Mediante este anuncio faise público que mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 14 de xaneiro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:
Establecemento 1:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 184 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 33,01 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Actuais titulares: Manuel Ángel Fresco Bóveda (***4320**) e Ramón Bóveda Mouriño (***5555**).
Novo titular: David Fraga Calvo (***1134**).
Establecemento 2:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 185 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 38,82 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Actual titular: Manuel Ángel Fresco Bóveda (***4320**).
Novo titular: David Fraga Calvo (***1134**).
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 17 de xaneiro de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo