Encomenda de xestión:
– Actividade: a encomenda comprende traballos auxiliares de avaliación ambiental estratéxica, de avaliación de impacto ambiental, de tramitación da autorización ambiental integrada, así como traballos auxiliares relacionados coa calidade do solo.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S.M.E., M.P., (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2022, sendo o prazo máximo o 31 de decembro de 2022 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.
– Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade dun millón cincuenta e seis mil cincocentos setenta e catro euros con catorce céntimos (1.056.574,14 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aplicación orzamentaria 08.02.541D.640.1.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda