Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 6827

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Desde hai anos, a Xunta de Galicia financia parte da I+D+i do tecido investigador da Comunidade Autónoma, en particular nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i enfocado nun modelo de axudas de carácter basal e estrutural vinculadas á actividade investigadora dos grupos de investigación máis competitivos do sistema e non adscritas a proxectos de investigación concretos.

Neste contexto, os diferentes plans galegos de investigación veñen recoñecendo que en Galicia existen unha serie de grupos de investigación, denominados grupos de referencia competitiva, caracterizados por bos índices de publicacións científicas; un nivel de captación de recursos elevado, aínda que variable segundo a área en que traballen; competitivos a nivel estatal e en moitos casos internacional; con capacidade para formar e atraer mozos e mozas investigadores e habituados á cooperación con outros grupos de investigación, con institucións ou con empresas. Doutra banda, están os grupos con potencial de crecemento que, sen alcanzar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos, e que están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Estes grupos deben dispor dun financiamento estrutural e continuado, condicionado a criterios de calidade, que garanta un mínimo basal que lles permita desenvolver as súas liñas de traballo de xeito estable e cunha liberdade de acción suficiente para reorientar o seu labor, de ser o caso. Este financiamento debe outorgarse sobre a base de mecanismos de avaliación rigorosos, tanto das propostas presentadas como dos resultados que cada grupo acade durante a vixencia e ao remate da axuda. O instrumento que permite canalizar o financiamento preciso é o Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas que, anualmente, vén convocando liñas de axuda nesta materia en réxime de concorrencia competitiva.

As vantaxes do financiamento estrutural quedaron patentes e de manifesto desde o inicio da pandemia da COVID-19 dado que o feito de que as axudas que se convocan sexan un financiamento de estruturas, e non de proxectos, permite a suficiente flexibilidade para que, en calquera momento, os grupos reorienten a súa actividade cara a novas áreas de interese (como a investigación sobre a propia COVID-19), ou a novas modalidades de traballo, sen ter que estar suxeitos a proxectos determinados.

Cómpre considerar que as convocatorias de financiamento de grupos de investigación se veñen realizando de xeito ininterrompido desde hai varios anos mantendo, en esencia, as súas características básicas, o que contribuíu a crear un sistema de I+D+i estable e estruturado. De feito, a longa traxectoria do programa está a producir unha evolución no sistema de grupos concordante cos obxectivos fixados nos diferentes instrumentos de formulación estratéxica da I+D+i autonómica. Os grupos están cada vez máis estruturados e cohesionados e a súa dimensión, en termos de número de investigadores, e a súa capacidade de captación de recursos competitivos, son cada vez maiores. Así, logo da convocatoria do ano 2021, alcanzouse o maior número de grupos con financiamento activo desde o inicio do programa observando, ademais, que o incremento é especialmente significativo nos grupos de referencia competitiva, que son os que teñen unha capacidade tractora máis importante.

Boa parte deste éxito é consecuencia da estabilidade e continuidade no tempo da convocatoria que asegura ao sistema un marco sostido que é unha das condicións básicas capitais para calquera sistema de ciencia. Por ese motivo non é aconsellable introducir cambios notables dunha a outra convocatoria sen realizar os estudos previos necesarios para garantir a mellor consecución dos fins previstos.

Porén, a traxectoria acumulada do programa e a solidez acada polos grupos permiten realizar axustes con accións positivas de reforzo nas axudas. Neste sentido, a convocatoria do ano 2022 recolle dúas modificacións de importancia:

En primeiro lugar, traslada aos grupos con potencial de crecemento unha das características dos grupos de referencia competitiva que é a posibilidade de acceder a un complemento económico mediante a aplicación dun módulo variable na contía da axuda, sempre que se cumpran uns determinados requisitos que están relacionados coa dimensión do grupo, a súa captación de recursos e a capacidade de transferir resultados á sociedade. Esta medida persegue acurtar a brecha entre as dúas tipoloxías de grupos partindo da premisa de que este é un feito que xa está a suceder na práctica na actualidade.

En segundo lugar, incorpóranse unha serie de ítems no baremo que reforzan o argumento central da convocatoria na busca de sinerxías que faciliten a estruturación e cohesión interna e que sexan concordantes coas novas demandas sociais, algunha delas xa traspostas a normas legais de obrigado cumprimento. Así, o punto que valora a composición e estruturación do grupo acada un maior peso específico cualitativo e cuantitativo no baremo de avaliación para reforzar o carácter integrador da proposta e a súa conexión coas demandas da sociedade actual.

En concreto, a convocatoria quere contribuír a garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, en cumprimento do disposto na Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Por iso, nas axudas que se regulan nesta convocatoria valoraranse positivamente aquelas propostas de grupos liderados por mulleres, integrados en máis do 40 % por investigadoras ou a incorporación da perspectiva de xénero no seu quefacer diario.

Complementariamente, as propostas deberán incorporar para a súa valoración as políticas que os grupos desenvolven en materia de Investigación e innovación responsable (RRI) de acordo cos estándares internacionais que definen estas prácticas.

Por último, o sistema debe atender as diferentes realidades de investigadores e investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Para este fin nesta anualidade mantense esta liña de apoio cuxo baremo se adapta en concordancia co expresado nos parágrafos anteriores. Outra novidade con respecto a este baremo é que o proceso de avaliación atenderá máis á viabilidade e sinerxías que se establezan desde o proxecto e ás capacidades do equipo que sobre os méritos que as persoas que o integran teñan acadado ao longo da súa traxectoria investigadora anterior.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas, a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e na procura de sinerxías, e tras o camiño iniciado na convocatoria do ano 2016, considérase de interese continuar coa realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación establecen as bases para o Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación nas modalidades de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, e convocan estas axudas para o exercicio 2022.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

– Modalidade A: grupos de referencia competitiva, procedementos ED431C e IN607A (as condicións particulares detállanse no anexo I).

– Modalidade B: grupos con potencial de crecemento, procedementos ED431B e IN607B (as condicións particulares detállanse no anexo II).

– Modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, procedementos ED431F e IN607D (as condicións detállanse no anexo III).

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta convocatoria terá a consideración de:

a) Coordinador/a: aquel persoal investigador cualificado que asina a solicitude asumindo a coordinación das actividades do grupo obxecto da axuda durante a súa execución. Unicamente poderán ter a condición de coordinador/a, os/as investigadores/as, que se sinalan na letra b) deste artigo.

b) Investigador/a.

1) No caso das universidades do SUG, aquela persoa que teña título de doutor/a, que forme parte dun grupo de investigación no rexistro da universidade correspondente do SUG e que teña algunha das seguintes categorías profesionais:

– Catedrático/a ou profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesor/a contratado/a doutor/a ou profesor/a axudante doutor/a. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesor/a asociado/a de ciencias da saúde (PACS).

– Profesores/as eméritos/as.

– Persoal contratado nos programas Beatriz Galindo, Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais da Xunta de Galicia, atracción e retención de talento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Oportunius da Xunta de Galicia (persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a contratado/a pola Gain ao abeiro do Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a), Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición a unha universidade do SUG durante toda a vixencia da axuda), Intalent ou no Programa de captación de talento investigador de excelencia da Uvigo. Poderá ostentar a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie.

– Persoal interino, sempre e cando ocupe unha praza das definidas nos parágrafos anteriores.

2) Para as restantes entidades solicitantes, aquela persoa que forme parte dun grupo de investigación recoñecido como tal pola entidade solicitante e que se englobe nalgunha das seguintes categorías:

– Persoal investigador doutor con vinculación funcionarial, estatutaria ou laboral do grupo A1 ou I á entidade solicitante ou a algunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia. Poderá ter a condición de coordinador/a.

– Profesores/as eméritos/as.

– Persoal contratado nos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais da Xunta de Galicia, Miguel Servet, Juan Rodés, Sara Borrell ou Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición á entidade solicitante durante toda a vixencia da axuda) na entidade solicitante ou nalgunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia. Poderá ter a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie.

En ningún caso terán consideración de investigadores/as, para os efectos desta convocatoria, os/as profesores/as visitantes, o resto dos/das profesores/as asociados/as, os/as profesores/as colaboradores, os/as contratados/as con cargo a proxecto e os/as lectores/as, así como aqueloutras categorías que non teñan sido explicitamente recollidas neste artigo.

c) Ingresos de I+D:

1) Unicamente os correspondentes a proxectos de I+D financiados por convocatorias públicas das administracións estatais, europeas ou doutras fontes, e os correspondentes a contratos e convenios de I+D ou de servizos de innovación, licenzas de patentes, de software e variedades vexetais, así como os premios de investigación e as doazóns dedicadas a I+D.

2) Non se terán en conta:

– As axudas para infraestruturas.

– As bolsas e axudas a accións de divulgación e produción científica.

– As axudas correspondentes a programas de recursos humanos.

– Os ingresos por ensaios clínicos.

– As axudas procedentes dos programas de consolidación de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes, proxectos de excelencia, da Xunta de Galicia.

– As axudas de financiamento supragrupal de agrupacións estratéxicas, agrupacións estratéxicas consolidadas e centros de investigación dos programas autonómicos.

– As axudas dos programas estatais María de Maeztu e Severo Ochoa.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B e C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 dos anexos I, II e III (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Artigo 4. Requisitos

Cada un dos grupos de referencia competitiva ou de potencial crecemento que as entidades presenten a esta convocatoria deberá cumprir os requisitos sinalados no punto 2 do anexo correspondente á modalidade en que concorra.

Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

Para o cumprimento dos requisitos tomarase en consideración o seguinte:

1. A certificación de ingresos de I+D será a referida ao período do 1 de xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2021 e unicamente poderán contabilizarse aqueles que se produzan na entidade que presenta a solicitude ou naqueles entes nos que a entidade teña unha participación superior ao 50 %, quedarán excluídos ingresos que fosen asentados noutras entidades.

Para computar estes ingresos terase en conta o criterio de ingreso e non o de concesión ou sinatura, isto é, compútanse os ingresos obtidos desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021, con independencia de que os proxectos, contratos ou convenios fosen anteriores a esa data. Polo mesmo criterio, non se computarán os ingresos que se produzan máis aló do 31 de decembro de 2021 aínda que correspondan a axudas concedidas no período exixido.

2. Para a certificación dos ingresos de I+D e dos méritos sinalados no número 2 dos anexos I e II, teranse en conta as seguintes situacións:

a) Se un/unha investigador/a abandonou o grupo durante o período de cómputo, o grupo computará os méritos e ingresos durante o período en que esa persoa estivo nel.

b) Se un/unha investigador/a se integrou no grupo durante o período de cómputo, o grupo poderá computar os méritos e ingresos unicamente desde que esa persoa causou alta nel.

c) Se un grupo incorpora un/ha investigador/a entre o 31 de decembro de 2021 e a data de publicación da convocatoria, esa persoa pode contar para os efectos dos mínimos de composición, pero non poderá achegar méritos ao grupo.

d) Nos casos excepcionais de grupos que se creasen ex novo entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021, poderanse computar como ingresos e méritos aqueles que os/as investigadores/as que integran o novo grupo tivesen no período, con independencia de onde se contabilizasen e/ou producisen, incluídos aqueles que procedan de fóra do Sistema galego de I+D.

e) No caso de fusión de dous grupos no período entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021, o novo grupo resultante poderá integrar os méritos e ingresos de I+D do persoal investigador que o conforme, no período de cómputo entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2021.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

Os importes das axudas irán destinados a financiar os seguintes conceptos, sempre que se relacionen coa actividade de consolidación:

1. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión do grupo, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

3. Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. A adquisición de material bibliográfico ten que ser proporcionada e limitada ás dotacións necesarias para a consulta do grupo. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

4. Formación do persoal do grupo ou do persoal adscrito ao proxecto relacionada coa actividade obxecto da axuda. Neste concepto son elixibles: as matrículas e inscricións a cursos e congresos; os custos de matrícula de persoal predoutoral adscrito ao grupo, sempre que sexa a tempo completo, e estadías curtas cunha duración mínima de quince días e máxima de tres meses. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

5. Viaxes e axudas de custo de membros do grupo ou do persoal adscrito ao proxecto para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % dos gastos totais da axuda debidamente xustificada anualmente. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

6. Investigadores/as visitantes.

7. Organización de actividades de difusión, así como presenza en medios de comunicación.

8. Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc. Toda adquisición de equipamentos informáticos (hardware e software) e de recursos tecnolóxicos deberá ter a súa xustificación en función dos requirimentos técnicos para a execución ou obxectivos dos proxectos en que participa o grupo e será proporcionada ao tamaño do grupo. Non é gasto elixible o software ofimático e/ou de uso xeral.

9. Publicación dos resultados da investigación en aberto (sempre e cando sexan como consecuencia da actividade do grupo). Non son de aplicación nesta epígrafe os gastos de autoedición ou similares.

10. Consultaría e asesoramento externo para deseñar e aplicar a estrutura e a estratexia do grupo, así como contratación de servizos externos entendidos como actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes para a execución das actividades investigadoras propias dos grupos e proxectos.

11. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada grupo ou proxecto que obteña financiamento.

12. Custos indirectos que se calcularán anualmente, sen necesidade de achegar xustificantes de gasto, mediante a aplicación dunha porcentaxe de ata o 20 % sobre os gastos totais da axuda validamente xustificada. Desa porcentaxe e unicamente para o SUG, 5 puntos destinaranse a financiar as subscricións de cada entidade beneficiaria ás publicacións electrónicas.

A Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán ditar instrucións específicas para unha mellor definición dos conceptos subvencionables, así como da súa xustificación económica.

Para a xustificación da primeira anualidade da axuda admitiranse gastos e pagamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2022.

As entidades beneficiarias deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Artigo 6. Formalización e presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED431C (anexo VI) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, ED431B (anexo VII) para grupos con potencial de crecemento, ED431F (anexo VIII) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, ou IN607A (anexo VI bis) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, IN607B (anexo VII bis) para grupos con potencial de crecemento e IN607D (anexo VIII bis) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas polas demais entidades solicitantes, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. Cada grupo de investigación unicamente poderá ser presentado como candidato por unha entidade e a unha das modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (ademais da que se especifica en cada anexo para cada modalidade de axuda) a seguinte documentación:

– Certificados emitidos pola entidade á que pertence o grupo ou persoal investigador, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos nos anexos I, II e III desta orde, correspondente á modalidade de axuda solicitada. Unha vez superado o proceso de selección, a Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán requirir os comprobantes dos méritos certificados das solicitudes seleccionadas. En caso de detectarse falsidade nalgún mérito, o órgano instrutor correspondente adoptará as oportunas medidas legais. A referencia dos contidos mínimos obrigatorios destes certificados están nos enderezos web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal

– De ser o caso, certificación asinada pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida pola lexislación para a investigación con animais.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e á Gain para as restantes solicitudes. Para este fin, comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde, exporán as listas de solicitudes admitidas e excluídas e sinalarán, se é o caso, as causas de exclusión na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (na parte da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

Estas listas estarán expostas por un período de dez (10) días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendaren erros e falta de documentos das persoas interesadas, ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou ante a Dirección da Gain, nos demais casos, para o cal presentarán a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderase requirir á entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Gain ditarán unha resolución pola cal se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes do SUG, ou ante a Presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos nela, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que se poidan acordar outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Avaliación e selección

A selección das propostas destinatarias das axudas realizarase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores/as externos/as e pola Comisión de Selección.

Modalidades A e B: o panel de avaliadores/as externos/as poderá asignar ata un máximo de 95 puntos a cada solicitude e a Comisión de Selección poderá asignar ata un máximo de 5 puntos a cada solicitude.

Modalidade C: o panel de avaliadores/as externos/as poderá asignar ata un máximo de 100 puntos a cada solicitude.

O proceso de avaliación externa realizarase na Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O panel de avaliadores/as estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema galego de I+D+i propostas e aprobadas pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), que cubrirán as diferentes ramas de coñecemento das cinco (5) recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura). A valoración das solicitudes presentadas referirase á produción e calidade científica e á idoneidade da programación proposta de acordo cos obxectivos de cada unha das modalidades da convocatoria.

Os criterios de avaliación das solicitudes presentadas aparecen recollidos nos anexos IV e V desta orde. Para garantir que as propostas financiadas teñan un nivel de calidade suficiente, só poderán recibir as axudas establecidas nesta convocatoria aquelas solicitudes que obteñan unha puntuación total igual ou superior a 60 puntos dos que pode outorgar o panel de avaliadores/as externos/as e que, de ser o caso, teñan recoñecida unha avaliación positiva final do desempeño da axuda en anteriores convocatorias ás cales se presentasen, de acordo coa normativa específica establecida para cada unha delas.

A Comisión de Selección estará constituída por oito membros:

– O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou o/a director/a da Área de Xestión da Gain ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a da Comisión.

Serán vogais da Comisión:

– O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Un/unha director/a de área da Gain ou persoa en quen delegue.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo/a presidente/a da Comisión de Selección.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da Comisión.

Esta comisión poderá conceder ata 5 puntos a cada solicitude, tendo en conta os criterios que para tal efecto se sinalan en cada modalidade no anexo que contén o baremo correspondente.

A Comisión de Selección, sen prexuízo do disposto no artigo 19 desta convocatoria, elaborará para os órganos instrutores un informe que inclúa o informe de avaliación do panel de avaliadores/as externos/as, as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección (de ser o caso) e unha prelación das solicitudes ordenadas por puntuación.

En función deste informe, os órganos instrutores elaborarán a proposta de resolución por orde decrecente de puntuación ata que se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Que non haxa crédito suficiente para financiar a seguinte solicitude na prelación elaborada, ben porque se esgotou o crédito previsto nas bases, ben porque o remanente de crédito sexa insuficiente para o seu financiamento.

b) Que a puntuación da solicitude que corresponde financiar non acade o valor mínimo de 60 puntos outorgados polo panel de avaliadores/as externos/as.

En caso igualdade de puntuación na modalidade C, proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, aplicaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da calidade científico-técnica do proxecto (anexo V, criterio A).

2º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da viabilidade do proxecto (anexo V, criterio B).

3º. O proxecto de investigación que obteña maior puntuación na valoración da capacidade científico-técnica do equipo de investigación para a realización do proxecto (anexo V, criterio C).

Artigo 12. Resolución

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á persoa titular da Presidencia da Gain. Os órganos instrutores elevarán a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de solicitudes seleccionadas co importe da axuda concedida. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG, e a Gain asumirá o financiamento das restantes entidades.

A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://edu.xunta.gal) e da Gain (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada pola entidade beneficiaria no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, coas condicións específicas que recolle esta orde e coa aceptación expresa (de ser o caso e en función de cada unha das modalidades) dos indicadores de avaliación propostos na memoria descritiva e aqueloutras que se poidan incluír na resolución.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de cinco (5) meses, contados desde a publicación da orde de convocatoria. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polas persoas interesadas mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Gain, nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Libramento da subvención

En todas as modalidades de axuda, a subvención será librada á entidade beneficiaria á cal pertenza o grupo ou o persoal investigador, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita, na data límite do 20 de novembro no caso das universidades do SUG, e do 30 de novembro no caso do resto das entidades, do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

1. Xustificación da realización do gasto e do pagamento:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, no caso das entidades beneficiarias ás que lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo ou proxecto. Esta memoria explicativa irá asinada pola persoa coordinadora do grupo de investigación ou proxecto.

b) Conta xustificativa con entrega de informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica, que conterá unha relación detallada dos gastos en que se incorreu na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

2. Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que se deberá manifestar sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

3. Certificación das variacións na composición do grupo ou equipo do proxecto durante a anualidade que se xustifica, con indicación das datas das altas e baixas producidas no período.

4. No suposto de que a entidade solicitante se opoña á consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de se encontrar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que se deberá realizar como máximo nos tres meses seguintes á concesión da axuda na primeira anualidade e nos tres primeiros meses do ano para as seguintes anualidades.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final que, xunto cos pagamentos anticipados en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nos proxectos plurianuais, enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desa anualidade. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas e Seguridade Social dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Artigo 15. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (de ser o caso).

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán compatibles con outras axudas ou subvencións, de acordo co establecido na normativa aplicable, coas excepcións que se indican a continuación:

a) Cando o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, supere o custo da actividade subvencionada. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá poñelo en coñecemento da entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain).

b) Cando o grupo teña concedida outra axuda da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou da Gain para a mesma actividade. Un mesmo grupo non poderá recibir simultaneamente axudas das modalidades de grupos de referencia competitiva e de grupos con potencial de crecemento.

Artigo 17. Incumprimento, renuncias, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ás entidades beneficiarias, grupos de investigación e aos/ás directores/as de proxecto destinatarios/as das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de que a entidade beneficiaria, o grupo de investigación ou o/a director/a de proxecto renuncie ás axudas unha vez percibidas, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. En particular, poderán someter a todas as entidades beneficiarias, grupos de investigación e directores/as de proxectos destinatarios/as das axudas desta convocatoria a procesos de avaliación de acordo coas condicións que se establecen en cada un dos anexos.

Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control.

Artigo 19. Dotación orzamentaria

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2022, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

As axudas imputaranse as aplicacións ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Gain, coa seguinte desagregación por anos:

Modalidade

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

2025

2026

Total

Mod. a) GRC

Universidades do SUG

10.20.561B.744.0

3.240.000

3.240.000

3.240.000

3.240.000

12.960.000

Mod. a) GRC

Outras entidades

06.A2.561A.781.0

280.000

280.000

280.000

280.000

1.120.000

06.A2.561A.703.0

250.000

250.000

250.000

250.000

1.000.000

Total

530.000

530.000

530.000

530.000

2.120.000

Mod. b) GPC

Universidades do SUG

10.20.561B.744.0

800.000

1.310.000

1.310.000

3.420.000

Mod. b) GPC

Outras entidades

06.A2.561A.781.0

160.000

250.000

250.000

660.000

06.A2.561A.703.0

110.000

170.000

170.000

450.000

Total

270.000

420.000

420.000

1.110.000

Mod. c) Proxectos de excelencia

Liña traxectoria consolidada

Universidades do SUG

10.20.561B.744.0

200.000

200.000

200.000

200.000

800.000

Liña traxectoria emerxente

Universidades do SUG

10.20.561B.744.0

225.000

375.000

375.000

375.000

375.000

1.725.000

Outras entidades

06.A2.561A.781.0

75.000

125.000

125.000

125.000

125.000

575.000

06.A2.561A.703.0

30.000

50.000

50.000

50.000

50.000

230.000

Total

105.000

175.000

175.000

175.000

175.000

805.000

Total universidades do SUG

425.000

575.000

575.000

575.000

375.000

2.525.000

Total universidades do SUG

4.465.000

5.125.000

5.125.000

3.815.000

375.000

18.905.000

Total outras entidades

06.A2.561A.781.0

515.000

655.000

655.000

405.000

125.000

2.355.000

06.A2.561A.703.0

390.000

470.000

470.000

300.000

50.000

1.680.000

Total

905.000

1.125.000

1.125.000

705.000

175.000

4.035.000

Total convocatoria

5.370.000

6.250.000

6.250.000

4.520.000

550.000

22.940.000

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.

Os créditos poderán ser redistribuídos por cada unha das entidades financiadoras entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

Respecto dos créditos da Gain, unha vez valoradas as solicitudes e feita a proposta de resolución de concesión das axudas, adecuaranse os conceptos orzamentarios atendendo á natureza xurídica das posibles entidades beneficiarias, tendo en conta a vinculación de créditos que, conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, rexe para as axencias, sen incrementar a distribución global prevista na convocatoria.

De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C 198, do 27 de xuño de 2014, non se aplicará o disposto no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento, ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación, ou estea estreitamente vinculada o seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consomen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas, e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Esta orde poderá ser recorrida mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou a persoa titular da Presidencia da Gain, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Modalidade A. Grupos de referencia competitiva

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) O grupo de investigación deberá estar integrado, durante toda a vixencia da axuda, polo menos por cinco (5) investigadores/as e, no caso das universidades do SUG, deberá constar inscrito como tal nos rexistros da súa entidade antes do 30 de xuño de 2021.

Cando se produza calquera variación que afecte a composición mínima do grupo, ou a persoa que exerce a función de coordinador/a, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

b) Cumprir, como mínimo, un dos seguintes requisitos:

b.1) Ter polo menos tres (3) proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 € cada un, ou ter polo menos un (1) proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 €, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2021.

b.2) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 € (ou superior a 80.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2021.

b.3) Ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas na convocatoria do ano 2018.

c) Cumprir, polo menos, dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2021:

c.1) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos dez (10) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2) Libros publicados: polo menos tres (3) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

c.3) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos tres (3) teses para os grupos do SUG e polo menos dúas (2) para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou catro (4) rexistros de propiedade intelectual de software ou catro (4) rexistros de variedades vexetais).

c.5) Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos un (1) acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2019, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6) Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos un (1) liderado de proxecto.

3. Contía e duración.

As axudas terán unha duración máxima de catro anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo como un indicador xenérico da súa competencia e capacidade de consolidación, e distribuirase por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1. Módulo estrutural anual: composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 €, tendo en conta os ingresos medios do grupo, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles.

2. Módulo variable anual, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021, segundo os seguintes tramos:

– Ingresos medios superiores a 150.000 € ata 300.000 €: ata 20.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 300.000 ata 400.000 €: ata 30.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 400.000 €: ata 50.000 € anuais.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1. Certificado da composición do grupo emitido pola entidade solicitante, indicando o código e/ou denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria e deberá incluír, a data de inscrición no rexistro da universidade e todas as altas e baixas que se produciron no grupo no período do 1 de xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2021. Nesta certificación e para os grupos do SUG farase constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus de especialización acreditados e, subsidiariamente a campus periféricos e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

2. Certificado de ingresos de I+D competitivos, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, expedido pola entidade solicitante e onde debe figurar tanto o importe total dos proxectos como o desagregado das anualidades que se certifican.

3. Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

5. Control.

Ao remate de 2023 realizarase unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que figuran na solicitude. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados polo grupo na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO II

Modalidade B. Grupos con potencial de crecemento (GPC)

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) O grupo de investigación deberá estar integrado, durante toda a vixencia da axuda, polo menos por tres (3) investigadores/as e, no caso das universidades do SUG, deberá constar inscrito como tal nos rexistros da súa entidade antes do 30 de xuño de 2021.

Cando se produza calquera variación que afecte a composición mínima do grupo, ou a persoa que exerce a función de coordinador/a, deberá ser notificada no prazo máximo dun mes.

b) Cumprir, como mínimo, catro dos seguintes requisitos de actividade no período do 1 de xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2021:

b.1) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D: superiores a 80.000 € (ou superior a 40.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas).

b.2) Proxectos competitivos activos no período: polo menos dous (2) proxectos de importe superior a 15.000 € cada un ou polo menos un (1) proxecto de importe superior a 50.000 €.

b.3) Contratos ou convenios con empresas ou institucións: polo menos dous (2) contratos ou convenios, de importe superior a 15.000 € cada un.

b.4) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos tres (3) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

b.5) Libros publicados: polo menos dous (2) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

b.6) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos dúas (2) teses para os grupos do SUG e polo menos unha (1) para o resto de entidades alleas ao SUG.

b.7) Patentes en explotación nas que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou dous (2) rexistros de propiedade intelectual de software ou dous (2) rexistros de variedades vexetais).

b.8) Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo: polo menos unha (1) empresa. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2019, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

b.9) Participación, como socio/a ou líder, en proxectos de programa marco da UE: polo menos unha (1) participación.

b.10) Ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva da convocatoria do ano 2018 ou grupos con potencial de crecemento na convocatoria do ano 2019 do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

3. Contía e duración.

As axudas terán unha duración máxima de tres (3) anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable que se distribuirán por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1) Módulo estrutural anual: composto dun fixo dunha contía máxima de 20.000 € na primeira anualidade e de 35.000 € na segunda e terceira anualidade.

2) Módulo variable anual, acumulable ao anterior, composto dunha contía de ata 10.000 € en cada anualidade, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles, para aqueles grupos que xa gozaran dunha axuda nesta modalidade desde a convocatoria do 2016 e que non estea activa neste momento e cumpran polo menos dous das seguintes condicións no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de decembro de 2021:

– Dispor polo menos de 5 investigadores/as durante todo o período de referencia. Este número deberá manterse durante a nova vixencia da axuda do 1 de xaneiro de 2022 a 31 de decembro de 2024.

– Ter un ingresos medios anuales superiores a 80.000 €.

– Traxectoria do grupo en transferencia de coñecemento referida a algún dos seguintes indicadores:

a) Ter ingresos xerados por acordos de explotación por terceiros da propiedade industrial ou intelectual de invencións desenvolvidas polo grupo de investigación.

b) Ter ingresos por vendas ou prestación de servizos das EBT creadas a partir dos resultados de investigación do grupo.

c) Participación en proxectos de I+D+i colaborativos con empresas de convocatorias competitivas. Os proxectos de I+D+i colaborativa son aqueles que se desenvolven de maneira conxunta entre organismos de investigación e empresas, mediante a creación de consorcios ou a participación do organismo de investigación como subcontratación.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1) Certificado da composición do grupo emitido pola entidade solicitante, indicando o código e/ou denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria e deberá incluír a data de inscrición no rexistro da universidade e todas as altas e baixas que se produciron no grupo no período do 1 de xaneiro de 2019 ao 31 de decembro de 2021. Nesta certificación e para os grupos do SUG farase constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus de especialización acreditados e subsidiariamente a campus periféricos e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

2) Certificado de ingresos de I+D competitivos obtidos polo grupo de investigación computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, expedido pola entidade solicitante e onde debe figurar tanto o importe total dos proxectos como o desagregado das anualidades que se certifican.

3) Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria atópase no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

5. Control.

Ao remate de 2023 realizarase unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que figuran na solicitude. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados polo grupo na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable, non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO III

Modalidade C. Proxectos de excelencia

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1) Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2) Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

2. Requisitos.

As entidades beneficiarias descritas no artigo 3 da convocatoria poderán, para cada solicitude, presentar como persoas candidatas a aqueles/as investigadores/as que cumpran os seguintes requisitos, segundo as liñas de reforzo ás que opten:

1) Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC, rematen o desfrute desa axuda no ano 2021

A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, non podendo transferirse a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

2) Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2017, 2018, 2019 e 2020 que tomaran posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 antes da publicación desta convocatoria.

Para as solicitudes alleas ao SUG, a liña de reforzo de traxectorias emerxentes estenderase ao persoal investigador adscrito aos programas Miguel Servet ou Juan Rodés que tomaran posesión efectiva da súa praza, nesa categoría, nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 alleas ao SUG, e antes da publicación desta convocatoria.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal, Miguel Servet ou Juan Rodés e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

En ambas as liñas, o persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter sido beneficiario dunha axuda nesta modalidade en anos anteriores e non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal, dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento ou do ERC, ou ben solicitala ao amparo desta convocatoria; se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtivese unha axuda de GRC, GPC ou do ERC, deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.

En ambas as liñas, a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas (2) persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres (3) persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un (1) de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación.

c) Para as solicitudes do SUG, os/as estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

3. Contía e duración.

1) No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €.

2) No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2022 e de 25.000 € para os anos 2023, 2024, 2025 e 2026.

3) Para que se poidan atender gastos nunha anualidade é necesario que a persoa investigadora que lidera o proxecto manteña a vinculación laboral durante un mínimo de catro (4) meses nese ano.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1) Certificado emitido pola entidade solicitante no que se acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 deste anexo, indicando a composición do equipo coas categorías contractuais e profesionais de cada un dos/das seus/súas membros.

2) Memoria descritiva do proxecto de investigación. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinado polo investigador ou investigadora principal do proxecto.

5. Control.

Ao remate da axuda realizarase unha avaliación final do cumprimento do proxecto de investigación financiado. Nesta avaliación terase en conta a coherencia da traxectoria de execución con respecto á memoria presentada, a calidade do traballo realizado e a súa repercusión no ámbito científico. De non superar esta avaliación, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Complementariamente, e tamén no caso de non superar esta avaliación, as persoas que teñen a condición de investigador ou investigadora principal do proxecto non poderán formar parte do equipo mínimo de grupos de investigación en convocatorias análogas de consolidación e estruturación de grupos de investigación durante un período de dous anos desde o remate do proxecto.

ANEXO IV

Criterios de avaliación modalidades A e B

Criterios

Puntuación máxima

A) Estrutura/organización de investigación: tamaño do grupo, mecanismos de xestión e organización e infraestruturas. Ata un total de 10 puntos

Composición, estrutura, interdisciplinariedade e coherencia do grupo e da súa actividade en relación co seu ámbito de coñecemento.

5

RRI: investigación e innovación responsable. Valoraranse as accións do grupo en materia de educación científica, igualdade, gobernanza, ética e participación cidadán. No caso concreto da igualdade de xénero se terá en conta o número de investigadoras do grupo con respecto del total, e o seu desempeño en áreas de relevancia e se unha muller exerce a función de liderado na solicitude.

5

B) Actividade investigadora (no período 2019-2021): tomando en consideración o tamaño e composición do grupo.
Ata un total de 65 puntos

Teses de doutoramento defendidas no período (con especial relevancia naquelas que teñan mencións ou distincións e as lidas con mención internacional).

3

Contratados/as pre e posdoutorais, procedentes de convocatorias competitivas.

5

Promoción de talento (valoraranse os grados de autonomía que se outorga ao persoal investigador en formación, as accións de mentoring da súa actividade. No caso do persoal posdoutoral valoraranse especialmente aquelas posicións que poidan chegar a consolidarse e as accións do grupo que permitan que este persoal mellore a súa competitividade no sistema de ciencia).

2

Proxectos de convocatorias de ámbito estatal.

6

Proxectos de convocatorias de ámbito internacional.

8

Contratos e convenios con empresas ou institucións.

6

Ingresos por contratos, convenios e convocatorias.

6

Publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science.

Libros e capítulos de libros publicados.

Publicacións de actas de congresos internacionais.

Resultados de creatividade artística (para grupos de Arquitectura e Belas Artes).

20

Participación como editor/a (xefe/a ou asociado/a) en comités editoriais de revistas científicas indexadas en SCOPUS/WoS.

2

Outros criterios, segundo o perfil do grupo: máximo 7 puntos.

– Ter integrado persoal investigador beneficiario directo dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC). Axuda activa no período.

– Patentes en explotación (complementariamente rexistros de software e rexistros de variedades vexetais).

– Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo.

– Para as solicitudes das ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas ou de grupos que se consideren de investigación básica, unha puntuación adicional por produción científica de excelencia sempre e cando alcancen os 20 puntos de maneira previa en publicacións.

4

3

3

3

C) Estratexia do grupo de investigación. Ata un total de 20 puntos

Calidade e viabilidade da proposta de desenvolvemento do grupo.

Estratexia de aplicabilidade dos resultados que alega o grupo.

20

D) Puntuación da Comisión de Selección. Ata 5 puntos

No caso das universidades do SUG, participación no equipo de investigadores/as dos campus de especialización acreditados (Campus Industrial de Ferrol e Campus Terra) e subsidiariamente dos campus periféricos de Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Para o resto de entidades alleas ao SUG participación no equipo de investigadores/as dos centros periféricos das entidades solicitantes localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

5

Puntuación total máxima

100

ANEXO V

Criterios de avaliación modalidade C

Criterios

Puntuación máxima

A) Calidade científico-técnica do proxecto. Ata un total de 35 puntos

Relevancia e novidade científica dos obxectivos en relación ao estado de coñecemento da área; viabilidade das hipóteses, adecuación da metodoloxía e técnicas instrumentais.

35

B) Viabilidade do proxecto. Ata un total de 20 puntos

Deseño e plan de traballo da investigación; adecuación dos recursos humanos e materiais ao plan de traballo.

20

C) Capacidades científico-técnicas do equipo de investigación para a realización do proxecto e impacto esperado.
Ata un total de 35 puntos

c.1) Capacidade formativa: entendida como aquelas accións que o equipo de traballo realizará no contexto do proxecto para a formación e mellora do persoal investigador que participe nel.

10

c.2) Capacidade de captación de recursos: entendida como a posibilidade de que o equipo de traballo que se configura poida obter financiamento (competitivo ou non) que complemente a liña de traballo que se inicia.

10

c.3) Produción científica: entendida como a previsión de publicacións e outros ítems relacionados cos resultados que se deriven do proxecto.

10

c.4) Aplicabilidade e transferencia da proposta: na que se definan as posibilidades e modo nos que os resultados do proxecto poidan aplicarse ou transferirse.

5

D) RRI. Investigación e innovación responsable. Ata un total de 10 puntos

d.1) Liderado feminino.

2

d.2) Participación de mulleres no equipo.

2

d.3) Outros elementos de Investigación e innovación responsable: educación científica, ética, e participación cidadá.

6

Puntuación total máxima

100

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file