Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9863

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal técnico superior (referencia INT-21-TS-ANA).

Praza: un/unha (1) técnico/a superior analista (referencia INT-21-TS-ANA).

Modalidade contractual: contrato de duración determinada a xornada completa, para a substitución dunha persoa traballadora en excedencia, con dereito a reserva do posto, regulado polo disposto no Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, pola Lei 12/2001, do 9 de xullo, e polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia