Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5016

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e, unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación 2º exercicio

Rodríguez Yáñez, Carlos

***5246**

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do Tribunal