Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7317

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Nas sesións que tiveron lugar os días 13 e 20 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada mediante a Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Que, examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas mediante a Resolución do 10 de decembro de 2021 (DOG núm. 243, do 21 de decembro), e feita unha nova corrección respecto a nove aspirantes, dous deles ven incrementada a súa puntuación, o que afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio, ao acadaren a puntuación mínima de 15 puntos 220 aspirantes.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2022

Víctor Manuel Tubío Villar
Presidente do tribunal