Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2021/274-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento GON815 na Percibilleira.

Situación: Baiona.

Características técnicas: retirada de dous apoios de formigón, tres apoios rail existentes e un total de 155 metros de condutor LA-110 no tramo GON8150793. Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 8 metros de lonxitude (a retensar), con orixe no apoio existente HVH-2500/13 (9PCURLDL//30-A7) e final no apoio proxectado C-4500/14 como final da liña. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 211 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente proxectado C-4500/14 e final na LMTS GON8150795 existente, desmontando 44 metros desta liña. As instalacións están situadas no camiño Parede Nova e na rúa O Carreiro, no concello de Baiona (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/274-4.

Denominación: recuamento GON815 na Percibilleira.

Concello: Baiona.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

CM Parede Nova

Urbana

2130120NG1623S0001QJ

Sociedad de Gestión de Activos

Procedentes de la Reestructuración

1

16,16

2,45

6,16