Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 6824

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 7/2022, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Mugardos da estrada AC-132 de titularidade autonómica, incluído o treito antigo, xunto co seu dominio público viario.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Mugardos solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade da estrada autonómica AC-132 (peirao do Seixo-Gallada) na súa totalidade co fin de modificar o ancho das beirarrúas e dotar de accesibilidade o tránsito dos peóns.

O concello de Mugardos é atravesado polas estradas autonómicas AC-122, AC-123, AC-129, AC-130, AC-131, AC-132, AC-133 e VG-1.2.

A estrada autonómica AC-132 A Gallada (AC-133)-O Seixo é unha estrada convencional, cunha lonxitude de 2,19 km, que está categorizada funcionalmente polo Catálogo da Raega (Rede Autonómica de Estradas de Galicia) como rede local. Discorre na súa totalidade polo concello de Mugardos atravesando solos clasificados como urbanos polo instrumento de planeamento urbanístico vixente aproximadamente no seu último quilómetro. Trátase dunha estrada de carácter local e sen funcionalidade dentro da Raega, a cal presenta un treito antigo no seu inicio.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da estrada AC-132 na súa totalidade e o treito antigo asociado a ela existente no seu inicio, segundo se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Mugardos:

Clave

Denominación da estrada

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

fuso 29

Lonx. (m)

AC-132

A Gallada (AC-133)-O Seixo

0+000

X=563.982

Y=4.810.361

2+190

X=563.147
Y=4.812.160

2.190

-

Treito antigo da AC-132

Antigo 0+000

X=563.893
Y=4.810.413

Antigo 0+080

X=563.907
Y=4.810.486

75

– Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade e eliminar do catálogo a estrada AC-132.

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Mugardos deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Mugardos, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos treitos da estrada.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade