Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de decembro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Fene (PXOM), consistente na delimitación dos núcleos rurais dos Buios, O Redondo, O Feal, Lubián e O Piñeiro, segundo a documentación técnica redactada polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos, presentada no rexistro deste concello o 5 de xullo de 2021 (rex. 202199900002589) e o 19 de xullo de 2021 (rex. 202199900002690).

O acordo sométese a información pública durante un prazo de dous meses, en cumprimento dos artigos 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 191.1 do regulamento da dita lei, coa finalidade de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, de por si, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. A suspensión non será de aplicación nos seguintes casos:

– Obras de mantenemento, conservación e reforma, agás no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas por razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

– Licenzas de primeira ocupación.

– Proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación deste instrumento, sempre que esta revisión fose aprobada inicialmente.

– Actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizadas polo novo planeamento.

A totalidade do documento técnico e os trámites que constan no expediente poderán consultarse no departamento de Urbanismo mediante cita previa das 9.00 ás 14.00 horas e na páxina web do Concello na seguinte ligazón:

https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6589

Fene, 19 de xaneiro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde