Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no terceiro cuadrimestre do ano 2021, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega
ANEXO
Convenio |
Achega do Consello da Cultura Galega |
Data da sinatura |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Consello da Cultura Galega para desenvolver unha exposición de carácter divulgativo, que ten como obxectivo principal achegar aos centros de ensino ou a otros espazos educativos unha reflexión sobre os conceptos básicos do movemento LGTBIQ+. |
Sen achega económica |
5.11.2021 |
Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Penzol para a dixitalización e difusión da correspondencia de Ramón Otero Pedrayo. |
Sen achega económica |
24.11.2021 |