Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasías da concesión de explotación Pico D’Ouro, número 6646.1, na provincia da Coruña (expediente IN327A 2019/1-1).

A sociedade Canteras Ferrolanas, S.A., con enderezo na estrada de Cobas, km 4, Ferrol, presentou nesta xefatura territorial unha solicitude de outorgamento das demasías do dereito mineiro vixente Pico D’Ouro, núm. 6646.1, de acordo co establecido na disposición transitoria sétima da Lei 21/1973, do 21 de xuño, de minas, e en aplicación dos artigos 2 e 3 do Real decreto 294/2016, do 15 de xullo, polo que se establece o procedemento para a xestión de dereitos mineiros e dos dereitos de dominio público de hidrocarburos afectados polo cambio de sistema xeodésico de referencia, do terreo franco e non rexistrable existente en 8 cuadrículas mineiras ocupadas parcialmente pola concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) citada, situada en Ferrol, A Coruña.

A designación do terreo solicitado, en coordenadas xeográficas segundo o sistema de referencia ETRS89, é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W) fuso 29

Latitude (N) fuso 29

A

8º 15’ 40,00’’

43º 31’ 00,00’’

B

8º 14’ 20,00’’

43º 31’ 00,00’’

C

8º 14’ 20,00’’

43º 30’ 20,00’’

D

8º 15’ 40,00’’

43º 30’ 20,00’’

a

8º 15’ 25,54’’

43º 30’ 55,94’’

b

8º 14’ 25,54’’

43º 30’ 55,94’’

c

8º 14’ 25,54’’

43º 30’ 35,94’’

d

8º 15’ 25,54’’

43º 30’ 35,94’’

Resultando unha designación final do perímetro da concesión de explotación, en coordenadas xeográficas no sistema de referencia ETRS89:

Vértice

Lonxitude (W) fuso 29

Latitude (N) fuso 29

1

8º 15’ 40,00’’

43º 31’ 00,00’’

2

8º 14’ 20,00’’

43º 31’ 00,00’’

3

8º 14’ 20,00’’

43º 30’ 20,00’’

4

8º 15’ 40,00’’

43º 30’ 20,00’’

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasías poderán examinar a documentación do expediente nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas, da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo de Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal de transparencia e goberno aberto da consellería, no enderezo https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras, e presentar as alegacións que consideren no prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, BOE núm. 295, do 11 de decembro, e o artigo 21 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, DOG núm. 109, do 6 de xuño), presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña