Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 7996

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se declara finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da orde da convocatoria.

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2022

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal