Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2021/272-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CTC A Pantrigueira.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: liña de media tensión (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 200 metros de lonxitude en dous tramos. O primeiro tramo de 100 metros ten orixe na LMTS existente CBD8043526 e final no centro de transformación (CT) proxectado. O segundo tramo de 100 metros ten orixe no CT proxectado e final na LMTS CDB8043526. Centro de transformación de 250 kVA de potencia, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/Fo en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT e relación de transformación 20.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar A Pantrigueira, na parroquia de Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/272-4.

Denominación: LMTS y CTC A Pantrigueira.

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Piz

Agrario

36061A024002360000LG

Ana Leiro Oubiña

CT

11,9

5

17,18

2

Piz

Agrario

36061A024002360000LI

Ana Leiro Oubiña

CT

4,91