Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7691

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 17 de xaneiro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

En virtude da Lei 3/1999, do 1 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo), e do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 212, do 8 de novembro), a persoa titular da Consellería competente en materia de enerxía asumirá a Presidencia do Instituto Enerxético de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso- administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO I

Código: INEGA01X.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Denominación do posto: xerente.

Dependencia: Instituto Enerxético de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1.

Retribución fixa: 55.234,56 €/ano.

Tipo de adscrición: adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia.

missing image file