Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público ordinaria para o ano 2022.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión ordinaria do día 7 de xaneiro de 2022, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2022, segundo a seguinte desagregación:

Persoal funcionario.

Dotación

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Nivel

Quenda

1

1

Traballador/a social

A2

Administración especial/técnica/media

20

Libre

1

1

Axente

C1

Administración especial/servizos especiais/policía local

18

Libre

O que se fai público para xeral coñecemento e advírtense os interesados de que contra o dito acordo poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tamén poderán interpor alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse rexeitado por silencio administrativo.

O Rosal, 7 de xaneiro de 2022

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa