Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9862

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de funcionario.

Unha vez aprobada a oferta de emprego público do ano 2020, publicada no DOG nº 190, do 18 de setembro, así como as bases da convocatoria para cubrir a seguinte praza: denominación auxiliar administrativo, grupo C2, escala administración, subescala de auxiliar, para o Concello de Riós, mediante sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse de conformidade co establecido nas bases.

Riós, 2 de febreiro de 2022

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde