O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022
José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2021
Convenio |
Data de sinatura |
Achega económica |
Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a sociedade pública Galicia Calidade, S.A.U. para a promoción da madeira con marca Pino de Galicia e os produtos coa marca Galicia Calidade durante a vindeira campaña de Nadal. |
10.12.2021 |
10.459,85 € |
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Red Española de Asociaciones de Diseño (READ) para a divulgación da madeira como elemento para o deseño. |
23.12.2021 |
14.000,00 € |
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo para a promoción da madeira como elemento para a mitigación acústica. |
29.12.2021 |
223.471,00 € |