De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, letra b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
RESOLVO:
Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro do Real decreto 1179/2018, do 21 de setembro, polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas que figuran no anexo.
A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.770.0 (proxecto 2011.00990) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, están financiadas con fondos Feaga na súa totalidade e teñen como finalidade a realización de programas operativos das organizacións de produtores de froitas e hortalizas.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Axudas concedidas
Nº expediente |
NIF |
Beneficiaria |
Importe 2022 |
Importe 2023 |
Importe 2024 |
Importe total |
PO22-11-36-0998 2022-2024 |
***0331** |
Horsal, S.C.G. |
128.149,63 € |
128.149,63 € |
113.065,43 € |
369.364,69 € |