Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6032

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508B).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2021, a través da Orde do 16 de marzo de 2021, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia número 61, do 31 de marzo).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para presentar a xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2021.

Así mesmo, no número 1 do dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida en relación coas entidades de acción voluntaria beneficiarias.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención.

O artigo 16.3 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establécese que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida emitido polo órgano administrativo competente para a instrución do procedemento con data do 20 de xaneiro de 2022, coa relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do dito acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o faceren, de conformidade co artigo 16.3 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas (código de procedemento BS508B)

1. Relación de entidades de acción voluntaria e documentación requirida:

Nº de exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B

2021/008

Asociación Socioeducativa para la Educación, Aseduc

G70067830

– Presentar pólizas dos seguros de accidentes e responsabilidade civil

– Memoria económica (art. 16.1.b): completar acorde co anexo III
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (art. 16.1.d)

BS508B

2021/012

Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris

G15151574

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/015

Asociación de Viudas María Andrea de Ourense

G32014334

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/045

Aspronaga, Asociación pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

– TC2/RNT de outubro
– Documentación acreditativa do pagamento das nóminas presentadas do mes de outubro (art. 16.1.d)

BS508B

2021/052

Asociación Mirabal

G70312954

– Presentar os xustificantes de pagamento do seguro de accidentes para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto

(art. 16.1.d.3º)
– Remitir copia das facturas (art. 16.1.d)

BS508B

2021/054

Agrupación Xuvenil, Sociocultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/071

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega

G15044811

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade

(art. 9.1.a)
– Anexo II: revisar o punto 1º para que sexa acorde co proxecto presentado
– Anexo III: gasto total e computable acorde co indicado no anexo II
– Memoria económica (art. 16.1.b)
– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º)
– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 16.1.d)

BS508B

2021/080

Asociación Montes e Vales Orientais

G27389139

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/081

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños y otras Demencias, Afaber

G15821572

– Anexo III: gasto total acorde co anexo II
– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B

2021/093

Asociación O Son do Pobo

G94017704

– Anexo III: corrixir acorde cos xustificantes dos gastos presentados
– Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (art. 16.1.d)
– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º)

BS508B

2021/107

Asociación Participa para la Inclusión Social

G15870173

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/120

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Ourense

G28197564

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/125

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

BS508B

2021/137

Escola Deportiva Santiago

G70301379

– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1)

2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 20 de xaneiro de 2022.

3. Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia (DOG), para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, de conformidade co artigo 16.3 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades que correspondan.