Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7315

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión
do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur para a realización de actividades de formación do persoal.

Sen achega económica

8.9.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos para a realización de actividades de formación do persoal.

Sen achega económica

9.9.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a realización de actividades de formación do persoal.

Sen achega económica

17.9.2021

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Galápagos Biopharma Spain, S.L.U. para a organización da actividade de pílulas formativas e informativas sobre artrite reumatoide.

Ingreso

6.930,00 €

15.10.2021

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Boehringer Ingelheim España, S.A. para a organización da actividade de identificación de boas prácticas en atención integrada da EPOC.

Ingreso

7.240,00 €

18.10.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Tecnoloxías Plexus, S.L., Insati Innovación, S.L. e Inforhouse, S.L. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Custom Implans, S.L. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Psicología Virtual, S.L.U. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lincbiotech, S.L. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Qubiotech Health Intelligence, S.L. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o equipo de rehabilitación Axón, S.C.P. para a participación no Living Lab de Ourense da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (Labsaúde).

Sen achega económica

9.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster.

Sen achega económica

5.11.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster.

Sen achega económica

29.11.2021