Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 187, do 28 de setembro de 2021, na páxina 47556, é necesario incluír os convenios de colaboración relacionados a seguir que se engaden aos xa publicados:
Convenio |
Data de sinatura |
Importe achegado pola AXI (€) |
Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para a colaboración na realización de traballos relacionados coa implantación dun sistema dixital para o seguimento da xestión na Rede de Estradas da Comunidade Autónoma galega (Raega) |
8.7.2021 |
Sen custo |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (CIM), a Axencia Galega de Infraestruturas e Augas de Galicia para o financiamento conxunto de diversos servizos relacionados coas actuacións de información e comunicación da CIM e as súas entidades adscritas |
19.7.2021 |
75.945,88 |
Texto consolidado e addenda ao convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. polo que se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57) |
10.8.2021 |
Incremento de 217.800 |