Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 5891

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no Diario Oficial de Galicia número 238, do día 14 de decembro de 2021, a Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

O artigo 6 da devandita Orde do 30 de novembro de 2021 establece que o prazo de presentación das solicitudes será entre o día 15 de decembro de 2021 e o 31 de xaneiro de 2022, ambos incluídos.

O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, permite á Administración, de oficio ou ben por petición da parte interesada, a ampliación dos prazos establecidos sempre que non se exceda a metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiros.

En consecuencia e tendo en conta que o número de solicitudes recibidas ata a actualidade ao abeiro desta orde permite prever que non se vai acadar a contía máxima das axudas previstas e que, polo tanto, a dita ampliación non prexudica os dereitos de terceiros, concorren os requisitos para a ampliación de prazos a que se refire o artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e acórdase a ampliación que a seguir se sinala.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e as demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modificase, en relación co prazo de solicitude, a data límite do artigo 6, punto 6, da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K), e amplíase o prazo de presentación de solicitudes do 31 de xaneiro de 2022 ata o 22 de febreiro de 2022.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda