Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Páx. 5015

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficfial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se modifican as puntuacións do primeiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), modificada pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 176, do 13 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. Examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes contra as puntuacións obtidas no primeiro exercicio, publicadas pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 248, do 28 de decembro), realizouse unha nova corrección manual das persoas aspirantes que presentaron reclamacións contra a corrección, e modificouse a puntuación dunha aspirante da categoría de emisorista/vixilante, que a ve incrementada, e pasa a superar o exercicio. O resto das reclamacións presentadas desestímase na súa totalidade.

Segundo. Publicar a nova puntuación obtida pola persoa aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Terceiro. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal