Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 2 de febreiro de 2022 Páx. 6993

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas á dixitalización Industria 4.0, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (código de procedemento IG300C).

Mediante a Resolución do 18 de maio de 2021 (DOG nº 101, do 1 de xuño), publicáronse as bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 16.5 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva, do 29.12.2021, de concesión das axudas á dixitalización Industria 4.0, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á Oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Estas axudas fináncianse no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 100 %. En particular:

Eixe prioritario 03: 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Prioridade de investimento 13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo específico 20.1.2 - OE REACT-UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital.

Actuación 20.1.2.9-Axudas á dixitalización Industria 4.0.

Liña de actuación 75-Apoio á dixitalización de pequenas e medianas empresas e incentivos para o fomento da internacionalización dixital.

Campo de intervención CE082. Servizos e aplicacións das TIC para as pemes (incluídos os negocios e o comercio electrónicos e os procesos empresariais en rede), laboratorios viventes, ciberemprendedores e empresas emerxentes baseadas en TIC).

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso 10 días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso 10 días naturais desde a súa posta a disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica