Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6453

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira da Policía Local, por promoción interna (OEP 2020).

A Concellaría Delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante Resolución do 15.12.2021, nomeou persoal funcionario de carreira deste concello a:

– Silvia Nogueira Pérez, con DNI ***1916**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local, da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Luís Miguel Costa Alvariña, con DNI ***0315**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local, da escala de administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra estas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 17 de decembro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura