O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de setembro a decembro de 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a Fundación Once e a Asociación Inserta Emprego para a acreditación da formación impartida no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social e do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciados polo Fondo Social Europeo |
10.9.2021 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e os colexios oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Pontevedra e Lugo para o servizo de orientación xurídico-laboral |
22.10.2021 |
15.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do máster universitario en Xestión e Dirección Laboral |
11.11.2021 |
15.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Roberto Rivas para o financiamento dun polo de emprendemento rural, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
29.12.2021 |
120.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia para o financiamento dun polo de emprendemento rural, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
29.12.2021 |
120.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega para o financiamento da coordinación dos polos de emprendemento rural, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
29.12.2021 |
120.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo para a realización dun programa experimental de emprego baseado na formación en restauración que se impartirá na comunidade terapéutica Proxecto Home Galicia dentro das políticas activas de emprego dirixidas a colectivos vulnerables no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
30.12.2021 |
92.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Comité español de representantes de persoas con discapacidade de Galicia (CERMI-Galicia), para a realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade de Galicia, dentro das políticas activas de emprego previstas na Comunidade Autónoma no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
30.12.2021 |
5.502.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Rede europea contra a pobreza e a exclusión social no Estado español-Comunidade Autónoma de Galicia, para realización de programas integrados para o fomento da empregabilidade a persoas vulnerables no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia |
30.12.2021 |
2.100.000,00 € |