Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 6823

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do 20 de xaneiro de 2022, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 3125, substitúese o primeiro parágrafo do punto 3 do artigo único, instrución sexta, polo seguinte:

«3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza que teñan recoñecido o grao I do complemento adicional da traxectoria profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 percibirán os seguintes importes mensuais:».