Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 5899

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

O estímulo ás actividades de investigación supón unha área estratéxica do Goberno galego, dentro do cal a formación do persoal investigador nas etapas iniciais da súa formación representa un paso fundamental na configuración da política científica, en xeral, e da carreira investigadora, en particular, e o doutoramento representa o inicio da carreira investigadora, en liña co establecido na Carta Europea do Investigador (EEE/2005/251/CE), na que se define o persoal investigador como o conxunto de profesionais que traballan na xeración de novos saberes, coñecementos, produtos, procesos, métodos e técnicas.

Segundo o programa de apoio á etapa predoutoral, a contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador e, ademais, permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Esta convocatoria inclúe importantes novidades; así, introduce o cuarto ano de duración da axuda, en consonancia co establecido no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, tecnoloxía e innovación, e no Real decreto 103/2019, do 1 de marzo, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador predoutoral en formación. O cuarto ano da axuda poderase converter nun contrato de capacitación para a formación posdoutoral no suposto de que as persoas investigadoras lean a tese antes do comezo do cuarto ano de contrato.

Co obxecto de ofrecer maiores oportunidades a todas as persoas investigadoras que estean en disposición de iniciar a carreira investigadora, a selección das persoas candidatas farase en dúas fases e non se exixirá estar matriculado nun programa de doutoramento; ademais, con cargo a esta convocatoria finánciase a matrícula de doutoramento das persoas seleccionadas.

Complementariamente, esta convocatoria presta especial atención a que as persoas participantes neste programa conten co maior apoio posible para completar a súa formación, polo que se inclúe o financiamento dunha estadía de tres meses de duración no estranxeiro, que lles permitiría acadar a mención de doutora ou doutor internacional sempre que cumpran todos os requisitos establecidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.

Ademais, esta convocatoria cumpre co establecido na Lei 13/2021 pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade de mulleres e homes. Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria adoptan medidas específicas para fomentar a igualdade.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e na procura de sinerxías, considérase de interese a realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación convocan as axudas de apoio á etapa predoutoral para o exercicio 2022.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que temos conferidas

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

2. O obxecto do programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades).

3. Este programa procura a formación de persoas investigadoras para a obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento.

4. Estas axudas tamén teñen por obxecto financiar a contratación laboral durante un período de capacitación para a formación posdoutoral dunha duración máxima dun ano daquelas persoas contratadas predoutorais que obteñan o título de doutora ou doutor antes do inicio do último ano de contrato.

5. Co obxecto de que as persoas investigadoras destinatarias destas axudas poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, fináncianse estadías de tres meses de duración no estranxeiro.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC, que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

2. A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os 4. Se se concertase un contrato de duración inferior a 4 anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo tempo que reste ata os catro anos.

A actividade desenvolvida será avaliada anualmente pola comisión académica do programa de doutoramento durante o tempo que dure a súa permanencia no programa, e o contrato poderá resolverse no caso de non superarse favorablemente esta avaliación.

3. No caso de que a persoa contratada obteña o título de doutora ou doutor antes do inicio do último ano de contrato poderá acceder a un novo contrato de capacitación para a formación posdoutoral, de acordo co indicado no artigo 17.

4. Poderán acceder a estas axudas as entidades mencionadas no punto 1 deste artigo que presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que, para formalizar o contrato, deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 4 desta orde.

b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2021/22. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.

Tamén poden concorrer as persoas investigadoras que non están matriculadas, pero que están en disposición de cumprir ou que cumpren os requisitos para matricularse nun programa de doutoramento dunha universidade do SUG, de acordo coa ordenación académica aplicable.

c) Que a data de finalización dos estudos de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2015 nos seguintes casos:

1º. As persoas que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial dalgunha das especialidades recollidas no Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e clasifican as especialidades en Ciencias da saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.

2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017.

3º. As persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

4º. As persoas que acrediten fidedignamente que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.

d) Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 6.2.b).

5. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Conceptos subvencionables

Estas axudas inclúen 3 conceptos:

1. O financiamento dun contrato predoutoral dun máximo de catro anos de duración.

2. O financiamento dun contrato de capacitación para a formación posdoutoral dun máximo dun ano de duración para aquelas persoas investigadoras que defendan a tese antes do inicio do último ano de contrato.

3. Un complemento anual por axuda destinado ás entidades beneficiarias para cubrir os gastos asociados á contratación, para o seguro durante o período de estadía e para cubrir o custo da matrícula no programa de doutoramento.

4. Estadías de tres meses de duración no estranxeiro para que, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, as persoas contratadas acaden a mención de doutora ou doutor internacional.

As estadías serán continuadas e terán que realizarse entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de outubro de 2024 e asegurar un grao de mobilidade e de internacionalización ao que non se puidese ter accedido por formación académica anterior ou por outros factores tales como residencia, país de orixe ou nacionalidade, e en ningún caso poderá ocasionar un atraso na finalización dos estudos de doutoramento.

Artigo 4. Duración, número e importe das axudas

1. A duración das axudas será dun máximo de 4 anos, que se desenvolverán a partir do 1 de decembro de 2022.

No caso de que con anterioridade á formalización do contrato predoutoral a persoa candidata desfrutase dalgunha axuda, pública ou privada, dirixida á súa formación predoutoral ou no marco do Estatuto do persoal investigador en formación, aprobado polo Real decreto 103/2019 (BOE núm. 64, do 15 de marzo), a duración da axuda desta convocatoria reducirase no tempo equivalente. A resolución de minoración corresponderalle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para as universidades do SUG e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para as demais entidades indicadas no artigo 2.1.

Para tal efecto, as persoas candidatas propostas deberán comunicarlle ao órgano instrutor correspondente antes da sinatura do contrato, a través da entidade solicitante, a percepción doutras axudas, así como proporcionarlle calquera outra información que lles sexa requirida neste sentido.

En ningún caso a axuda que se conceda poderá ter unha duración inferior a 24 meses, contados desde a data prevista de incorporación, é dicir, de inicio do contrato.

2. O número máximo das axudas concedidas será de 102: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades indicadas no artigo 2.1.

Do número total de axudas que se convocan, resérvanse 3 no ámbito das universidades do SUG e 1 no ámbito das demais entidades para a contratación de persoas investigadoras cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. De existir axudas non cubertas no grupo de reserva, acumularanse ao grupo xeral.

O número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter este tipo de axudas é de oito no ámbito das universidades do SUG e dunha no ámbito das demais entidades.

As axudas presentadas por unha universidade do SUG distribuiranse entre as cinco ramas de coñecemento: Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura, de maneira que se garanta un mínimo de 12 axudas no ámbito das universidades do SUG para cada rama, sempre que o número de solicitudes o permita.

3. O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato e de 29.000 € durante o cuarto ano. Durante o contrato de capacitación para a formación posdoutoral o importe máximo é de 30.000 €. Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

4. As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

a) Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

b) Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.

c) Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

Unicamente por circunstancias excepcionais sobrevidas poderá modificarse a zona da estadía concedida, sempre que non supoña incremento do orzamento asignado, logo da solicitude e informe favorable da entidade na que a persoa está contratada e coa autorización expresa da Secretaría Xeral de Universidades ou da Gain, segundo corresponda.

Durante o período de estadía, a entidade beneficiaria terá que subscribir para cada persoa investigadora un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto sexan insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

5. Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación, para o seguro durante o período de estadía e para cubrir o custo da matrícula no programa de doutoramento.

6. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada deberá achegar a diferenza.

7. En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á Gain máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de xeito individualizado para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades indicadas no artigo 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

3. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha entidade, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

4. Se opta á axuda para estadías, deberá indicar este aspecto e a zona á que pertence o país de destino da estadía no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo II ou anexo II bis). Se non se indica a zona, considerarase que a persoa candidata non solicita a axuda para estadías.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación que se indica nos puntos 2 e 3 deste artigo correspondente á primeira e á segunda fase e a documentación correspondente aos méritos que se aleguen de entre a indicada no punto 4 .

2. Documentación necesaria para a primeira fase:

a) Anexo III. Declaración asinada pola persoa candidata a ser destinataria da axuda na que conste:

– Que presenta a súa candidatura a través dunha única entidade solicitante.

– Que non foi seleccionada ou contratada con cargo a outras convocatorias de recursos humanos da Xunta de Galicia.

– Que non ten o título de doutora ou doutor.

– Relación de méritos que acredita.

– No caso de que gozase con anterioridade dun contrato predoutoral, a entidade contratante, a data de comezo e fin real ou previsto do contrato.

– No caso de finalizar os estudos antes do 1 de xaneiro de 2018, a situación que alega de entre as indicadas no artigo 2.4.c).

b) Certificación da universidade na que está matriculada ou na que se compromete a matricularse a persoa candidata, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa na que delegue, conforme o modelo normalizado do anexo V, na que se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. Programa de doutoramento no que está matriculada a persoa candidata no curso 2021/22 ou no que se compromete a matricularse no curso 2022/23, no caso de ser seleccionada.

2º. Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao EEES empregado ou que se vai empregar para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.

3º. Nota media coa que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:

– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valoraranse a totalidade dos créditos ou materias superadas.

– No caso de persoas candidatas que concorran co título de graduada ou graduado de menos de 300 créditos, diplomada ou diplomado, enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico, arquitecta técnica ou arquitecto técnico e mestra ou mestre, valoraranse a totalidade dos créditos ou materias superadas.

– No caso de persoas candidatas que concorran con ensinanzas conducentes á obtención do título de graduada ou graduado de menos de 300 créditos, diplomada ou diplomado, enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico, arquitecta técnica ou arquitecto técnico e mestra ou mestre, e que teñan acreditado o título de máster, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no máster ou equivalente. Neste caso, o cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:

(X*C1+M*C2) / (C1+C2)

Onde:

X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.

M: nota media obtida no máster ou equivalente.

C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.

C2: créditos superados no máster ou equivalente.

– A nota media do expediente académico para os títulos obtidos en sistemas universitarios estranxeiros debe calcularse de acordo co disposto na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Ciencia e Innovación, pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao sistema de cualificación das universidades españolas, publicadas polas resolucións do 21 de marzo de 2016 y do 20 de xuño de 2016. A información pode consultarse na seguinte ligazón:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/203615/ficha/203615

A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade na que está matriculada ou na que se comprometa a matricularse no programa de doutoramento para o cálculo da nota coa que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que só será válida se está acompañada da copia do certificado académico oficial e, se é o caso, da tradución correspondente.

En todos os casos a nota coa que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.

c) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2 sobre as datas de finalización dos estudos, se é o caso, incluído o certificado que acredite o grao de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia.

3. Documentación para a segunda fase:

a) Declaración da persoa designada ou proposta para dirixir a tese, segundo o modelo normalizado do anexo IV.

b) Acreditación da aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa de doutoramento correspondente ou declaración responsable da persoa candidata de que o que presenta vai ser o proxecto de tese que vai someter á aprobación da comisión académica no caso de ser seleccionada como destinataria desta axuda.

c) Proxecto de tese que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión máxima de 4.000 palabras, asinado pola persoa investigadora e pola persoa designada ou proposta para dirixir a tese, no que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Metodoloxía.

– Planificación temporal.

– Transferencia de resultados.

4. Ademais, na segunda fase, para acreditar os méritos que se aleguen dos recollidos no artigo 11 polo que se regulan os criterios de valoración das solicitudes, haberá que achegar a seguinte documentación, segundo o caso:

a) Certificación asinada pola persoa competente (a persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación, ou persoa en que delegue, ou ben a persoa responsable do organismo/centro de investigación respectivo), referida á persoa designada ou proposta para dirixir ou codirixir a tese, na que se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, indicación do grupo ou centro de investigación ao que pertence a persoa designada ou proposta para dirixir ou codirixir a tese e convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da que obtivo financiamento; ou de que está integrado nunha Unidade de Excelencia María de Maeztu ou nun centro de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con axuda vixente; ou de que forma parte do equipo de investigación dunha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido; ou nun equipo de investigación do que forme parte unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC).

2º. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que a persoa designada ou proposta para dirixir ou codirixir a tese cumpra algún dos seguintes requisitos, indicando a referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto e tipo de participación nel) que permita identificar a axuda específica:

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos pola Gain para a realización de actividades de I+D+i entre os anos 2018 e 2021.

— Ter sido beneficiario de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2018 e 2021.

– Pertenza a un equipo de investigación do cal forme parte unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC).

– Ter sido investigador ou investigadora principal de proxectos concedidos polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2018 e 2021. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de socio.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de líder.

b) Memoria da adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I desta orde, asinada pola persoa candidata e pola persoa designada ou proposta para dirixir a tese.

c) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira no que figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER). Non se terá en conta como lingua estranxeira a do país de nacemento ou de nacionalidade nin ningunha das linguas cooficiais en cada Comunidade Autónoma.

d) Acreditación de ter concedida unha bolsa de colaboración nun departamento universitario do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

5. Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.

6. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

9. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias a AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento a Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Informe de vida laboral da persoa candidata.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata expedido pola Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución e selección na primeira fase

1. A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes pertencentes ao SUG e á Gain para as restantes solicitudes e articularase en dúas fases.

2. Os órganos instrutores comprobarán que todas as solicitudes cumpran os requisitos indicados no artigo 2, que estean debidamente cubertas e que se achegue a documentación exixida nos puntos 6.2 e 6.3 desta orde e exporán as listas das solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (no punto da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

3. Estas listas estarán expostas por un período de 10 días hábiles e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades no caso das universidades do SUG, ou a dirección da Gain nos demais casos, para o cal presentarán a documentación oportuna. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Gain ditarán unha resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, e que se notificará ás entidades solicitantes a través da sede electrónica.

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes do SUG, ou a presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

7. Coas solicitudes admitidas realizarase a primeira fase de selección con ata un máximo de tres solicitudes por cada unha das 102 axudas convocadas, agás en caso de empate, aplicando o único criterio da nota coa que concorren a esta convocatoria. No caso de que se produza un empate, seleccionaranse todas as solicitudes coa mesma nota de corte.

a) No caso das universidades do SUG, sempre que o número de solicitudes admitidas o permita, superarán esta primeira fase 270 solicitudes, das que se garantirá que polo menos 36 correspondan a cada unha das cinco ramas de coñecemento: Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura. As 90 solicitudes restantes que superan esta fase ordenaranse exclusivamente por orde decrecente da nota sen ter en conta a distribución por ramas de coñecemento.

b) No caso das demais entidades indicadas no artigo 2.1, serán 36 solicitudes as que superen esta primeira fase por orde decrecente de nota, sempre que o número de solicitudes admitidas o permita.

En todos os casos respectarase a cota reservada a persoas con discapacidade.

8. As persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Gain ditarán unha resolución co resultado desta selección, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, e que se notificará ás entidades solicitantes a través da sede electrónica.

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes do SUG, ou a presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 10. Instrución e selección da segunda fase

1. Unha vez notificada a relación definitiva de persoas candidatas que superaron a primeira fase, os órganos instrutores comprobarán a documentación correspondente aos méritos que se aleguen (artigo 6.4) e publicarán na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (no punto da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal a listaxe de solicitudes que alegan méritos que non se consideran correctamente acreditados.

2. Estas listas estarán expostas por un período de 10 días hábiles e durante este prazo as entidades solicitantes poderán emendar os erros ou a falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades no caso das universidades do SUG, ou a dirección da Gain nos demais casos, para o cal presentarán a documentación oportuna.

3. Transcorrido o prazo indicado no punto anterior, os méritos alegados na solicitude que non estean correctamente acreditados non serán obxecto de valoración.

Artigo 11. Criterios de valoración

1. Na segunda fase aplicaranse os seguintes criterios e baremo:

a) Expediente académico: nota media segundo os criterios sinalados no artigo 6.2.b). Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, multiplicarase por catro. Puntuación máxima 40 puntos.

b) Puntuación referida á persoa designada ou proposta para dirixir ou codirixir a tese no caso de que cumpra algún dos seguintes requisitos (máximo 15 puntos).

b).1. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG:

– Pertenza a un grupo con potencial de crecemento que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2019 a 2021: 5 puntos.

– Pertenza a un grupo de referencia competitiva que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2018 a 2021: 10 puntos.

– Pertenza a un equipo de investigación dirixido por persoal investigador baixo a modalidade de investigador distinguido contratado pola Gain (programa Oportunius), ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido; ou a un equipo de investigación do que forme parte unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC): 12 puntos.

– Pertenza a un centro de investigación con acreditación vixente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a unha Unidade de Excelencia María de Maeztu ou a un centro de excelencia Severo Ochoa radicados en Galicia e con axuda vixente: 15 puntos.

b).2. No caso de solicitudes presentadas polas demais entidades indicadas no artigo 2.1:

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos pola Gain para a realización de actividades de I+D+i entre os anos 2018 e 2021: 4,5 puntos.

– Ter sido beneficiario de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2018 e 2021: 10,5 puntos.

– Pertenza a un equipo de investigación do cal forme parte unha persoa investigadora beneficiaria dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC): 10,5 puntos.

– Ter sido investigador ou investigadora principal de proxectos concedidos polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2018 e 2021. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas: 12 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de socio: 12 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2018 e 2021, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de líder: 15 puntos.

Só se terá en conta a puntuación acadada pola pertenza da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese a unha estrutura grupal ou supragrupal universitaria ou de organismos de investigación alleos ao SUG, e só se valorará por unha das epígrafes, de xeito que non son acumulativas entre si.

c) Proxecto de traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutora ou doutor, puntuación máxima 20 puntos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo (ata 15 puntos).

– Metodoloxía (ata 3 puntos).

– Planificación temporal (ata 1 puntos).

– Transferencia de resultados (ata 1 punto).

d) Adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I nunha escala de 0 a 15, de acordo coa seguinte desagregación:

– Moi pouco adecuado: ata 0,5 puntos.

– Pouco adecuado: desde 0,6 a 5 puntos.

– Adecuado: desde 5,1 a 10 puntos.

– Moi adecuado: desde 10,1 a 15 puntos.

A valoración das epígrafes c) e d) deste artigo será realizada por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, para o que se poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6.3.c) e 6.4.b).

e) Nivel de coñecemento dalgunha lingua estranxeira segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER):

– B2 ou equivalente: 2 puntos.

– C1 ou equivalente: 4 puntos.

– C2 ou equivalente: 7 puntos.

Poderán sumarse as puntuacións correspondentes a varios certificados de linguas diferentes, pero non se acumularán as puntuacións de diferente nivel dunha mesma lingua. A puntuación máxima desta epígrafe será de 7 puntos.

f) Ter desfrutado dunha bolsa do ministerio de colaboración nun departamento universitario: 3 puntos.

A puntuación final das persoas candidatas obterase coa suma das puntuacións obtidas en cada epígrafe.

A puntuación final, xunto cos seus valores desagregados, farase chegar á Comisión de Selección, que elaborará un informe para os órganos instrutores de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

Artigo 12. Comisión de selección

1. A Comisión de Selección estará constituída por oito membros:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa na que delegue, ou a persoa directora da Área de Xestión da Gain ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta ou presidente da comisión.

Serán vogais da comisión:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Unha directora ou un director de área da Gain ou persoa en quen delegue.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas pola presidenta ou polo presidente da Comisión de Selección.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretaria ou secretario da comisión.

2. No ámbito das universidades do SUG as solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e adxudicaranse comezando polas 12 mellores puntuacións de cada rama de coñecemento; as axudas restantes adxudicaranse por orde decrecente de puntuación final sen ter en conta a rama á que pertencen, respectando, en todo caso, o establecido no artigo 4.2.

3. No ámbito das demais entidades, as solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as prazas adxudicaranse comezando pola persoa candidata de maior puntuación, respectando, en todo caso, o establecido no artigo 4.2.

4. O título de referencia para a adscrición a unha rama de coñecemento é o de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou diplomatura ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento. Esta adscrición recóllese no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) e pode consultarse na páxina www.educacion.gob.es/ruct

5. No caso de que cos criterios enunciados anteriormente se produza unha igualdade de puntuación, utilizaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude da persoa candidata que obteña maior puntuación na valoración do plan de traballo (artigo 11.1.c).

3º. A solicitude da persoa candidata que concorre a esta convocatoria con maior nota media, calculada de acordo co punto 3º do artigo 6.2.b) e certificada pola universidade no anexo V.

6. Tendo en conta os puntos anteriores, a Comisión de Selección elaborará un informe para os órganos instrutores no que fará constar a súa proposta coa relación de persoas candidatas a ser destinatarias das axudas, distribuídas por entidades beneficiarias e especificando a puntuación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no artigo 11.

7. Complementariamente, e sempre que o número de solicitudes avaliadas positivamente o permita, a Comisión de Selección incluirá no informe dúas listas de espera (unha para cada órgano instrutor), en que figurarán por orde decrecente de puntuación final as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda, pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección. Cada unha das listas estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas por cada órgano instrutor. Para a elaboración destas listas non se terán en conta ningunha das limitacións recollidas no artigo 4 desta convocatoria relativas á distribución polas ramas de coñecemento e ao número máximo de persoas non comunitarias.

8. A proposta de resolución da segunda fase formulada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, así como, de ser o caso, as listas de espera para posibles substitucións, elevarase aos órganos competentes para ditar a resolución correspondente.

Artigo 13. Resolución provisional de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á persoa titular da presidencia da Gain. Os órganos instrutores correspondentes elevaranlles a proposta de resolución provisional da segunda fase que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas, con indicación da zona de estadía concedida, e a lista de espera, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG e a Gain asumirá o financiamento das demais entidades indicadas no artigo 2.1.

2. A resolución provisional publicarase na internet, nas epígrafes de axudas http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, e notificarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. As entidades solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da notificación da resolución, para formular alegacións.

4. Transcorrido o prazo de alegacións, as universidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades e as restantes entidades á Gain no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución provisional a seguinte documentación:

a) Escrito de aceptación da axuda da entidade con indicación expresa das persoas candidatas seleccionadas que formalizaran o correspondente contrato.

b) Certificación da universidade correspondente, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa na que delegue, na que se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. Programa de doutoramento no que está matriculada a persoa seleccionada no curso 2022/23.

2º. Aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa de doutoramento correspondente.

c) Declaración da persoa candidata de ter ou non ter gozado doutras axudas, públicas ou privadas, dirixidas á súa formación predoutoral. Os órganos instrutores poderán, en todo caso, requirir información adicional para resolver a duración da axuda que se vai conceder.

5. Transcorrido este prazo sen que se achegue a documentación indicada no punto anterior, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 14. Resolución definitiva de concesión das axudas

1. Concluído o prazo de presentación de alegacións e da documentación a que se refire o artigo anterior, os órganos competentes para resolver ditarán conxuntamente a resolución definitiva de concesión, logo da proposta dos órganos instrutores, que incluirá para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida, as listas de agarda, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes.

2. A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á persoa titular da presidencia da Gain.

3. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG e a Gain asumirá o financiamento das demais entidades indicadas no artigo 2.1.

4. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://edu.xunta.gal) e da Gain (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

6. A resolución publicarase no prazo máximo de 5 meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Os prazos para a tramitación do procedemento poderán interromperse durante o tempo que medie entre a petición e a recepción dos informes de valoración das epígrafes c) e d) do artigo 11, de conformidade co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Data de comezo dos contratos

1. A data de comezo dos contratos, que vincularán as persoas seleccionadas ás entidades beneficiarias, será o 1 de decembro de 2022, agás para as persoas non comunitarias, que poderá ser ata o 28 de febreiro de 2023.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia ou da Gain, segundo a entidade beneficiaria.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

3. Calquera modificación dos termos polos que foi concedida a axuda terá que ser comunicada e autorizada pola Secretaría Xeral de Universidades ou pola Gain, segundo a entidade beneficiaria.

Artigo 16. Documentación que se debe entregar para a realización da estadía

No caso de ter concedida a axuda para estadía, antes do 15 de outubro de 2023, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, a seguinte documentación:

a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.

b) Carta de aceptación do centro de destino asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola que se concedeu a axuda.

c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.

Antes do inicio do período de estadía, a Secretaría Xeral de Universidades para as universidades do SUG e a Gain para as demais entidades indicadas no artigo 2.1, publicarán nas súas páxinas web a relación de persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, do país e da zona de destino.

Artigo 17. Contrato de capacitación para a formación posdoutoral

1. Se a persoa contratada obtén o título de doutora ou doutor antes do inicio do último ano de contrato poderá acceder a un novo contrato de capacitación para a formación posdoutoral, coa conformidade da entidade beneficiaria da axuda.

2. Este contrato terá unha duración máxima dun ano e deberá ser a tempo completo. Durante este período realizaranse tarefas de investigación destinadas a consolidar a súa especialización.

3. A entidade beneficiaria deberá formalizar o correspondente contrato a partir do día seguinte ao acto de defensa e aprobación da tese de doutoramento e achegarllo á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, no prazo de 10 días hábiles desde a súa sinatura, xunto co programa de actividades de investigación que levará a cabo a persoa investigadora durante ese ano.

Artigo 18. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

2. Na anualidade de 2022 realizarase o libramento do complemento por persoa contratada correspondente ao primeiro ano de contrato, tras a presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de libramento xunto cos correspondente contratos e a declaración/certificación da asignación efectiva da persoa directora ou codirectora da tese pola que a persoa investigadora foi avaliada.

3. Para proceder ao libramento da axuda correspondente ás seguintes anualidades será preciso que a entidade correspondente achegue a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

a) Copia dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura e declaración/certificación da asignación efectiva da persoa directora ou codirectora da tese pola que a persoa investigadora foi avaliada (no caso das persoas investigadoras que asinaron o contrato a partir do 15 de decembro de 2022).

b) Memoria de seguimento asinada polo doutorando ou doutoranda e pola persoa directora ou codirectora da tese.

c) Informe favorable da Comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).

d) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

e) No suposto de que a entidade solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de se encontrar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

f) Certificado de dedicación exclusiva ao proxecto asinado pola persoa investigadora e pola persoa directora ou codirectora da tese durante o período de xustificación.

g) Certificado asinado polo órgano responsable de control da entidade onde conste a permanencia efectiva e a dedicación exclusiva da persoa investigadora ao programa.

h) Certificación do pagamento das estadías realizadas, memoria asinada pola persoa contratada co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, e certificado do centro receptor, no caso daquelas persoas contratadas ás que se lles concedera a axuda para estadías desta convocatoria.

4. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período xustificación

Documentación

Data límite presentación

1ª xustificación

A documentación indicada no punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2022

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data.

2ª xustificación: mensualidades de decembro de 2022 a marzo de 2023, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas epígrafes a), d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

31 de maio de 2023

3ª xustificación: de abril de 2023 a setembro de 2023, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas epígrafes b), c), d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

30 de novembro de 2023

4ª xustificación: de outubro de 2023 a marzo de 2024, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

31 de maio de 2024

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato.

5ª xustificación: de abril de 2024 a setembro de 2024, ambos os meses incluídos, e xustificación das estadías

A documentación indicada nas epígrafes b), c), d), e), f), g), h) do punto 3 deste artigo.

30 de novembro de 2024

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos correspondentes ás estadías.

6ª xustificación: de outubro de 2024 a marzo de 2025, ambos os meses incluídos

A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

31 de maio de 2025

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao terceiro ano de contrato.

7ª xustificación: de abril de 2025 a setembro de 2025

A documentación indicada nas epígrafes b), c), d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

30 de novembro de 2025

8ª xustificación: de outubro de 2025 a marzo de 2026

A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

31 de maio de 2026

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao cuarto ano de contrato.

9ª xustificación: de abril de 2026 a setembro de 2026

A documentación indicada nas epígrafes b), c), d), e), f), g) do punto 3 deste artigo.

30 de novembro de 2026

10ª xustificación: de outubro de 2026 ata a finalización do contrato

A documentación indicada nas epígrafes b), d), e), f), g) do punto 3 deste artigo e a documentación que se indica no punto 5 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

31 de maio de 2027

5. Xunto coa última xustificación, a entidade beneficiaria presentará:

a) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, correspondente á propia entidade beneficiaria.

b) Unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa (no caso de que a persoa candidata non autorizase a súa consulta).

c) Memoria final do traballo realizado asinado pola persoa contratada, co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese que recolla os puntos indicados no artigo 25.3.

No caso de que a persoa contratada renuncie antes do remate do período da axuda, a copia da vida laboral e a memoria final do traballo realizado presentarase dentro do prazo dun mes desde a súa renuncia.

6. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

7. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

8. Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

9. Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 20. Réxime de compatibilidade

1. As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

2. Os contratos que se formalicen con cargo a estas axudas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e, en xeral, coa percepción de calquera contía que teña natureza salarial. Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

3. Períodos de ausencia temporal do centro de adscrición:

3.1. No caso de ausencias temporais de ata 7 días da persoa contratada, será necesaria a autorización da entidade contratante, pero non é necesaria a comunicación á Secretaría Xeral de Universidades nin á Gain.

3.2. As ausencias temporais de máis de 7 días non financiadas nesta convocatoria, conten ou non con algún tipo de financiamento, deberán ser autorizadas pola entidade que financia as axudas (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain). Nestes casos será preciso que a entidade beneficiaria presente xunto coa solicitude de autorización unha breve memoria descritiva dos traballos, asinada pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, con indicación expresa de que son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

Os períodos de ausencia temporal da entidade de adscrición en ningún caso poderán superar os 6 meses ao longo dos catro anos de contrato nin poderán superpoñerse cos últimos 6 meses de contrato, salvo circunstancias excepcionais debidamente xustificadas.

4. De acordo co artigo 4 do Real decreto 103/2019, do 1 de marzo, polo que se aproba o estatuto do persoal investigador predoutoral en formación, as persoas contratadas con cargo a estas axudas poderán colaborar en tarefas docentes ata un máximo de 180 horas durante a duración do contrato predoutoral, sen que en ningún caso se poidan superar as 60 horas anuais.

5. No momento en que algunha das persoas contratadas realice a lectura da súa tese de doutoramento, a entidade beneficiaria deberá comunicarllo á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain), indicando, no caso de ter desfrutado da axuda por estadía, se obtivo a mención de doutor/a internacional, no prazo dos 15 días seguintes. A obtención do grao de doutor supón a extinción da axuda predoutoral, agás nos casos de acceso a un novo contrato de capacitación para a formación posdoutoral previsto no artigo 17.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a beneficiario/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain).

Artigo 22. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará, no marco do artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, serán os seguintes:

a) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 10 % da axuda concedida.

b) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

c) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro parcial do 5 % da axuda concedida.

d) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Renuncia das axudas e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain segundo corresponda, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza. Deberase acompañar dun informe da entidade beneficiaria indicando se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. Poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2022. Para cubrir estas renuncias seguirase a prelación das listas de agarda definidas no artigo 12.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor no que se produza a renuncia.

A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou á persoa titular da Presidencia da Gain, segundo que as novas incorporacións procedan das listas de espera da Secretaría Xeral de Universidades ou da Gain, respectivamente.

3. No caso de que a persoa seleccionada perdese a condición de contratada unha vez percibidas as axudas pola entidade correspondente, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain), dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza

4. As entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo da suspensión dos contratos financiados cando estas suspensións se produzan polas seguintes causas:

a) Nacemento.

b) Adopción.

c) Garda con fins de adopción ou acollemento.

d) Risco durante o embarazo.

e) Risco durante a lactación natural de menores de nove meses.

f) Incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas con el.

g) Incapacidade temporal por causas distintas ás do punto anterior por un período mínimo dun mes.

h) As situacións previstas no artigo 45.1.n) do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, como medida de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

5. Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza.

6. A interrupción e a prórroga indicadas deberán ser autorizadas polo órgano concedente correspondente, que poderá solicitar os informes que considere. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

7. Cando se autorice a interrupción e a prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación nos que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non han de incluírse nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción, para os efectos recollidos nesta convocatoria.

Esta autorización en ningún caso supón un aumento na contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da Seguridade Social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade beneficiaria.

Artigo 24. Dereitos e obrigas

1. Son obrigas xerais da entidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida, así como os custos directos de persoal, e conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes durante un período de tres anos.

c) Formalizar un contrato predoutoral de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada.

d) No suposto previsto no artigo 2.3, formalizar o contrato correspondente ao período de capacitación para a formación posdoutoral a partir do día seguinte ao acto de defensa e aprobación da tese de doutoramento e enviarlle unha copia ao órgano instrutor no prazo de 10 días hábiles desde a súa formalización, xunto coa memoria de actividades para ese período.

e) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

f) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

g) Contratar un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

h) Comprobar se a persoa candidata seleccionada xa desfrutou dun contrato predoutoral previo e a súa duración.

2. As persoas contratadas mediante estas axudas teñen as seguintes obrigas e dereitos:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Presentar a memoria final do traballo realizado a que se fai referencia no artigo 25.3 desta convocatoria.

d) Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación e no artigo 5.1 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, as persoas contratadas mediante estas axudas teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos á Seguridade Social, que se deriven do contrato que formalicen coa entidade de adscrición.

3. Son obrigas específicas de publicidade, tanto para as entidades beneficiarias como para as persoas contratadas, as seguintes:

a) Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outras accións que se realicen ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou da Gain, segundo sexa o caso), acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Artigo 25. Control

1. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Antes do remate de cada ano de contrato, cada entidade remitirá o informe favorable da CAPD, xunto coa proposta de renovación e a prórroga do contrato, de ser o caso.

3. Cando a persoa contratada abandone o programa, ben por renuncia ou por ter rematado o período de permanencia nel, a entidade beneficiaria remitirá unha memoria asinada pola persoa contratada e pola persoa directora ou codirectora da tese, no prazo dun mes desde a extinción da relación laboral, na que consten os seguintes aspectos:

a) Data de lectura da tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido.

b) Indicación de se acadou a mención de doutor/a internacional ou non, no caso de ter desfrutado da axuda para estadía.

c) Breve resumo dos principais obxectivos de investigación acadados durante o contrato predoutoral e, de ser o caso, no contrato de capacitación para a formación posdoutoral.

d) Estadías ou ausencias temporais realizadas.

e) Melloras do currículo durante a etapa na que gozou da axuda.

4. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Gain poderán solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre as persoas contratadas, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do/da contratado/a. Este informe poderá ser solicitado durante os dous anos seguintes á data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

5. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos que teñan atribuídas facultades de control sobre estes fondos.

Artigo 26. Dotación orzamentaria

1. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2022, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

2. As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.20.561B.444.0, 06.A2.561A.403.0 e 06.A2.561A.481.0 correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, coa seguinte distribución por anos:

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

2025

2026

2027

Total

Universidades do SUG

90

10.20.561B.444.0

90.000

1.800.000

2.790.000

2.250.000

2.700.000

450.000

10.080.000

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

06.A2.561A.403.0

6.000

120.000

186.000

150.000

180.000

30.000

672.000

6

06.A2.561A.481.0

6.000

120.000

186.000

150.000

180.000

30.000

672.000

Total outras entidades

12.000

240.000

372.000

300.000

360.000

60.000

1.344.000

Total convocatoria

102.000

2.040.000

3.162.000

2.550.000

3.060.000

510.000

11.424.000

3. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.

4. En cada organismo financiador a distribución de fondos e as aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Regulamento de subvencións de Galicia, se deberá axustar tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola Comisión de Selección. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

5. De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco sobre Axudas Estatais de Investigación e Desenvolvemento e Innovación (2014/C198/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C 198, do 27 de xuño de 2014, non se aplicará o disposto no artigo 107-1 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

6. Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación ou estea estreitamente vinculada o seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

7. Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consumen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Esta orde poderá ser recorrida mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou a persoa titular da presidencia da Gain no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Liñas estratéxicas de investigación

Reto

Prioridade

Obxectivos

Xestión innovadora de recursos naturais e culturais

Valorización dos recursos do mar

Pór en valor os subgrupos e residuos vinculados ao mar, como os descartes da pesca ou os refugallos da industria conserveira.

Modernización da acuicultura

Modernizar a acuicultura para xerar novos produtos e servizos de base tecnolóxica, principalmente a través da aplicación de coñecemento da biotecnoloxía e das TIC.

Modernización dos sectores agrogandeiro, pesqueiro e forestal

Modernizar os sectores pesqueiro, agrícola, gandeiro e forestal para que as explotacións sexan máis eficientes e rendibles e tamén para xerar produtos e servizos innovadores.

Mellora da obtención de enerxía a partir dos recursos naturais

Diversificar o sector enerxético galego mellorando a explotación dos recursos naturais para obter enerxía, en especial a través da produción de biomasa, da enerxía undimotriz, das torres eólicas offshore e dos biocombustibles de orixe mariña.

Modernización do sector turístico e das industrias culturais a través das TIC, así como novas metodoloxías de estudo no ámbito da cultura

Para lograr un posicionamento competitivo a nivel europeo establécese o obxectivo de modernizar o sector do turismo e das industrias culturais a través das TIC así como a aplicación de novas metodoloxías e fórmulas innovadoras nos estudos culturais.

O modelo industrial da Galicia do futuro

Diversificación dos sectores industriais tractores

A diversificación da actividade dos sectores industriais que exercen un papel tractor na economía galega, implementando medidas que fomenten un cambio de orientación nas empresas – maioritariamente pemes de capacidade tecnolóxica media-baixa – para favorecer modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.

Mellora da competitividade industrial

Potenciar a competitividade do sector industrial galego mediante a innovación nos procesos produtivos.

Impulso da economía do coñecemento

Impulsar e fortalecer un sector tecnolóxico baseado na economía do coñecemento para reforzar a súa capacidade de tracción sobre o resto dos sectores estratéxicos galegos.

Novo modelo de vida saudable

Envellecemento activo

Converter a Galicia na rexión líder do sur de Europa na aplicación de novas tecnoloxías no ámbito do envellecemento activo e da autonomía persoal, en especial para beneficio das persoas maiores afectadas por algunha discapacidade.

Prevención, diagnose e tratamento de enfermidades

Continuar a facer de Galicia un referente na vangarda da prevención, diagnose e tratamento de enfermidades.

Alimentación saudable e segura

A diversificación do sector alimentario para facer de Galicia un referente internacional da innovación en nutrición e en seguridade alimentaria como chaves para unha vida saudable.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file