titular: Marcelino Acuña, S.A. (A36004364).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización do documento de transmisión en escritura pública e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205F 2018/019-1) por importe de 12.160,04 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de decembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo