De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos interesados con documento nacional de identidade números 35932326R e 35907336N, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/130/2020-RP1, en relación coas obras consistentes en vivenda, soportal e grella no lugar de Cabada, Beade, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística