Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7337

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio.

Mediante o Decreto 34/2021, do 11 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm 40, do 1 de marzo), creouse a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde.

O pacto subscrito pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm 240, do 18 de decembro), establece que esta selección se efectuará mediante unha única lista por categoría e/ou especialidade, coa opción de selección de distrito/s preferente/s.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 25 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 8 de xullo), iniciouse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

A base cuarta desta resolución dispón que para a primeira xeración de listas desta categoría se poderán formalizar as solicitudes desde o día seguinte ao da súa publicación ata o 3 de setembro de 2021. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de xuño de 2021 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Finalizado o prazo indicado e de conformidade coa base sétima da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio nos termos da base cuarta da Resolución do 25 de xuño de 2021 (DOG núm. 129, do 8 de xullo).

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/pola solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos