Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 7995

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos deste tribunal.

En sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 198, do 30 de setembro), pola que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por Orde do 22.11.2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da orde de convocatoria.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal